Inicio


Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

 

Concerto de Mangosta.
[11.20.25-19.05.12]

O venres 25 de maio na Fava Rica (Baiona) Mangosta ofrecerá un concerto. A entrada é de balde. A hora: dez da noite.

Mangosta está formado por:

  • Rebeca Iglesias: Voz

  • Luis Otero: Cello

  • Rebeca Tizón: Cello

  • Noemi Álvarez: Saxo tenor

  • Jota Carvajal: Piano

  • Bru Costas: Guitarra

  • Arthur Peixoto: Baixo

  • Abraham Misa: Batería

 

I Torneo Escolar Benéfico de Tenis.
[11.20.21-19.05.12]

O Club de Tenis Gondomar organiza o I Torneo Escolar Benéfico de Tenis. O torneo celebrarase o vindeiro tres de xuño de 2012. O prazo para as inscricións remata o día 1 de xuño. Se queres participar velaquí quedan os enderezos onde debes facer a túa inscrición:

Juan Freitas: 680 124 039
ctgondomar@hotmail.com

e podes consultar as bases neste enderezo.

Os participantes ao torneo deberán levar, como mínimo, un quilogramo dalgún alimento non perecedoiro (arroz, pasta, legumes...)

As categorías do torneo son:

- Prebenxamín
- Benxamín
- Alevín
- Infantil
- Cadete

 

 

Admisión de alumnado para o curso 2012-2013.
[18.45.41-11.04.12]

No taboleiro de anuncios do centro está exposta a relación de alumnas e alumnos admitidos para o curso 2012-2013.

 

 

Exames de Bioloxía nas PAU de 2011.
[19.08.11-10.04.12]

Velaquí quedan os exames de Bioloxía de xuño e setembro correspondentes ás PAU de 2011. Os exames acompáñanse cos criterios de avaliación e corrección.

Na sección do departamento de Bioloxía e Xeoloxía están colgados todos os exames desde o ano 1998.

 

 

Orientación académica para despois de 3º de ESO.
[09.54.11-26.03.12]

O departamento de Orientación vén de elaborar unha guía orientativa na que explica os vieiros, materias, recomendacións... para despois de 3º de ESO. 

A información exposta inclúe, por suposto, todo o referido a 4º de ESO e tamén bacharelato, ciclos formativos ou Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI).

Información para después de 3º de ESO.

 

Por fin: La buena nueva.
[20.11.11-12.03.12]

Séculos de espera chegan ao seu remate. O 16 de marzo contra as 23:00 És un árbol presenta o seu disco La buena nueva. Estar presentes no singular evento custa 5€.

Non é preciso sinalar a trascendencia do acontecemento. Para que ninguén poida dicir "é que eu non sabía nada" ou "estaba mirando as aves do campo" aquí queda o aviso.

O lugar elixido é O Torreiro da Festa, na rúa Roxelio Abalde en Vigo (preme aquí para que non te perdas). La  buena nueva é o primeiro lanzamento discográfico do ano do colectivo Metamovida

Entre os membros de Es un árbol están Rubén Abad (profesor do Taller de Música) e Sergio Álvarez (profesor de música do instituto).

Para coñecer máis de Es un árbol aquí quedan uns enderezos e un arquivo:
 

 

Preinscrición para bacharelato.
[20.11.11-12.03.12]

O prazo de preinscrición para os centros de bacharelato está aberto ata o día 10 de abril de 2012.

O alumnado que está matriculado no noso centro ten garantizada a súa praza no mesmo, e non precisa facer a preinscrición.

 

 

Calendario da Proba de Acceso á Universidade (PAU).
[10.39.11-29.02.12]

Neste documento (pdf) está detallado o calendario da Proba de Acceso á Universidade (PAU).  Calquera información relacionada coa selectividade podes consultala na páxina da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

 

Segue a actividade do Taller de música.
[20.06.21-26.10.12]

O Taller de Música continúa coa súa actividade.

 O Taller é  unha actividade do departamento da materia, aberta aos interesados. Se imparten clases de guitarra, baixo, batería, teclados, canto e formación de grupos. 

Hai un ensaio semanal de unha hora de duración. Os profesores son Don Rubén Abad (guitarrista de Es un árbol) e Don Sergio Álvarez (profesor de música do instituto e batería de Es un Árbol). O custe é de 20€ mensuais.

As interesadas e o interesados deberán poñerse en contacto con Sergio Álvarez.


Novidades do departamento de Lingua castelá.
[20:30:41-13.02.12]

Nos seguintes arquivos están indicadas as lecturas para o segundo trimestre e o calendario e instrucións para a recuperación da materia para o alumnado que a ten pendente de aprobar doutros cursos.

 
Probas de acceso aos ciclos medio e superior.
[15:50:11-02.02.12]

Velaquí queda a  información relativa á convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. O departamento de Orientación convocará unha charla informativa nun recreo para o alumnado interesado.  Esta mesma información está colgada nos taboleiros das escaleiras.

Información sobre as probas de ciclos de grao medio.

Información sobre as probas de ciclos de grao superior.

 

La gastronomie française.
[15:50:11-22.01.12]

Nous sommes les élèves de français de 2ºBach. Nous avons consacré un cours de français à la gastronomie française. Nous vous invitons à partager ce moment avec nous grâce au film ci-dessous.

 Nous éspérons que vous vous en lècherez les doigts.

 Dans ce film,vous pourrez voir des invités surprise!

Nous remercions tous les professeurs (qui nous ont gentiment laissé une heure) et le grand chef de la cantine: Monsieur Javi.

 

 

E máis Vento Lois: O marabilloso vídeo de Rebeca.
[23:50:11-16.01.12]

Velaquí a vídeo-creación Poesía última de amor e enfermidade realizada por Rebeca Tizón Rey de 2º Bacharelato a partir de poemas de Lois Pereiro e que foi estreada  durante o acto de clausura do Ano Lois que, organizado polo EDNL Balbordo, se celebrou o pasado 16 de decembro no Ghar Rock Café Auga da Laxe (Salón de actos).

Sentádevos relaxados e deixade navegar os vosos sentidos polo Mundo Lois de Rebeca. De seguro, quedaredes engaiolados polo suxerente das imaxes, a música e os textos.

 

 

 Novo contador engadido o sábado 13 de decembro de 2008 para está páxina índex:  Contadores Gratis