IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2005>febreiro

 

Calendario da segunda avaliación

Xa está publicado o calendario e horario das xuntanzas para a segunda avaliación. Podes baixalas en formato pdf desde a seguinte ligazón:

Calendario e horario da segunda avaliación (2004-2005)

 

 

Próximas convocatorias

Nas dúas seguintes semanas hai tres convocatorias a ter en conta. 

Para o martes 22 de febreiro, ás 17:00, tócalle á Comisión de Coordinación Pedagóxica, para tratar entre outras cousas a modificación do PCC e revisar o seguimento de materias pendentes despois deste control de febreiro.

O día un de marzo, vai primeiro un claustro, ás 17:00, para aprobar o POAP, falarmos da organización das actividades do 18 de marzo Que fale o corpo e outras.

Logo está convocado o Consello Escolar coa información da Comisión de Convivencia, tratar da representación no Consello Escolar  Municipal, o proxecto económico para 2005...

 

 

Entroido 2005Entroido 2005

 Xa están preparadas a maior parte das fotografías tiradas o pasado venres de Entroido. Son unhas sesenta imaxes publicadas nunha presentación de Power Point. Se non tes instalado o programa de Microsoft podes baixar de balde un visor para este tipo de arquivos desde este enderezo.

 

 

 

Lendo poesía, Milton Avery. Orixinais en http://www.epdlp.com/pintor.php?id=2796Páxinas do departamento de
 Lingua e Literatura española

O departamento de Lingua e Literatura española vén de abrir o sitio de seu. 

As páxinas do departamento presentan unha completa información das súas actividades, contidos mínimos, criterios de avaliación, normas para os alumnos coa materia pendente e as lecturas recomendadas para todos os niveis.