Vichelocrego Teatro
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576

Temporada 2006-2007

A ópera do emprendedor

A ópera do emprendedor

 

Se me pedisen que definise a sociedade na que vivimos cunha frase, eu diría algo así: a nosa sociedade é aquela na que a palabra emprendedor ten connotación positiva.

A min os emprendedores arrepíanme. Cando se me achega algún, eu auyéntome. A miña experiencia é que un emprendedor sempre a emprende contra algo: contra o litoral, a ladrillazos; contra a biodiversidade dunha lagoa, desecándoa (saneándoa diría un deles); contra a riqueza dunha fraga, roturándoa e preparándoa para un monocultivo (preferentemente transxénico ou ladrixénico);contra unha poboación, bombardeándoa; contra a legalidade, dobregando vontades a golpe de talón.

Todo, para satisfacer a súa pulsión de acción. Para ocultar a súa aversión á reflexión. E sempre, para acadar algunha forma de dominio. Así que o título é un sarcasmo.

A obra que lles presentamos trata de emprendedores no senso que eu os entendo; ou sexa que trata do funcionamento mesmo da nosa sociedade. Naturalmente que os emprendedores baten con moitas contradicións e pasan os seus apuros; iso proporciona un gran xogo dramático, fai a obra apaixonante. Pero non se enganen: gañan os que gañan sempre. Iso o teatro non o resolve; só o mostra. Pero aínda así, polo menos para os cómicos, cada representación é unha sorte de unción que alivia as feridas que nos infrinxen ... os emprendedores. Que diso lles sirva tamén a vostedes.

Empregamos como base da historia o texto de Roberto Vidal Bolaño A Ópera de a patacón que ten os seus predecesores na Ópera dos catro cartos e a Novela dos catro cartos de Bertold Brech e antes na Ópera do mendigo de John Gay, estreada en Londres en 1728. E como axuda inestimable para facilitar a narración, pezas das que compuxo Kurt Weill para a obra de Brech interpretadas en directo.

Xosé Paraños Pardo

   

Altos funcionarios corruptos da Coroa Británica preparan o roubo de parte das mercadorías que o goberno da Súa Maxestade vai enviar para avituallar tropas que combaten nunha guerra colonial. Precisan incluír no negocio un home de palla que se encargue de almacenar e dar saída ao roubado. Este é Mackie, O Navallas, individuo de mala catadura con certo ascendente nos baixos fondos do porto. A súa vida licenciosa e de conquistador de pouca monta está a piques de levar ao traste o lucrativo negocio. Pero a sucia lóxica do diñeiro acaba por se impoñer e os cartos acaban por transformar ao perdulario e indecente Mackie no señor Becquet, home de negocios, influente, próspero e honorable.

Narradora

 Begoña Míguez

Jhon Jeremias Peachum

 Nieves Costas

Celia Peachum

 Marga Cachaza

                Polly

 Aida Costas

Tigre Brown

 Antonio Álvarez

Señorita Blake

 Vanesa Estévez

         Pendanga

                Vella

Señor Cox

 Raimundo Viejo

Mackie O Navallas

 Juan Montenegro

Redactora do Espello

 Luz López

     Mary Tayler

Outra vella

                 Sally

 Lara Martínez

             George Franhovery Junior

 Xosé Souto

Doutor Neil

          Paralítico

 Manolo Dapena

Jenny a dos lupanares

 Noa Carrera

                                               

Músicos

Sergio Álvarez

 Batería, Voz

         Fernando Abreu

 Clarinetes

          Mauricio Vicente

 Piano
David Santos  Baixo

 

Ficha Artística

          Vestiario

 Beatriz Núñez

    Construción de decorados e utilería

        Fotografía

 Antonio Álvarez

       Iluminación

 Antonio Álvarez
 Xosé Paraños

Escenografía e Dirección

 Xosé Paraños