IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>diversificación_curricular>2007-2011

2009-2010

Visita á exposición ornitolóxica
 

Esta semana os alumnos e alumnas do Programa de Diversificación Curricular fomos visitar a exposición ornitolóxica instalada no Pavillón de deportes de Gondomar.

A exposición é consecuencia do XXVI Campionato de Galicia. Na exposición atendeunos Don Delfino Otero, criador de paxaros, membro da organización e o dono duns gorrións de Xava (xénero Padda) que mereceron o primeiro premio do campionato.

As imaxes coas que fixemos un pequeno vídeo son de Belén Sobrado Menoni que podes baixar premendo aquí ou na imaxe do paxariño (11MB).

 

 

2008-2009

 

Misionaprendizaje.com
 

Van rematando as actividades desenvolvidas polas alumnas de 4º de Diversificación curricular arredor do labor humanitario do Exército de terra.

Hoxe, mércores 11, visitaron os estudos de Onda Cero onde falaron do seu traballo, refletido no blog Misionaprendizaje.com. Tamén tiveron tempo para lembrar o Patacablog.com, onde están recollidos os traballos de 2008 sobre a pataca e que mereceu un premio da Consellaría de Educación.

Cando teñamos un arquivo dixitalizado do programa de Onda Cero colgarémolo nesta páxina

 

 

Cal é o teu grupo sanguíneo?

As alumnas de 4º de diversificación curricular formaron un equipo de determinación do teu grupo sanguíneo no sistema AB0.

Se queres coñecer cal é o teu grupo sanguíneo contacta con elas. Son requisitos imprescindíbeis ter sangue no corpo e un dedo disposto a recibir unha picada.

 

2007-2008

 

Patacablog.com

Co gallo do Ano Internacional da Pataca as alumnas e alumnos de 3º de Diversificación curricular están deixando nun blog todos os seus traballos sobre o asunto. A actividade está dirixida por Chus Buitrago (Ámbito sociolingüístico) e Marta Moro (Departamento de orientación).

No blog podemos atopar as crónicas de Eulalio Pataca e as actividades nas que se van traballando, como unha sementeira de patacas, a visita á Escola Galega de Consumo, as charlas de INTI, de Anthony e Alex e moitas máis.

 

Exposición de CEMMA

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) abriu unha exposición sobre cetáceos.

Paula Pérez e José Martínez Cedeira instalaron tres mesas con restos de cetáceos obtidos dos varamentos destes animais nas costas galegas. Ademais, están expostos uns paneis explicativos sobre a bioloxía dos cetáceos, os problemas ambientais aos que se teñen que enfrontar e a actividade de CEMMA.

Nun ordenador está dispoñíbel unha presentación cos sons que emiten diferentes especies de cetáceos.

 

Análise da auga do Zamáns

Nesta páxina imos colgar toda a información recollida da auga do Zamáns. Velaí están os primeiros resultados da súa temperatura, pH, osíxeno disolto e cantidades de nitiritos, nitratos e fosfatos.

 

Os vixilantes do ZamánsOs vixilantes do Zamáns. 07.11.07

Á dereita os vixilantes do Zamáns despois de hora e media de camiñada pola beira do río, un labor de recoñecemento para comezar cun traballo de “vixilancia científica” do río Zamáns.

A zona onde está a Ponte de Rosa nunha imaxe de Google Maps.As alumnas e alumnos de 3º DC empezaron un seguimento da auga do Zamáns, xusto ao seu paso por diante do instituto, na “nova” Ponte de Rosa.

Na beira do río rexistrarán a temperatura e a concentración de osíxeno na auga. Ademais tomarán mostras para levalas aos laboratorios de Bioloxía e Xeoloxía e determinar a presenza de nitratos, nitritos, fosfatos e determinar o seu pH.

O obxectivo final é a redacción dun informe sobre a auga do Zamáns nese punto.

 

 

Visita a Porto

O pasado 16 de outubro os alumnos e alumnas de 3º e 4º fixeron unha visita a Porto. Estiveron acompañados polas profesoras do ámbito sociolingüístico, Berta Blanco e Chus Buitrago.

Deron unha volta pola cidade, visitaron as beiras do Douro, os principais monumentos e lugares de interese (adegas incluídas ;-)