IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>departamentos>tecnoloxía>contidos
 
 

Contidos

^

 
 

 Contidos da área de tecnoloxía en 1º da ESO

 Contidos da área de tecnoloxía en 2º da ESO

 Contidos da área de tecnoloxía en 3º da ESO

 Contidos da área de tecnoloxía en 4º da ESO

 Contidos 1º ESO

I.  Materiais de uso técnico  

·    Materiais de uso habitual: clasificación xeral. Materiais naturais e transformados.   

·    A madeira: constitución. Propiedades e características. Madeiras de uso habitual. Identificación de madeiras naturais e transformadas. Derivados da madeira: papel e cartón. Taboleiros artificiais. Aplicacións máis comúns das madeiras naturais e manufacturadas.

·     Técnicas básicas e industriais para o traballo con madeira. Manexo de ferramentas e uso seguro das mesmas.

·    Elaboración de obxectos sinxelos empregando a madeira e os seus transformados como materia fundamental.

II.   Técnicas de expresión e comunicación gráfica    

·    Instrumentos de debuxo: de trazado e auxiliares. Realización de debuxos sinxelos utilizando a regra, a escuadra, o cartabón e o compás. Metroloxía básica: a regra graduada, o transportador e as cintas métricas.

·    Soportes: tipos de papel.

·    Bosquexo e esbozo como ferramentas de traballo e comunicación.

·    Representación de obxectos mediante a descomposición en vistas.Introducción intuitiva á representación en perspectiva

III.    Estructuras e mecanismos 

·    Tipos de estructuras resistentes: masivas, entramadas, colgadas e estructuras de barras. Triangulación. Esforzos básicos. Elementos resistentes. Aplicacións.   

·   Identificación de elementos básicos en estructuras convencionais:cimentación, soportes, vigas e forxados.

IV.  Electricidade e electrónica     

·  Introducción á corrente eléctrica.

·  Descrición de elementos eléctricos simples: pila, interruptor e lámpada. Introducción ó circuíto en serie e en paralelo. Efectos da corrente eléctrica: luz e calor. Análise de obxectos técnicos que apliquen estes efectos. 

·    Aplicación práctica destes conceptos á elaboración de circuítos sinxelos.

V.    Tecnoloxías da información  

·    O ordenador e seus elementos, funcionamento e manexo básico. Descrición básica de CPU e periféricos: monitor, teclado, rato e impresora.

·    O ordenador como ferramenta de expresión e comunicación de ideas: procesadores de texto. Edición de arquivos. Táboas e gráficos nun texto. Introducción a outras aplicacións ofimáticas.

·    O ordenador como ferramenta de busca de información: enciclopedias virtuais e outros soportes.

 

VI.  Internet e comunidades virtuais  

·    Busca de información a través da rede internet.

 VII.  Tecnoloxía e sociedade       

·    A tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamentos do labor tecnolóxico.

·    O proceso inventivo e de deseño: identificación do problema ou da necesidade, exploración e investigación do contorno, busca de información, resolución de problemas, planificación e organización de tarefas, xestión e valoración de traballos.

VIII.   Actitudes, valores e normas    

·    Interese pola axeitada realización de tarefas e a correcta presentación dos traballos técnicos desenvolvidos.

·    Aceptación das directrices de uso seguro e de conservación de ferramentas, así como de consumo de materiais na aula-taller de tecnoloxía. 

·    Interese na adquisición de destrezas de representación gráfica para a descrición técnica de obxectos.

·    Curiosidade por coñece-los diferentes tipos de estructuras empregadas para a solución de problemas constructivos.

·     Sensibilidade diante dos riscos da electricidade e no proceso de recollida selectiva de materiais de refugallo, como por exemplo as pilas, na reutilización e na reciclaxe de materiais.

·    Interese por coñece-las posibilidade do ordenador e da internet como importantes ferramentas da tecnoloxía.

·    Valoración da incidencia da innovación tecnolóxica no ámbito do traballo e da calidade de vida.

 Contidos 2º ESO

I.    Materiais de uso técnico   

·  Materiais férricos. 0 ferro: extracción, fundición e obtención do aceiro. Propiedades características: mecánicas, eléctricas e térmicas. Aplicacións.

·    Metais non férricos: cobre e aluminio. Obtención e propiedades mecánicas, eléctricas e térmicas. Aplicacións. 

·   Técnicas básicas e industriais para o traballo con metais. Manexo de ferramentas e uso seguro das mesmas.

II. Técnicas de expresión e comunicación gráfica       

 

·        Sistemas de representación. Perspectiva. Normalización: formatos.

·        Proporcionalidade entre debuxo e realidade. Escalas. Acoutación.

·        Metroloxía: uso do calibre.

III.    Estructuras e mecanismos       

·    Descrición e funcionamento de mecanismos de transmisión e transformación de movementos: pancas, poleas, engrenaxes, parafuso sen fin, piñón e cremalleira, leva, roda excéntrica, biela e manivela.     

·     Relación de transmisión. Aplicacións.  

·     Descrición do funcionamento de máquinas simples e identificación das mesmas en dispositivos de uso habitual.

 

IV.  Electricidade e electrónica   

·    Circuíto eléctrico: voltaxe e intensidade. Lei de Ohm. Circuíto en serie, paralelo e mixto. Simboloxía.  

·    Efectos da corrente eléctrica: electromagnetismo. Aplicacións.

·    Máquinas eléctricas básicas: dínamo e motor de corrente continua. Xeración de corrente eléctrica. Alternador.   

·  Aplicacións dos elementos eléctricos de forma práctica nalgún proxecto sinxelo.  

V.   Enerxía a e a súa transformación     

·   Fontes de enerxía: clasificación xeral. Fontes de enerxía renovables e non  renovables.

·   Combustibles fósiles: petróleo e carbón. Biocombustibles.   

·    Transformación de enerxía térmica en mecánica: a máquina de vapor, o motor de combustión interna, a turbina e o reactor. Descrición e funcionamento. 

VI.    Tecnoloxías da información       

·    Compoñentes do ordenador: elementos de entrada, saída e proceso. Periféricos habituais.

·     Introducción ó conexionado de periféricos á CPU.     

·    Ferramentas básicas para o debuxo vectorial e o grafismo artístico. Aplicación xenérica dalgún programa de debuxo e deseño.   

·     Iniciación á folla de cálculo. Fórmulas. Elaboración de gráficas.

VII.   Internet e comunidades virtuais

·    O ordenador como medio de comunicación: Internet. Páxinas web. Correo electrónico. Emprego práctico destas ferramentas.

VIII.   Actitudes, valores e normas     

·    Disposición positiva a colaborar en pequeno grupo, nun clima de confianza, na busca de solucións técnicas a un problema práctico.

·     Interese na precisa descrición técnica de mecanismos e circuítos, utilizando correctamente a metroloxía e os sistemas de representación gráfica.   

·    Respecto polas instruccións para a correcta utilización de máquinas e instrumentos na aula-taller

·   A aula-taller de tecnoloxía.      

·   Sensibilidade e aceptación das normas e das medidas para propicia-lo aforro enerxético e minimiza-los impactos ambientais da utilización das combustións e dos motores. Recoñecemento da internet como medio de comunicación e valoración crítica da información dispoñible segundo as fontes.

 Contidos 3º ESO

I.  Materiais de uso técnico

·    Introducción ós plásticos: clasificación. Obtención. Propiedades características. Aplicacións en vivendas.

·    Técnicas básicas e industriais para o traballo con plásticos. Ferramentas e uso seguro das mesmas.

·    Materiais de construcción: pétreos e cerámicas. Propiedades características.

II.  Electricidade e electrónica   

·    Circuíto eléctrico: corrente alterna e corrente continua. Potencia e enerxía eléctrica. Montaxes eléctricos sinxelos: circuítos mixtos.

·   Manexo do polímetro dixital. Realización de medidas sinxelas.  

·    Introducción á electrónica básica: o transistor como interruptor en montaxes básicos. O circuíto integrado.  

·    Aplicación de elementos eléctricos nalgún circuíto sinxelo e realización de medidas elementais.

III.   Enerxía e a súa transformación      

·    Enerxía eléctrica: xeración, transporte, distribución e consumo. Centrais. Aforro enerxético.   

·    Tratamento de emisións e de residuos.   

·    Fontes de enerxía renovables: sistemas técnicos para o aproveitamento da enerxía eólica, solar e da biomasa.

IV.  Instalacións técnicas        

·  Subministracións á vivenda: instalacións eléctrica, de gas, de calefacción, de auga e de saneamento.

  V. Tecnoloxías da información        

·     Arquitectura e funcionamento do ordenador. Compoñentes internos: descrición e funcionalidade.

·    Introducción ó concepto de sistema operativo e de programa. Linguaxes para o desenvolvemento de aplicacións.     

·    Organización da información: xestor de bases de datos. Busca de información, creación e actualización dunha base de datos.

VI.   Tecnoloxías da comunicación      

·    Comunicación alámbrica e inalámbrica. Telefonía, radio e televisión. 0 espacio radioeléctrico.

VII.  Internet e comunidades virtuais  

·    O ordenador como ferramenta de comunicación: comunidades e aulas virtuais. Chats e videoconferencia. Mensaxería instantánea. 

·     Elaboración de páxinas html. Publicación dun web.

 VIII.  Control e robótica      

·    Máquinas automáticas e robots: automatismos. Arquitectura dun robot.  Elementos mecánicos e eléctricos para que un robot se mova. 

IV.   Tecnoloxía e sociedade     

·    Tecnoloxía e medio ambiente: impacto ambiental do desenvolvemento tecnolóxico. Contaminación. Esgotamento dos recursos enerxéticos e das materias primas. Tecnoloxías correctoras. Desenvolvemento sostible.

V.   Actitudes, valores e normas 

·    Actitude de cooperación responsable nas tarefas de equipo para o deseño, a realización e a avaliación dun traballo técnico. 

·    Valoración das normas de seguridade e hixiene na aula-taller de tecnoloxía e consideración dos perigos que comporta o uso dos seus equipos e instalacións.

·     Interese por coñece-los distintos materiais constructivos empregados na realización de infraestructuras e instalacións nas edificacións.

·     Valoración da transcendencia das aplicacións da electrónica na sociedade actual e interese pola busca de novas posibilidades de utilización destes dispositivos.

·     Corresponsabilidade na elaboración e na difusión de informacións vía web e respecto polas persoas e ás súas opinións ó participar en encontros na internet. 

·     Sensibilidade diante do impacto ambiental do desenvolvemento tecnolóxico e cooperación na utilización axeitada dos recursos naturais e na conservación do medio ambiente, especialmente en Galicia.

 Contidos 4º ESO

I.  Técnicas de expresión e comunicación gráfica  

 

·    Introducción ó debuxo asistido por ordenador: debuxo en dúas dimensións.

·    Realización de debuxos elementais con algún sistema sinxelo de debuxo asistido por ordenador.

 

II.   Electricidade e electrónica      

·    Descrición e análise de sistemas electrónicos por bloques: entrada, saída e proceso.

·    Elementos básicos de circuítos electrónicos simples: a resistencia, o condensador, o díodo, o transistor e o circuíto integrado.

·    Dispositivos de entrada: interruptores, resistencias que varían coa luz e coa temperatura. Dispositivos de saída: zoador, relé e led. Dispositivos de proceso: os integrados.

·    Aplicacións en montaxes sinxelos

 

III.   Tecnoloxías da información    

·      O ordenador como dispositivo de control: sinal analóxica e dixital.

·    Adquisición de datos. Programas de control. Tratamento da información numérica a través de follas de cálculo.  

·    Comunicación entre ordenadores: redes informáticas.

 

IV.   Tecnoloxías da comunicación    

·    Comunicación inalámbrica.

·    Comunicación vía satélite, telefonía móbil. Descrición e principios técnicos.

·    Grandes redes de comunicación de datos. Control e protección de datos.

·    Internet e comunidades virtuais    

·    A Internet. Descrición. Principios técnicos do seu funcionamento. Tipos de conexións. Comunidades e aulas virtuais. 

 

 V.  Control e robótica   

·    Percepción do contorno o sensor.      

·    Control do robot: programación. Realimentación do sistema. 

 

VI.    Tecnoloxía e sociedade      

·    Tecnoloxía e seu desenvolvemento histórico. Fitos fundamentais: revolución neolítica, revolución industrial e aceleración tecnolóxica do século XX. Interrelación entre tecnoloxía e cambios sociais e laborais.

·    Evolución dos obxectos técnicos co desenvolvemento dos coñecementos científicos e tecnolóxicos, as estructuras socioeconómicas e a dispoñibilidade de distintas enerxías. 

VII.  Actitudes, valores e normas      

·    Disposición e iniciativa persoal para organizar e xestionar corresponsablemente un proxecto tecnolóxico en equipo.  

·    Valoración das aplicacións informáticas e dos servicios de internet para a formulación e a comunicación dun proxecto tecnolóxico.

·    Toma de conciencia da importancia das redes de comunicación na difusión mundial da información, considerando especialmente aspectos como a celeridade, o alcance global e a protección dos datos. 

·    Valoración das aplicacións do control e da robótica na sociedade actual e das súas repercusións na dispoñibilidade de productos e servicios.

·    Interese por coñece-los fítos fundamentais das revolucións tecnolóxicas ó longo da historia e valoración crítica das interrelacións entre a tecnoloxía e os cambios sociais e laborais.