O IES Auga da Laxe pon ao teu
dispor unha biblioteca con espazos, servizos e
actividades que teñen como obxectivo fundamental ser
unha ferramenta de apoio ao traballo que se realiza nas
aulas, tanto para o alumnado como para o profesorado do
Centro.
Nesta guía presentámosche unha
información básica sobre os servizos e actividades que
ofrece a biblioteca, ao tempo que te convidamos a que te
achegues a ela, fagas uso dos seus servizos e participes
nas diferentes actividades que propoña o profesorado ao
longo do curso.
Agardámoste!
A biblioteca permanecerá aberta con
libre acceso para consulta en sala, lectura, préstamo,
etc. durante todos os recreos.
Ademais, estará aberta as cinco horas
lectivas que hai de gardas de biblioteca, de acordo co horario que figura
na porta.
Durante os recreos o acceso á
biblioteca será libre e poderanse usar os servizos de
consulta, lectura e préstamo e devolución de libros.
Durante as horas de garda de
biblioteca, o alumnado poderá acceder a ela co permiso
do profesor ou profesora co que teña clase ou do
responsable do grupo a esa hora e para un fin concreto:
consulta, préstamo, devolución, etc.
Os fondos da biblioteca están
catalogados segundo a Clasificación Decimal universal
(CDU) e atópanse organizados nas seguintes seccións:
-
Literatura xuvenil en
galego.
-
Literatura xuvenil en
castelán.
-
Literatura xuvenil en
portugués.
-
Lingua e literatura
galega.
-
Lingua e literatura
castelá.
-
Lingua e literatura
francesa.
-
Lingua e literatura
inglesa.
-
Lingua e literatura
latina.
-
Lingua e literatura
grega.
-
Literatura
hispanoamericana.
-
Literatura estranxeira
en galego.
-
Literatura estranxeira
en castelán.
-
Filosofía. Ética.
-
Arte.
-
Historia.
-
Xeografía.
-
Ciencias ( Bioloxía,
Xeoloxía, Zooloxía, etc.).
-
Física.
-
Química.
-
Matemáticas.
-
Informática.
-
Economía.
-
Música.
-
Relixión.
-
Educación Física.
-
Dicionarios.
-
Enciclopedias.
-
Revistas.
-
Varios.
A maioría dos fondos da biblioteca
están ao dispor dos diferentes membros da comunidade
educativa en servizo de préstamo até un máximo de tres
exemplares ao mesmo tempo. O prazo de préstamo será de
15 días e só poderá prorrogarse, excepcionalmente, se o
libro non ten moita demanda. Os alumnos facilitarán,
para a súa inclusión no ordenador, o número do DNI ou o
número do expediente (con ceros diante até completar
oito díxitos).