Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

 >ies>balbordo

 

Balbordo é o nome do equipo de normalización lingüística do IES Auga da Laxe.  Reunímonos polo menos unha vez á semana, os xoves durante o recreo. As nosas actividades están dirixidas á promoción e defensa da lingua.

Editamos un boletín, Balbordo, e concedemos o Premio Lingualaxe creado polo ENL Balbordo no curso académico 2003-2004 co obxectivo de distinguir aquelas empresas e establecementos comerciais do Val Miñor que destacan polo uso do galego nas súas actividades, nun esforzo por recoñecer publicamente a aposta que estes establecementos fan nun ámbito no que anormalización do uso da nosa lingua ten aínda moito camiño por andar. Con esta iniciativa preténdese tamén sensibilizar a cidadanía sobre o labor que fan estes establecementos e a importancia de valorarmos, como clientes e usuarios, ese esforzo galeguizador.

Ata agora as empresas que recibiron o Premio Lingualaxe son:

- Café Rañolas
- Lavado de automóbiles O albor (xa pechada)
- Perruquería Susana Domínguez
- A xanela do mar (peixes e mariscos)
- Fruitas Vilar
- Kerkus Xardinería
- Enxeñería e Topografía Vicente Álvarez
- Pazo da Escola
- ACHEGO

Podes ler os boletíns que levamos publicado:

Balbordo 1
Balbordo 2
Balbordo 3
Balbordo 4
Balbordo 5
Balbordo 6