IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2004>decembro

 

E chegan as vacacións

Vacacións de decembro e xaneiro. Por fin.O mércores vintedous de decembro é o derradeiro día con actividade lectiva de 2004. As clases non comezarán ata o vindeiro dez de xaneiro de 2005 polo que teremos uns cantos días para descansar ou non ;-)

Por se acaso, lembramos que o martes vinteún de decembro é o último día para poder retirar libros da biblioteca e aproveitarmos, durantes as vacacións, das novidades recibidas. 
Ademais, cómpre lembrarmos das dúas representacións  de Vichelocrego Teatro, o mesmo martes ás 21:00.

Ate o ano que vén!

Biblioteca

 

 

Vichelocrego Teatro no instituto

PreparándoseLogo de pechar o Certame de Teatro de Outono de Gondomar Roberto Vidal Bolaño, Vichelocrego Teatro vai actuar no instituto.

O martes vinteún de decembro ás 21:00 horas, Vichelocrego Teatro representará o Auto de los Reyes Magos, unha peza anónima do século XII, considerada a primeira obra dramática en idioma español. A continuación seguirá La representación del nacimiento de nuestro señor escrita no século XV por Gómez Manrique (1413-1491).

Consulta o orixinal do Auto de los Reyes Magos desde a Bibliotheca Augustana (manuscrito e transcrición)

Baixar La representación del nacimiento de nuestro señor desde a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Vichelocrego Teatro

 

 

Representación de Vichelocrego Teatro

Deus (unha comedia) 
A cita é o sábado 18 de decembro ás 22:30. Vichelocrego Teatro actuará no Auditorio de Gondomar pechando o Certame de Teatro de Outono de Gondomar Roberto Vidal Bolaño.


Vichelocrego Teatro representará  Deus (unha comedia) de Woody Allen, unha obra coa que vén de participar no III Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán no Salón Teatro de Santiago de Compostela.


Vichelocrego Teatro

 


Convocatoria de claustro para o xoves 16

O xoves 16 de decembro, ás 17:00 horas, está convocado o claustro de profesores na que se tratarán, entre outros asuntos, as datas da segunda e terceira avaliación e a programación do día 22 de decembro.

 

 

En busca del doctor Livingstone. Henry Stanley Novidades na biblioteca

A biblioteca do centro vén de recibir dezaoito novas obras de literatura xuvenil, española, hispanoamericana, estranxeira e historia.

Destacamos Ventanas de Manhattan de Antonio Muñoz Molina, La noche del oráculo de Paul Auster e En busca del doctor Livingstone de Henry Stanley.

Podes consultar a relación completa de novidades desde a páxina da biblioteca.

 

Biblioteca

 

 

Visita á Exposición Universal  de Dinosauros do Gobi

Visita á Exposición Universal  de Dinosauros do GobiO martes 14 de decembro os alumnos de 4º de ESO visitarán a exposición que sobre o dinosauros do Gobi trae Caixanova ao IFEVI en Vigo.

Trátase da maior exposición itinerante sobre dinosauros do mundo e mostra fósiles do Cretáceo recollidos no Deserto do Gobi en Mongolia. As pezas proceden do Centro de Paleontoloxía da Academia Mongola da Ciencia e da Fundación Italiana Metropolitan.

Destacan o esqueleto máis pequeno de Hadrosaurus que existe no mundo e o único embrión de Oviraptor que se conserva, ademais de réplicas de Brachiosaurus e Tyrannosaurus rex.

Estaba prohibido tirarlle fotos ás pezas da exposición polo que non temos ningunha imaxe da nosa visita. Sen embargo o xornal La Voz de Galicia ten un álbum coas fotografías dos fósiles máis interesantes.

Máis información

 

 

Día da Declaración Universal dos Dereitos das Persoas

Día da Declaración Universal dos Dereitos das PersoasA liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de todos os membros da familia humana

Así comeza o preámbulo da Declaración Universal dos Dereitos das Persoas que foi adoptada e proclamada pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948.

Nós, no noso instituto, estamos a conmemorar tal día cunha serie de charlas, unha exposición e a lectura pública dos trinta artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Os actos comezaron o xoves nove e parte deles vanse estender á semana do trece ao dezasete de decembro.

Neste enderezo de Nacións Unidas está publicada a Carta cos trinta artigos da Declaración (e en galego)

Declaración Universal dos Dereitos das Persoas

Galería de imaxes

 


Vichelocrego Teatro no Agustín Magán

O mércores oito de decembro Vichelocrego Teatro participou no III Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán representando Deus (unha comedia).

O certame tivo lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela entre os días tres e oito de decembro de 2004. 

Vichelocrego Teatro


Constitución e acordos do Consello Escolar

O pasado 1 de decembro quedou constituído o novo Consello Escolar do noso instituto. A continuación do acto de constitución celebrouse unha xuntanza ordinaria. Podes consultar os asuntos tratados premendo na seguinte ligazón:

  Consello Escolar