Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>xaneiro_decembro_2011
De xaneiro a decembro de 2011

Vento Lois.
[17:19:11-15.12.11]

Cando nos achegamos ao remate do Ano Lois dedicado ao poeta Lois Pereiro, Balbordo quere convidarvos a un acto de peche no que alumnado do centro recitará poemas de Lois, asistiremos á estrea da vídeo- creación realizada pola alumna Rebeca Tizón Rey, de 2º de Bacharelato a partir de poemas do libro Poesía de amor e enfermidade e gozaremos co Acústico Lois do marabilloso e inclasificable cantautor punk Leo i Arremecághona.

Todo e nunca máis ocorrerá o venres 16 de decembro contra as 20:30h no Salón de Actos do instituto (coñecido no mundo mundial como Ghar Rock Café Augha da Laxe).

A entrada é de balde. Convidade os vosos amigos. Vémonos no Ghar Rock!


Parabéns, Agustín
.
[12:39:23-10.12.11]

Agustín Fernández Paz, que honra a nosa biblioteca co seu nome, recibiu o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Neste enderezo está colgada  a gravación do discurso pronunciado o 29 de novembro por Agustín Fernández Paz en Guadalajara, México, na recepción do premio (tamén podes acceder premendo na imaxe).

E aquí, grazas ao envío de Edicións Xerais, o texto do mesmo en pdf.


Concurso fotográfico A Lúa de outono
.
[12:38:00-10.12.11]

Velaquí as bases para o concurso fotográfico A Lúa de outono, organizado polo departamento de Matemáticas e mais a dirección do centro. Le as base e vai lixeiro que o tempo é curto. O premio son uns prismáticos binoculares Nikon 10x40 CF.

Bases do Concurso fotográfico A Lúa de outono.

 

Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos das Persoas.
[12:04:59-08.12.11]

O 10 de decembro, celebramos o  aniversario da Declaración Universal dos Dereitos das Persoas. Coma nalgúns anos anteriores, as alumnas e alumnos de diferentes grupos traballaron para lembrar esta significativa data.

Os seus traballos poden verse no patio central do instituto.
 

 O Día da Declaración Universal dos Dereitos das Persoas en:



  

 

Avaliacións de 2º de bacharelato.
[10.40.45-21.11.11]

A primeira avaliación para o alumnado de 2º de bacharelato será o vindeiro martes 29 de novembro co seguinte horario:

  • 2º A de bacharelato: 17:00- 17:45
  • 2º B de bacharelato: 17-45- 18:30
  • 2º C de bacharelato: 18:30- 19:15.

 

Seminario de creación de empresas.
[10.30.19-21.11.11]

O día 23 de novembro, mércores, celebrarase o seminario de creación de empresas ás 12:30, no salón de actos do instituto. O alumnado participante é o matriculado na materia Obradoiro de Inciativas Emprendendoras e mais o alumnado de 2º de bacharelato.

O seminario está organizado polo departamento de economía, dirixido por dous relatores convidados e conta coa colaboración da Cámara de comercio.

 

Charla de Robin Walker: English in the antipodes.
[23.04.45-17.11.11]

O vindeiro mércores 23 de novembro, de 10.20h a 11.10 Robin Walker ofrecerá  unha charla sobre Australia e Nova Zelanda, English in the antipodes,  para o alumnado de 1º de bacharelato.

A actividade está organizada polo departamento de Inglés.


English in the antipodes

Why was Cook annoyed when he discovered New Zealand? Why were the Maoris browned off when they saw him arrive? Why were Cook's sailors pissed off when he discovered Australia? Who plays the didgeridoo and who speaks strine?


Come 'down under, mate' and see what life is like living upside down.
 

 

Enquisa. O comercio en Gondomar.
[23.02.32-17.11.11]

O alumnado do Obradoiro de iniciativas emprendedoras (Departamento de Economía) e máis os de Métodos estatísticos e numéricos (Departamento de Matemáticas), realizarán unha enquisa sobre o comercio en Gondomar.

A Caixa de Catalunya colabora con esta iniciativa aportando varios agasallos para o centro, algúns dos cales serán sorteados entre os alumnos e alumnas que colaboren. Os resultados da enquisa poñeranse a disposición da Asociación de Comerciantes de Gondomar (Achego).

 


Aviso para o alumnado coas materias de Tecnoloxía pendente
.
[12.04.15-13.11.11]

O departamento de Tecnoloxía avisa de que todo ao alumnado, tanto de 2º de ESO como de 3º de ESO, coa materia de Tecnoloxía pendente deberá acudir á xuntanza do martes 15 de novembro, na hora do recreo (12:00) na Aula de Tecnoloxía.


Actividades extraescolares e complementarias
.
[12.01.45-13.11.11]

Non sendo polas actividades que puideran xurdir ao longo do curso, coa inclusión das propostas de actividades extraescolares e complementarias do Equipo de Normalizalización e Dinamización Lingüística Balbordo  xa está rematada a relación para este curso.

As actividades propostas polos departamentos están ordenadas por trimestres. Para cada unha sinálase o departamento ou departamentos organizadores, o alumnado ao que está deseñada e mais a data, dependendo do caso  fixa ou probable,  para a súa realización.

 

Charla-coloquio de Jorge Álvarez Yágüez.
[21.42.9-07.11.11]

O vindeiro xoves 10 de novembro, contra as 17:00, o profesor Jorge Álvarez  Yágüez ofrecerá unha charla-coloquio co título A irrupción da democracia. O acto celebrarase no salón de actos do noso centro e está organizado polo departamento de Filosofía.
 

Jorge Álvarez Yágüez é doutor en Filosofía e catedrático da materia. Ten publicado varios libros sobre autores (como Foucault), ou sobre temas de filosofía política (a xustiza, a cidadanía ....) ademais de numerosos artigos sobre autores (Foucault, Habermas, Hanna Arendt, Aristóteles...) e temas de filosofía política (o republicanismo, a sociedade de risco, a democracia, a educación ...), tanto en revistas de ámbito galego (como Tempos Novos, A Trabe de Ouro ou Grial) como de ámbito español (Claves de Razón Práctica, Zona Abierta, Revista Internacional de Filosofía Política, Isegoría).

Á charla do profesor Álvarez Yágüez está convidada toda a comunidade educativa do IES Auga da Laxe así como todas as persoas interesadas.

Na Arañeira podemos ler algúns dos seus traballos. Velaquí algunhas ligazóns de interese:

 
Imprescindible.
[20.10.32-01.11.11]

Dín na súa páxina que “son un movemento multimedia creado para inspirar, conectar e promover a paz no mundo a través da música”. Trátase de Playing for Change que, “…cun estudo de gravación móbil, usando o material utilizado nos mellores estudos…” viaxa polo mundo gravando a diferentes músicos interpretando o mesmo tema. Logo vén a mestura, e o resultado é fermoso e sorprendente.

No seu sitio están colgados uns cincuenta vídeos, cincuenta versións de temas coñecidos e interpretados por músicos de todo o planeta. Á dereita a versión de Playing for Change  de War /No More Trouble de Bob Marley and The Wailers recollida no seu álbum en directo Babylon By Bus.

 

 

 

Adverso meteorolóxico.
[20.09.51-01.11.11]

Meteogalicia advirte para o día dous de novembro dun adverso meteorolóxico. Segundo os meteorólogos durante o día dous de novembro, o país estará "...baixo os efectos dunha profunda borrasca, que deixará fortes ventos do sur e chuvias de intensidade puntualmente forte".

satelite
 

Sete mil millóns.
[20.06.59-01.11.11]

Segundo a ONU, nalgún momento do últimos días alcanzamos (e superamos) a cantidade de sete mil millóns de persoas vivindo na Terra. Recén estreado o século eramos máis de seis mil millóns as persoas que andabamos dándolle a lata ao veciño.

A mesma ONU fai previsións para o futuro: seremos oito mil millóns cara o ano 2025 e  haberá dez mil millóns antes da fin do século XXI.
 

Queda á dereita un vídeo sobre a evolución da poboación humana.
 

 

 


Taller de música
.
[20.06.21-26.10.11]

Hoxe, contra as 19:00, comezou a actividade do Taller de Música coa reunión inicial e a organización horaria. O Taller é  unha actividade do departamento da materia, aberta ao alumnado, ex alumnas e alumnos e humanos en xeral (Homo sapiens sapiens).

No Taller vanse impartir clases de guitarra, baixo, batería, teclados, canto e formación de grupos.  Haberá un ensaio semanal de unha hora de duración. Os profesores serán Don Rubén Abad (guitarrista de Es un árbol) e Don Sergio Álvarez (profesor de música do instituto e batería de Es un Árbol).

As interesadas e o interesados deberán poñerse en contacto con Sergio Álvarez.


Actividades extraescolares e complementarias.
[20.19.21-24.10.11]

Xa está actualizada a relación de actividades extraescolares e complementarias para este curso. Coma outros anos, as actividades propostas polos departamentos están ordenadas por trimestres. Para cada unha sinálase o departamento ou departamentos organizadores, o alumnado ao que está deseñada e mais a data, dependendo do caso  fixa ou probable,  para a súa realización.

 

Lecturas obrigatorias para a primeira avaliación do departamento de Lingua castelá.
[21.18.49-18.10.11]

Esta é a relación de lecturas obrigatorias para a primeira avaliación do departamento de Lingua castelá.

1º ESO

Lanzarote y los caballeros de la Tabla Redonda, Ed. Akal.

2º ESO

Libro de lecturas a elixir na biblioteca a partir da Lista de recomendaciones departamentales.

3º ESO

El sabueso de los Baskerville, Conan Doyle, A., Ed. Vicens-Vives.

4º ESO

La plata de Britania, Lindsey Davis, Ed. De Bolsillo (e outras).
Crónica del rey pasmado
, Torrente Ballester, G, Ed. Austral (e outras).

1º BAC.

Coplas  a la muerte de su padre,  Manrique, Jorge, Ed. Vicens-Vives.

2º BAC.

Plenilunio, Muñoz Molina, A., Ed. Punto de Lectura.

 


Reunións.
[13.08.45-10.10.11]

Hoxe comezan as reunións entre as nais e pais coas titoras e titores de cada grupo, o departamento de orientación e mais o equipo directivo.

O calendario e horario é o seguinte:

- Luns 10 de outubro  ás 20:30        2º, 3º e 4º de ESO.
- Martes 11 de outubro ás 20:30     1º de ESO.
- Xoves 13 de outubro ás 20:30       Bacharelato.


Presentación do libro
La ilustración gráfica en Galicia 1880-1936.
[20.23.45-06.10.11]

Contra o final da maña do xoves seis de outubro  Andrés Trapiello e Juan Manuel Bonet presentaron na Aula de Graos da Facultade de Humanidades da Universidade de Vigo  (Campus de Ourense) o libro La ilustración gráfica en Galicia 1880-1936.

A obra está realizada por un equipo dirixido por María Victoria Carballo Calero e Jorge Varela Barrio  con Susana Cendán Caaveiro, Ángel Domínguez López, Mercedes Bangueses Vázquez, Marta López López, José Luis Martínez Orge e mais o profesor de Historia do noso instituto e profesor na Universidade de Vigo, Don Roberto Vázquez Rozas.

Seguindo esta ligazón podemos coñecer case todo sobre a obra: obxectivos, datos técnicos, ilustracións, ilustradores... Paga a pena parar e botarlle unha ollada.

La ilustración gráfica en Galicia 1880-1936

 

Conferencia de Xurxo Mariño e inauguración do curso.
[12.23.45-20.09.11]

O luns 19 inauguramos o curso cunha charla  de Xurxo Mariño

 O alcalde de Gondomar e mais a concelleira de educación tiveron a amabilidade de asistir ao acto. 

A presentación correu a cargo de Manuel Lado, director de centro, e de Margarita Miramontes profesora de Bioloxía e Xeoloxía do instituto.

O título da charla de Xurxo Mariño foi  Unha viaxe ao funcionamento da mente, unha explicación de como a actividade neuronal é quen de crear unha realidade que cambia, duns a outros individuos, e como a evolución deu forma ao funcionamento do noso cerebro

A sorte de poden contar co profesor Mariño foi dobre: o mesmo luns a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación deu a coñecer que o profesor Mariño gaño o Premio Especial do Xurado do I Certame FECYT de comunicación científica.  

Se queres coñecer máis do traballo de Xurxo Mariño velaquí quedan as seguintes ligazóns:

http://www.udc.es/dep/medicina/neurocom.htm
http://www.udc.es/euf/neurocom/xurxo.htm
http://www.culturagalega.org/opinion/adn
http://www.culturacientifica.org/
http://www.discurshow.com/
http://lafrase.org/
http://twitter.com/xurxomar
 

Lembra que na biblioteca pode atopar dous dos libros publicados por Xurxo Mariño: Os dados do reloxeiro e mais Po de estrelas.

Parabéns, Xurxo, e moitas grazas!

 

 

Relación de alumnado admitido no curso de PCPI  para o curso académico 2011/12
[00.22.10-16.09.11]

Apelidos

Nome

Procedencia

Observacións

Alonso Costas

Adrián

IES Auga da Laxe

 

Alonso Costas

Noelia

IES Auga da Laxe

 

Expósito Ferreiro

Eloy

IES Auga da Laxe

 

González Rial

Adrián

IES Auga da Laxe

 

López Rodríguez 

Carlos

IES Auga da Laxe

 

Martínez Coronel

Mª Manuela

IES Auga da Laxe

 

Pereira Novoa

Martín

IES Auga da Laxe

 

Ribeiro Rodríguez

Ismael

IES Auga da Laxe

 

Rodríguez Fernández

Yeray

IES Auga da Laxe

 

Alonso Pichel 

Rubén

IES Terra de Turonio

Data nacemento 1996

González Barreiro 

Brayan

IES Terra de Turonio

Data nacemento 1996

Abalde Piñeiro

Cristian

Colexio Andersen

 

Benitez Martínez

Jonathan

IES Terra de Turonio

 

Bustamante Delgado

Ayashi

IES Terra de Turonio

 

Chamorro Rodríguez

Miguel

IES Terra de Turonio

 

  O prazo de matrícula é do 16 ata o 24 de setembro.

DOCUMENTACIÓN

  •  Impreso de matrícula (a recoller na secretaría do centro).

  •  2  fotografías.

  •  Fotocopia do DNI.

  • Fotocopia da Tarxeta sanitaria.

  •  Ingreso de 1,12€ en Novacaixagalicia na conta 2080 0035 13 0040008379

 Gondomar, 16 de setembro de 2011

Relación de alumnado RESERVA no curso de PCPI  para o curso académico 2011/12.

1

Costas Rodríguez

Nicolás

IES Terra de Turonio

2

Cotovad Fernández

Samuel

IES Terra de Turonio

3

Domínguez Molares

María Estrella

IES Val Miñor

4

Fernández Diego

José Adolfo

IES Escolas Pro Val

5

Figueiras Freiría

José Ángel

Andersen

6

Granja Conde

Yessenia

IES Escolas Pro Val

7

Iglesias Alonso

Pablo

IES Terra de Turonio

8

Iglesias Expósito

Beatriz

IES Terra de Turonio

9

Martínez Martinez

Adrian

IES Ricardo Mella

10

Méndez Prado

Víctor

IES Terra de Turonio

11

Misa Campo

Juan Carlos

IES Terra de Turonio

12

Penedo Buj

Marta

IES Terra de Turonio

13

Penedo Buj

Víctor

IES Terra de Turonio

14

Ramos Martos

Umu

CPI covaterreña

15

Rey Dos Anjos

Miguel Ángel

IES de Tomiño

16

Rodríguez Martínez 

Leticia

IES Terra de Turonio

17

González Coello

Adrián

Non escolarizado

18

Pereira Estévez

Ilia

Non escolarizado

19

Pereira Vieira

Horacio

Non escolarizado

Gondomar, 16 de setembro de 2011

 

 

Calendario de inicio do curso 2011-2012.Xurxo Mariño.
[20.57.44-13.09.11]

Venres 16 de setembro.

Ás 11:00: presentación de ESO.  Os autobuses saen do centro contra as 12:00.

Luns 19 de setembro.

Comezo das clases en ESO no seu horario habitual:

- Luns mañá: 09:30 a 15:00.
- Luns tarde: 17:00 a 18:40.
- De martes a venres: unicamente mañá, de
09:30 a 15:00.

Ás 11:00: presentación de bacharelato e charla inaugural do curso a cargo do profesor da Universidade da Coruña, investigador do MIT, escritor e divulgador científico Dr. Xurxo Mariño Alfonso.

Martes 20 de setembro:

Comezo das clases en bacharelato no seu horario habitual:

- Luns mañá: 09:30 a 15:00.
- Luns tarde: 17:00 a 18:40.
- De martes a venres: unicamente mañá, de
09:30 a 15:00.

 

 

Setembro.
[12.15.48-02.09.11]

Luns día 5 a partir das 20 h.

  • Exposición das actas de 2º bacharelato.

Martes día 6.

  • Prematrícula para as PAUU.

Mércores  día 7.

  • Entrega de notas ás  11 h.

Prazo de matrícula extraordinario desde a entrega de notas ata o 12 de setembro.

 

 

Fin de curso.
[22.35.45-29.06.11]

Despois dos exames, as actividades e o acto fin de curso, as avaliacións, as notas... chegan as vacacións.

Aquí queda o calendario de setembro de 2011 (arquivo pdf).

O vindeiro luns día catro de xullo colgaremos a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2011-2012.

Boas vacacións!


Sete anos na Arañeira.
[00.23.45-19.06.11]

Pois si, miñas donas, meus cabaleiros, hoxe cumprimos sete anos pendurados da Arañeira.

O primeiro que quedou colgado no noso sitio foi a seguinte nota da exposición dedicada a Xaquín Lorenzo, feita en maio e, daquela, o primeiro material dispoñíbel para a Rede. Cómpre lembrar tamén unha primeira páxina do noso instituto feita a finais do pasado século, por Dolores Mira, Mariló, que foi profesora e directora do centro.

Ben, pois parabéns para nós, todas e todos!


Co gallo do Día das Letras dedicada ao etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas, os alumnos de Diversificación Curricular e a profesora Berta Blanco, organizaron unha exposición na súa honra. Ducias de pezas,ferramentas agrícolas, ferros de pasar e outros utensilios de uso cotiá do pasado, foron a contribución de alumnos e profesores á exposición.

No patio central, dunha estructura pendurada do teito, colgaban cincuenta láminas co nome e o uso de outros obxectos.

Noutra zona do patio, o equipo de normalización lingüística Balbordo organizou unha exposición de BD do Carrabouxo de Xosé Lois González.

 

Galería de imaxes Día das Letras, 2004

 

Documentos para a matrícula e outros.
[09.02.45-18.06.11]

Na sección da Secretaría están actualizados os documentos e outra información de interese para o curso 2011-2012.
A actualización inclúe o seguinte:

 

A gravar.
[21.30.34-15.06.11]

O mércores 15 de xuño a Aula de Música volve a converterse no estudo de gravación que foi no seu momento. Ao longo da mañá, entre as 09:30 e as 15:00 gravarán parte do seu material todos os grupos de música do centro.

O horario é o seguinte:

  • 09:30-10:20 3º ESO B.

  • 10:20-11:10 3º ESO A.

  • 11:10-12:00 1º de bacharelato.

  • 12:00-12:30 ADL (grupo de música da tarde).

  • 12:30-13:20 4º ESO.

  • 13:20-14:10 2º ESO A.

  • 14:10-15:00 2º ESO B.

A cargo das gravacións estará Joaquín Fuentes Osorio, técnico de son e gravación, e mais o profesor Sergio Álvarez.

En breve todas as gravacións estarán colgadas neste sitio para escoitalas ou para descargalas.

 

 

 

O dodo descuberto co Rickenbacker 4001 que me
roubaron hai exactamente vinte e cinco anos.

 

Concertos.
[06.06.06-05.06.11]

O pasado 27 de maio ADL, o grupo da tarde, deu un concerto no auditorio LoísTobío de Gondomar nun acto organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística.

O venres tres de xuño os músicos de 1º de bacharelato marcharon ao IES de Salvaterra.

Deixamos unha gravación de ADL feita en marzo, atopada xunto ao derradeiro dodo nas beiras do Miñor: Chick Habit.

 


IN coa nosa LINGUA.
[22:09:45-02.06.11]

Dende o venres 13 de maio  Balbordo presentou no instituto unha nova campaña para animar ao uso da lingua. O lema escollido foi IN coa nosa LINGUA. O seu obxectivo é chamar a atención sobre a necesidade de poñer de moda, de crear tendencia co galego:  hai que conseguir que esteamos IN en galego.

Como apoio a esta proposta o alumnado do EDL Balbordo gravou un anuncio e deseñou unhas chapas coas que agasallaron ao resto da comunidade escolar.  O anuncio cólgase aquí e agora.

Tamén queda outra gravación feita por Balbordo co gallo da visita do EDL do IES Félix Muriel de Rianxo.

 

 IN coa nosa LINGUA (180 MB)

 

Para a visita do IES Félix Muriel de Rianxo (615MB)

Para botarlle unha ollada aos vídeos recomendamos a descarga do programa VLC Player.


Actualización do resumo do DOG.
[22:05:02-30.05.11]

Xa está actualizado con data de trinta de maio de 2011  o resumo do DOG,  onde recollemos a normativa e disposicións  máis relacionadas co traballo no instituto.

 

Aprende chinés con chinese.com e a Xunta de Galiza.
[21:27:05-30.05.11]

Este proxecto, denomínase "CHINESE.COM. Competencias en chino - elemental  como medio para mellorar a competitividade das empresas no marco da Unión Europea”,  e está financiado pola Unión Europea dentro do marco dos Programas de Aprendizaxe Permanente (PAP) - Actividade Clave 2 - Proxectos Multilaterais.

P
retende facer fronte á escasa discapacidade de material adaptado ás necesidades reais do persoal das empresas, así como de estudantes universitarios ou de formación profesional, no momento no que eles entran en contacto coa lingua china.

O curso incluirá 10 unidades, e
estará dispoñible nesta páxina web, así como outra información relevante sobre a lingua china e a cultura, información xeral sobre o proxecto e un FORO.

 

 

Recomendacións.
[20:45:21-29.05.11]


Pois son dúas e da man do mesmo profesor, Francisco Albertuz. Trátase de Cuartos da Laxe o blog sobre "
Lengua castellana y literatura de 4º de la ESO en el IES Auga da Laxe" e mais Bachliterato, referida á mesma materia para 1º de bacharelato.

De verdade, paga a pena botarlle máis que unha ollada.

 

Apadriñamento lector.
[21:13:21-26.05.11]

O pasado martes 24 de maio corenta alumnos e alumnas de 4ºESO do noso instituto participaron nun apadriñamento lector co alumnado de 3º de Educación Infantil e de 1º de Primaria do CEIP Chano Piñeiro, organizado polo departamento de Lingua Galega coa colaboración da biblioteca. Recibíronnos na recén estreada biblioteca do CEIP Chano Piñeiro e alí presentáronse as madriñas e padriños e os seus afillados e afilladas para logo marcharen por parellas a ler xuntos un par de contos e conversar arredor desas lecturas.

Sen dúbida, unha actividade atractiva e enriquecedora que nos gustaría repetir.

Preme encol da imaxe ou aquí para acceder á nota completa do apadriñamento e mais á galería de imaxes.
 

 

Gravación de Es un árbol e máis.
[12:30:11-22.05.11]
 

Es un árbol, o grupo onde o batería é Sergio Álvarez, profesor de Música do instituto, deu un concerto no Momo de Compostela. Foi o pasado 18 de maio. Unha gravación en mp3 está dispoñíbel premendo aquí (ollo, son uns 50 MB).

Ademais, Es un árbol xa ten o seu sitio no Facebook

 

Cidades v. 2.0
[21:50:11-18.05.11]

Velaquí quedan máis traballos sobre o libro de poemas Cidades de Fran Alonso. Trátase dunha presentación de diapositivas e mais un video en formato avi. A presentación é de Noelia e Rafael de 1º B de ESO; o vídeo de Nuria, Fanny, Lucía, Belén e Alejandra, tamén de 1ºB de ESO.

Para botarlle unha ollada ao vídeo (91 MB) recomendamos a descarga do programa VLC Player.

 

Cidades.
[11:50:11-17.05.11]

Aquí vai unha mostra fotográfica do traballo plástico realizado polo alumnado de 1ºA e 1ºB da ESO na materia de Lingua e Literatura Galegas coa profesora Helena Fernández.

A fonte de inspiración destas maquetas e instalacións foron os poemas do libro Cidades,
de Fran Alonso, Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil 1998. Neste poemario urbano o autor nos describe coma nun caleidoscopio tódalas cidades do mundo, os seus habitantes, os seus olores, sabores, sentimentos: as miserias e as grandezas da cidade.

O proxecto tivo dúas partes: Unha primeira, coa lectura grupal do poemario, debate e escolla do poema por cada grupo. Unha segunda parte, en que cada colectivo tiña que elaborar un traballo artístico partindo do texto lírico seleccionado.

E como remate nada mellor que deixarvos co poema que dá inicio a Cidades:

 

A min o que me gusta son as cidades.

As grandes e pequeñas cidades.

As cidades da alma, invisibles.

As cidades do corpo, dolorosas.

As cidades dos mapas, sempre a man.

As cidades que visitei, tan eternamente.

As cidades en que vivín, permanecendo.

As cidades que non coñezo, misteriosas.

Cidades invisibles, dolorosas,

sempre a man, tan eternamente,

permanecendo misteriosas.

Cidades, en fin, do corazón.

 

Asuntos (de sangue) pendentes.
[14:05:01-12.05.11]

Desde o pasado marzo estaba pendente de colgar esta imaxe dos catro grupos sanguíneos do sistema AB0. Nese mes, nas prácticas de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO e do Ámbito científico do Programa de Diversificación Curricular (tamén de 4º de ESO), puxémonos a buscar os catro grupos sanguíneos do sistema AB0. Todas as alumnas e alumnos do PDC ( e mais as profesoras e profesores que se puxeron nas mans dos vampiros) unicamente apareceron dous: o A e o 0. Pero no alumnado de 4º de Bioloxía e Xeoloxía apareceron os catro: A, B, AB e 0. Velaquí queda como proba esta imaxe tirada polo profesor Roberto Fernández.

Preme na imaxe se queres vela máis grande.


Concerto en Peitieiros.

[11:45:54-09.05.11]

O martes dez de maio, contra as 12:50, o grupo ADL (o que ensaia no instituto polas tardes) e mais o grupo da aula de Música de 4º de ESO ofrecerán un concerto ao alumnado do Colexio Neira Vilas, en Peitieiros.

 

Normas de Organización e Funcionamento.
[23:52:24-04.05.11]

Na sección Documentos xa está colgada a versión actualizada das Normas de Organización e Funcionamento (NOF) do instituto, tal como se aprobaron no consello escolar do pasado 14 de abril.

A principal novidade é a referente á regulación do uso de aparellos electrónicos (teléfonos móbiles, reprodutores e gravadores mp3, mp4, cámaras...) dentro das dependencias do centro. O seu uso está restrinxido e o incuprimento da norma leva aparellada unha sanción.

 

Parabéns!
[23:05:22-03.05.11]
 

Con bastante atraso pero aínda a tempo (non rematou o curso ;-) velaquí quedan os parabéns de todo o mundo para as matemáticas e os matemáticos de 4º A de ESO que volveron a chegar aos primeiros postos no XIX Rallye Matemático sen fronteiras 2011.

Lembrade que algúns deles son os mesmos que chegaron á final en 2010.

 

 

Calendario e horarios para a terceira avaliación e final.
[20:27:54-26.04.11]

Premendo aquí podes baixar un pdf co calendario e horarios da terceira avaliación (horarios de exames, prazo de reclamacións, entrega de notas...) deste curso 2010-2011.

 

E máis instrucións para a viaxe a París.
[20:59:59-06.04.11]

Velaquí quedan a segunda listaxe de instrucións para a viaxe a París.

Coma as anteriores están nun documento en formato pdf ao que se pode acceder premendo aquí ou desde a sección do departamento de Francés.

Bon voyage!

 

 

Instrucións para a viaxe a París.
[22:05:09-05.04.11]

Premendo aquí pode acceder a un documento en formato pdf coas primeiras instrucións para a viaxe a París de 2011.

O mesmo documento está a súa disposición na sección do departamento de Francés.

 

 

Solidariedade Galega co pobo Saharaui.
[21.26.34-31.03.2011]
 

Organizado pola Asociacion de Veciños de Vincios en colaboración con Solidariedade Galega co pobo Saharaui vaise celebrar unha cea- espectáculo.

O lugar será o C. C. de Vincios. O día e hora: o 9 de abril contra as 20:00.

No acto actuarán:

  • A  clase de Música de 1º  de bacharelato do IES Auga da Laxe.

  • A Escola de danza Gondomar (Hip Hop).

  • Teloneiras de Marita.

  • Monólogo: Neves.

  • Cuarteto Caramuxo.

  • Os Irmandiños.

 

 

 

Sesión informativa para 4º de ESO.
[20.40.22-31.03.2011]

Despois dun tempo sen actualizar a páxina volvemos e primeiro co máis urxente.

O alumnado de 4º atópase no último curso da educación básica e obrigatoria. Co obxecto de facerlle chegar a maior información acerca da orientación profesional ou académica ao remate desta etapa, faremos unha sesión informativa no salón de actos do instituto o MARTES, 5 DE ABRIL, ÁS 20:30.

O equipo directivo, os titores dos cursos de 4º ESO e o Departamento de Orientación animamos a participar nesta reunión a todo o alumnado de 4º así como os seu pais, nais e titores legais.

 

 

Aparcadoiro de bicicletas.
[21.00.00-23.02.11]

Xa está instalado o primeiro aparcadoiro de bicicletas do noso instituto. Polo momento podemos deixar cinco bicicletas. Para as próximas semanas está prevista a instalación doutra peza para cinco vehículos máis.

O aparcadoiro de bicicletas está fronte á porta de entrada pequena do edificio principal.

 

 

Documentos de admisión.
[00.10.01-15.02.11]

Desde o día 1 de marzo e até o 31 de marzo está aberto o prazo de admisión de alumnos que se matriculen por primeira vez no Centro.

O alumnado da ESO que solicite praza deberá cubrir o impreso de solicitude. O de bacharelato, ademais, deberá cubrir o impreso de datos académicos segundo o curso no que soliciten praza.

A parte do impreso deberán presentar unha fotocopia do NIF e un certificado do centro onde están escolarizados no que figure o código do alumno ou alumna.

Pode descargar os documentos desde aquí ou na sección da secretaría.

DOCUMENTOS DE ADMISIÓN

Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado.

Impreso de solicitude de admisión.
Datos académicos para o alumnado de 1º de bacharelato.
Datos académicos para o alumnado de 2º de bacharelato.

 

Zumes de laranxa.
[23.42.27-14.02.11]

Grazas a ANPA As Gaiandas segue o reparto de zume de laranxa (e de balde ;-)

Os que xa tiveron o gustazo de meterse no corpo un zume laranxeiro foron os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO. Na semana na que estamos (do 14 ao 18 de febreiro) tócalles ao alumnado de 3º de ESO e 4º A.

Para a vindeira semana poderán pasar polo zumator o alumnado de 4ºB e 4ºC de ESO e todo o alumnado de bacharelato.

 

 

La música nos rodea.
[10.02.21-10.02.11]

Co permiso da autora, Rebeca Tizón Rey, alumna de 1º de bacharelato, colgamos un fermosísimo vídeo que gañou o terceiro premio do II Certame de curtametraxes de Freixo.

O vídeo pode verse en YouTube seguindo este enderezo ou descargalo en formato avi desde aquí.

De verdade, paga a pena botarlle unha ollada e escoitalo.

 

Viaxe a París.
[09.02.54-05.02.11]

Cómpre que o alumnado que vaia ir de viaxe a París consulte a páxina do departamento de Francés xa que hai nova información respecto a esta saída.

 

Información de última xuntanza do Consello Escolar.
[09.01.54-05.02.11]

O luns 31 de xaneiro o Consello Escolar reuníuse para recibir información sobre os resultados da primeira avaliación. Ademais, aprobou as contas de 2010 e a acta da xuntanza anterior sobre a constitución do novo Consello Escolar despois dos resultados da eleccións de 2010.

 

Representación de Vichelogrego Teatro en favor de Haití.
[21.25.34-27.01.11]

Vichelocrego Teatro e Médicos sen fronteiras organizan unha representación de A visita da vella dama en favor de Haití.

A representación terá lugar o vindeiro sábado cinco de febreiro no Centro Cívico de Teis, en Vigo. A hora de comezo será as 18:30. A recaudación íntegra estará destinada á axuda e recuperación de Haití.

 

Actualizacións.
[14.47.01-25.01.11]

Xa está actualizada a sección do DOG que inclúe  a Orde  coas instrucións para a confección de nóminas do persoal da Administración autonómica para o ano 2011.
 

 

Receitas e vampiros.
[23.44.56-11.01.11]

Na sección do departamento de francés está colgado un receitario de postres franceses. Para seguir coa dieta propia do Nadal  non hai nada máis apropiado.

E na sección do departamento de Lingua castelá tamén está colgado un nutritivo texto sobre literatura vampírica.

Non é necesario elixir entre un e outro. O mellor, apuntarse ás dúas opcións.

 

Actualizacións.
[23.24.01-10.01.11]

Logo das vacacións de Nadal cómpre darlle un repaso ao publicado no DOG neses días.
Podes facelo desde a ligazón situada na columna da esquerda ou
premendo aquí.