O Instituto
Auga da Laxe vén ofertando Programas de Garantía Social (PGS), Programas de Iniciación Profesional e agora
Programas de Cualificación Profesional Inicial
(PCPI) desde o curso 2001-2002. Para o seu mantemento, cóntase coa aportación económica do Fondo Social Europeo.
Os PCPI terán como finalidade favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos.
Dirixiranse ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivese o título de graduado en educación secundaria obrigatoria e, excepcionalmente ao alumnado maior de quince anos.
Terán tres tipos de módulos:
Específicos, que desenvolverán as competencias do perfil profesional.
Formativos de carácter xeral, que posibilitarán o desenvolvemento das competencias básicas e favorecerán a transición desde o sistema educativo ao mundo laboral.
Voluntarios, que conducirán á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un certificado de profesionalidade de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O que supere, ademais, os módulos voluntarios obterá tamén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.