|
|
|
ESO |
Teano
Grecia, século VI a.C.
Segundo a maioría das fontes que nos
chegaron, foi a esposa de Pitágoras e membro da
escola pitagórica. Escribiu tratados sobre os
inconmesurábeis e estudos de moralidade. No
estudo das proporcións traballou co número áureo:

Á morte de Pitágoras sucedeulle na dirección
da escola pitagórica.
Pregunta:
O número áureo tamén se chama
divina proporción pola beleza das
figuras que manteñen esa
regularidade.
No ser humano, a relación entre a
distancia da cabeza ao embigo e do
embigo aos pés aproxímase á divina
proporción.
Se unha persoa que cumpre as
proporcións áureas mide 90 cm da
cabeza ao embigo,
¿cal será a súa
estatura total?
|
| |
Elena Piscopia
Venecia, 1646 – 1684
É a primeira muller que consegue un
doutorado. Nun principio quixo facelo sobre
teoloxía, pero a universidade de Padua negouse a
admitir que unha muller o conseguise así que se
doutorou en filosofía. A expectación foi tal que
en vez de ler a súa tese na universidade tivo
que facelo na catedral para que coubesen todos
os asistentes. Ensinou matemáticas na
Universidade de Padua.
Pregunta:
Dixo Karl Weierstrass:
Un matemático
que non é tamén algo poeta nunca
será un matemático completo.
Seguramente por iso hai tantos
problemas que propuxeron mediante
poemas.
¿Saberías resolver este?
A unha cerdeira subín
onde cereixas había
cereixas non recollín,
cereixas non deixei:
¿cantas cereixas había?
|
| |
|
| |
|
Bacharelato |
Ada Byron

Inglaterra, 1815 - 1852
Filla de Lord Byron, non volveu velo despois
de que a súa nai solicitara o divorcio cando ela
tiña tres anos. Foi educada na ciencia porque a
súa nai non soportaba a idea de que a súa filla
se convertera en poeta, pero baixo as ensinanzas
de Mary Somerville descubriu a parte humana das
matemáticas. Foi a precursora do software coa
súa participación nos Papeis Menabrea.
Hoxe en día hai unha linguaxe de programación
que leva o seu nome: ADA
Pregunta:
Ada utilizou a sucesión de Fibonacci para aplicar as
súas conclusións pola forma de
construírse que ten a partir dos
termos anteriores: 1, 1, 2, 3, 5, 8,
13, 21, 34...
Cada termo, a
partir do terceiro, obtense sumando
os dous anteriores. Esta sucesión
ten moitísimas propiedades; unha
delas é que ao dividir un termo
entre o anterior, cando o facemos
con termos moi grandes, o resultado
achégase moito a un deses números
que non poden expresarse como unha
fracción.
¿Cal é?
|
| |
Sofía Kovalevskaya

Rusia, 1850 – Suecia,
1891
Tivo que casar para poder saír de Rusia a
estudar e, aínda que ao principio Weierstrass
non quería dar clase a unha muller, ao ver a súa
capacidade converteuse no seu mellor defensor.
Investigou sobre moitos aspectos das
matemáticas, sendo os máis coñecidos os
traballos sobre ecuacións diferenciais e sobre
os aneis de Saturno.
Loitou por dar clases remuneradas,
conseguíndoo en Suecia, pero morreu a
consecuencia dunha gripe, sen apenas saborear o
seu triunfo.
|
Pregunta:
Recorda que a derivada ten que
ver co cambio dunha función. Dada
esta gráfica:

¿Poderías dicir cal das dúas
seguintes corresponde á derivada?

|
| |
|
|