Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>xaneiro_decembro_2009
 
De xaneiro a decembro de 2009

 

Máis froita para o luns.
[19.40.24-17.12.09]

Xa que o mércores 16 os ventos, a chuvia e as neves non permitiron que houbese reparto de froita , recuperaremos o día perdido e o luns 21 si que haberá froita.

 


Suspensión das clases.

[09.40.28-16.12.09]

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións  en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

 

 

Semana da froitaVer imagen en tamaño completo.
[08.49.25-13.12.09]

Este luns (14 de decembro ) comeza a Semana de froita. Trátase de ofrecer unha peza de froita a todo o alumnado durante todos os recreos. É unha actividade financiada pola Unión Europea.

 

 

Días festivos, non lectivos e xustificación de faltas.
[08.43.46-13.12.09]

Dende a dirección lembrarnos que o día festivo propio que aínda resta é o vindeiro tres de maio de 2010 Así mesmo, informan que nais e pais poden recoller os impresos de xustificación de faltas de asistencia e/ou puntualidade na conserxería do centro.

Por último, e a petición das nais e pais do alumnado do instituto, reproducimos os artigos do calendario escolar que fan referencias
 as vacacións
e mais aos períodos de actividades lectivas.

Artigo 5º.-Actividades lectivas

2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato, en formación profesional e ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 17 de setembro de 2009 e o 23 de xuño de 2010, ambos os dous inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato as actividades lectivas ordinarias rematarán de acordo coas datas previstas para as probas de aptitude para o acceso á universidade.

Artigo 6º.-Períodos de vacacións.

1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2009 ata o día 7 de xaneiro de 2010, ambos os dous inclusive.

2. Semana Santa: desde o día 29 de marzo ata o 5 de abril de 2010, ambos os dous inclusive.

3. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2010.

Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8º.2 e co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o día do ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2009/2010 se celebrará o 8 de xaneiro de 2010.

 

Cen bonos de zume de laranxa
[21.40.06-29.11.09]
 

A ANPA As Gaiandas doou ao centro 100 bonos para zume de laranxa. Dende a directiva decidiron repartilos entre os alumnos de 1º e 2º de ESO, para que a semana que vén, cada recreo, un grupo tome un zume gratis.

O calendario é o seguinte:

Día

Curso

Luns 30

2º A

Martes 1

2º B

Mércores 2

1º A

Xoves 3

2º C

Venres 4

1º B

 

Novo blog da ANPA As Gaiandas.
[21.38.34-29.11.09]

A ANPA As Gaiandas ten novo blog onde quen o desexe pode poñerse en contacto con eles. Polo momento aínda está en proceso de medio-construción e deseño pero plenamente operativo.

 

Día Internacional contra a violencia de xénero.
[07.05.02-25.11.09]
 

Desde 1999 a ONU declarou o 25 de novembro como  o Día Internacional contra a violencia de xénero. En todo o mundo as iniciativas para protestar e tratar de eliminar a violencia machista son moitas. Nós recomendamos a visita a dous sitios. O primeiro é a web de Porquetecallas.es. O outro é o da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.

Para rematar a lembranza  dunha das actividades feitas no noso instituto nos cursos pasados, neste caso en novembro de 2006 e o do blog que a profesora Elena Fernández e o seu grupo de TIC de 1º de bacharelato manteñen na Rede (TICs para educar).

 

 

Visita á exposición ornitolóxica.
[22.35.04-20.11.09]

Esta semana os alumnos e alumnas do Programa de Diversificación Curricular fomos visitar a exposición ornitolóxica instalada no Pavillón de deportes de Gondomar.

A exposición é consecuencia do XXVI Campionato de Galicia. Na exposición atendeunos Don Delfino Otero, criador de paxaros, membro da organización e o dono duns gorrións de Xava (xénero Padda) que mereceron o primeiro premio do campionato.

As imaxes coas que fixemos un pequeno vídeo son de Belén Sobrado Menoni que podes baixar premendo aquí ou na imaxe do paxariño (11MB).

 

Calendario de avaliacións.
[20.35.44-09.11.09]

Velaquí queda unha copia en pdf do calendario de avaliacións para o curso 2009-2010.

 Lembra que pode ler os arquivos pdf con varios programas:
Adobe Reader 9.2 ou  o Foxit Reader 3.1.3.

 

Galicia e as ciencias do mar.
[20.10.41-09.11.09]

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, o Centro Tecnolóxico do Mar e mais a Fundación CETMAR organizan Galicia e as Ciencias do Mar.

Unha das opcións máis interesantes está na sección Documentación onde podemos baixar libros e documentos (de balde e sen pirateo) sobre o tema.

 

Reunión de nais e pais da alumnado de 1º de ESO.
[07.28.32-31.10.09]

O vindeiro mércores 4 de novembro, contra as 19:00, os pais e nais dos alumnos de 1º de ESO están convidados pola directora do centro, Dona Aurora Sanmartín, para tratar algúns asuntos sobre o funcionamento do instituto.

Se precisa algunha información adicional acuda ao propio instituto ou faga unha chamada telefónica ao 986360501.

 

Actualizada a sección do departamento de Matemáticas.
[07.38.32-27.10.09]

O departamento de Matemáticas actualizaron a súa sección con novos contidos. Cómpre consultar a renovacións dos contidos mínimos para cada unhas das materias de cada curso  e algunha que outra variación.

 

Programa de actividades extraescolares.
[21.32.02-21.10.09]

Xa está colgado o Programa de actividades extraescolares e complementarias. O Programa está elaborado pola Vicedirección e os departamentos didácticos e conta coa correspondente aprobación do Consello Escolar.

Coma os doutros cursos está ben completiño.

 

Semella que chegou o outono.
[21.03.02-19.10.09]

Despois destes días de verán en outubro semella que o outono está aquí. Está é unha boa ocasión para visitar a remodelada páxina de MeteoGalicia, con moita máis informacion ca versión anterior e outros servizos de interese.

 

Libros de ciencia.
[00.12.18-04.10.09]

Polo seu indudable interese colgamos este arquivo pdf cos cen libros de ciencia que a xuízo da Generalitat de Catalunya e outros organismos son imprescindibles para entender a ciencia actual.

A listaxe publicouse en 2007.

 

Cantos litros de auga caben nun preservativo?
[22:30:02-30.09.09]

Falando de todo un pouco nunha das clases de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO xurdiu a idea de comprobar cantos litros de auga poden caber nun preservativo. Logo das correspondentes probas os cálculos deron que os preservativos máis correntes teñen capacidade para uns 18 litros de auga.

Un dos grupos (Noelia Martín e Sheila Díez, coa inestimábel axuda de Conchi Suárez e Juan Rodríguez) fixo un vídeo da súa experiencia que está colgado en YouTube. Paga a pena botarlle unha ollada :)

 

 

Páxina de recursos de Tecnoloxía.
[22:47:05-29.09.09]

Xoán Carlos Pombo, profesor de Tecnoloxía do noso instituto, mantén desde hai anos unha páxina de recursos para as materias de Tecnoloxía. O sitio foi gañando en diferentes recursos ofrecendo hoxe exercicios, probas e vídeos relacionados coas tecnoloxías.

A páxina chámase Tecnoweb.

 


Actualizacións de departamentos e titorías.

[23:15:39-27.09.09]

Os profesores e profesoras comezan a renovar as seccións dos departamentos de seu. Tamén comezan a figurar as horas de atención ás nais e aos pais no horario de titorías.

Nos próximos días iremos completando estas informacións.

 

Gripe A.
[08:26:30-22.09.09]

A Consellaría de Educación publicou no sitio de seu na Rede varios documentos sobre a gripe A. Son:

 

 

Comezo do curso 2009-2010.
[19:25:06-14.09.09]

O xoves 17 comezarán as actividades do curso 2009-2010. O calendario previsto será o seguinte:

  • Xoves 17:  Presentación do alumnado de ESO de 11:00 a 12:00
  • Venres 18: Presentación do alumnado de Bacharelato de 10:30 a 11:30

 

 

Ollo! Avisos para o curso 2009-2010.
[23:01:15-21.07.09]

Varios avisos que teñen que ver co remate do presente e o co vindeiro curso.
Para acceder aos documentos preme encol do título:

 

Abre a fiestra. Non teñas medo.
Déixate mollar.
[07:01:15-25.06.09]

E para ir rematando o curso velaquí quedan dous vídeos feitos polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística Balbordo. Nos vídeos participa alumnado de todos os niveis. Moitas grazas a todos eles e elas pola súa colaboración. Xa sabedes, as linguas suman. E en galego tamén estamos no mundo.

 

  
    


Vídeo coas camisetas de 1º de bacharelato
[07:30:22-15.06.09]

Hai uns días o Equipo de Normalización e Dinamización Linguística Balbordo e máis os alumnos e alumnas de Debuxo artístico de 1º de bacharelato de Chus Ferrín asistiron a un obradoiro de camiseting. Os resultados, cun pouco de atraso pódense ver neste vídeo (ollo! pesa case 15 MB), vídeo que podes ver co reprodutor VLC ou co Windows Media. Preme na imaxe para descargalo.

 

Segundo premio e mención honorífica para as alumnas do PDC
[07:28:29-15.06.09]

Na final, as alumnas do PDC de 4º de ESO conseguiron o segundo premio e unha mención honorífica no Premio Ejército. No traballo estiveros dirixidas por Chus Buitrago e Marta Moro e parte dos resultados podemos velos en Misionaprendizaje.com.

Por este e por outros motivos foron recibidas polo alcalde de Gondomar D. Xosé Antón Araúxo. O alcalde explicoulles o funciomaneto do concello e dos diferentes departamentos. Na imaxe, as alumnas posan diante dun coche patrulla da Policía Municipal de Gondomar.

 

Remate do PCPI de 2008-2009
[07:10:29-15.06.09]

O pasado 29 de maio rematou o Programa de Cualificación Profesional Incial de 2008-2009. Este programa está confinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo da U.E.

Para os módulos de formación nas empresas os alumnos e alumnas do PCPI contaron coa colaboración de nove empresas locais e mais a do Concello de Gondomar.

E como non hai mellor maneira de rematar o curso cun xantar velaquí queda este pequeno vídeo do xantar de fin de curso. Podes velo co reprodutor VLC ou co Windows Media. Preme na imaxe para descargalo.

 

Concerto do grupo de 2º de bacharelato
[01:30:12-03.06.09]

E como case despedida antes de comezar a preparar a selectividade, o Grupo de Música de 2º de bacharelato, dirixido polo profesor Sergio Álvarez,  ofrecerá un concerto o xoves día 4 de xuño, contra as 20:00 no Auditorio de Baiona. Dato interesante: a entrada e de balde.

Se queres baixar as gravacións deste grupo ou dos demais grupos de música están todas á vosa disposición na sección do Departamento de Música.

 

 

Torneo de Tenis Escolar Concello de Gondomar
[19:22:16-26.05.09]

O Club de Tenis Gondomar organiza o Torneo de Tenis Escolar Concello de Gondomar. Haberá catro categorías: infantil, alevín, benxamín e prebenxamín. A cita será para o 13 de xuño, de 10 a 14 horas.

Toda a información sobre o torneo podes coñecela baixando este arquivo pdf e no cartaz do torneo (preme na imaxe para vela ampliada).

 

Artigo do Proxecto Laranxa en Saudiña
[07:10:16-20.05.09]

O Equipo do Proxecto Laranxa do instituto publicou un interesante artigo na revista Saudiña, publicación da Consellaría de Educación. Nel contan cales son os obxectivos do proxecto e unha relación das actividades feitas non últimos anos.

Saudiña xa está en formato papel no instituto. No sitio de seu na Arañeira van publicala en breve.

 

Concertos dos grupos de música
[22:12:16-14.05.09]

O venres 15 de maio, contra as 11:30, o grupo de 2º de bacharelato marcha a dar un concerto ao IES Pro Val. O vindeiro vinte e dous, venres, tócalle tocar aos de 1º de bacharelato. Será no Colexio Neira Vilas de Peitieiros.

 

Premio Ejército para 4º PDC
[22:02:36-14.05.09]

As alumnas do PDC de 4º de ESO veñen de gañar a fase zonal do Premio Ejército. Comandadas por Chus Buitrago e Marta Moro traballaron e traballaron na iniciativa chamada Misionaprendizaje.com da que xa deixamos constancia nesta páxina.

Agora toca o pase pola fase estatal.

Parabéns a todas!

 

Inauguración da Casa da Lectura de Espazo LecturaEspazo Lectura
[07:02:18-14.05.09]

Espazo Lectura convídanos ao acto de inauguración da Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, Gondomar), que terá lugar o vindeiro sábado 16 de maio ás 12 h. do mediodía, e que poñemos en marcha grazas a un acordo co CEIP Souto-Donas, co Concello de Gondomar, e ao apoio das editoriais colaboradoras de Espazo Lectura: Galaxia, Kalandraka, OQO e Xerais.
Durante o acto, tamén será presentado o libro Os ollos do Contomar, que Espazo Lectura editou en colaboración co Concello de Gondomar e a Consellería de Cultura. Participarán a presidenta de Espazo Lectura, a directora do CEIP Souto-Donas, o alcalde de Gondomar, a actriz e contacontos Paula Carballeira e o escritor Gonzalo Navaza.
 

 

12 de Maio. Día Escolar das Matemáticas
[13:40:18-12.05.09]

Hoxe celébrase o Día Escolar das Matemáticas. No IES Auga da Laxe repartimos dípticos cunha selección de libros da biblioteca, da sección de Matemáticas.

Ademais,  desde o noso sitio na Arañeira, queremos darlle os parabéns a Camila Álvarez Pereira e Federico Villar Ojeda, de 2º ESO, que foron seleccionados para a fase final da XI Olimpíada Matemática Galega de 2ºESO , que se celebrará o venres 22 de maio en Vigo.

Departamento de Matemáticas




 

 

Imaxes da xornada de atletismo
[14:00:18-09.05.09]

O departamento de Educación Física vén de colgar todas as imaxes da xornada de atletismo de abril de 2009. Cos compañeiros e compañeiras do IES Terra de Turonio, os alumnos de 1º de ESO marcharon ás pistas da Universidade de Vigo para correr, saltar e lanzar. Vexan e admiren ;-)

 

Concurso de Luthería
[20:20:18-04.05.09]

O departamento de Música xa proclamou gañador do Concurso de Luthería organizado pola profesora Marta Barreiro. Trátase de José Ramón Rodríguez Carvajal de 2ºC de ESO.

Os instrumentos están expostos á entrada do Salón de Actos. E para a memoria queda este pequeno vídeo que podes ver co reprodutor VLC ou co Windows Media. Preme na imaxe para descargalo.

Departamento de Música

 

Novas do Club de Tenis Gondomar
[23:20:18-28.04.09]

Os e as tenistas do Club de Tenis Gondomar seguen loitando nas competicións correspondentes.  As tenistas do equipo feminino non puido promocionar na Liga Galega debido á fortaleza dos outros clubs. O equipo masculino loita pola permanencia contra o Club de Tenis Ourense logo de gañar ao C. T. O Carballiño.

No Circuíto de Barbanza, Sofía, unha das tenistas do Gondomar quedou finalista do torneo cadete feminino. Sara proclamouse campiona do cadro junior feminino.

 

 

Máis gravacións dos grupos de bacharelato
[07:20:18-26.04.09]

Temos preparadas máis gravacións dos grupos de bacharelato. Trátase de:

 

11º de bacharelato
2 O aforismo ben temperado 2 (Arquíloco)
3 Ristin
4 Albion Cover
5 Imagine2º de bacharelato
6 Ay, que dolor
7 Palabras para Julia II

Estes temas e todos os demais podedes descargalos desde a sección do departamento de Música.

 

 

Hora de ler
[20:27:18-21.04.09]

Como lembraredes, no último claustro aprobouse por unanimidade unha proposta da biblioteca para botarmos a andar no 3º trimestre a HORA DE LER. Será unha sesión de clase á semana na que todo o alumnado e todo o profesorado do centro estará lendo en silencio ao mesmo tempo.

O Equipo de Biblioteca propón comezar o próximo xoves, 23 de abril, Día do Libro, na 1ª hora da mañá. A partir de aí, cada semana dedicaremos unha sesión a esta actividade de acordo co seguinte calendario:

  • 23, de abril, xoves: 1ªh

  • 30 de abril, xoves: 2ªh

  • 07 de maio, xoves: 3ªh

  • 14 de maio, xoves: 4ªh

  • 21 de maio, xoves: 5ªh

  • 28 de maio, xoves: 6ªh

  • 05 de xuño, venres: 1ªh

  • 12 de xuño, venres: 2ªh

  • 19 de xuño, venres: 3ªh

A partir do luns, anunciarémolo e iremos informando o alumnado. Agradecemos a vosa colaboración en lembrárllelo aos nenos e nenas para que traian lectura e a actividade se desenvolva satisfactoriamente, tal e como se está facendo noutros institutos. Se tedes calquera dúbida ou proposta sobre esta actividade, por favor, non dubidedes en comentala con calquera dos profesores do Equipo de Apoio á Biblioteca.

 

Exames das PAAU de 2008 de Bioloxía
[22:51:18-13.04.09]

Na sección do departamento de Bioloxía e Xeoloxía están colgados os exames de selectividade de 2008, xunto aos das convocatorias doutros anos.

 

Biblioteca Agustín Fernández Paz
[20:51:18-30.03.09]

O noso instituto celebrará mañá, martes, 31 de marzo, ás 18:00h, un acto para poñerlle á súa biblioteca o nome do escritor Agustín Fernández Paz. O acto, aberto a todas as persoas interesadas, contará coa presenza do autor. Un grupo de alumnos e alumnas lerán textos de diferentes obras do escritor, actuarán os alumnos da materia de música de 2º de bacharelato co seu profesor, Sergio Álvarez, e descubrirase, na entrada da biblioteca, un panel sobre a obra do autor e unha placa co seu nome. Agustín Fernández Paz estará tamén pola mañá no instituto para participar nun encontro co alumnado de 4ºESO. Con esta iniciativa a biblioteca do IES Auga da Laxe pretende renderlle unha pequena homenaxe a un dos autores máis representativos da literatura infantil e xuvenil galega, recentemente galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 polo seu libro O único que queda é o amor.

 

Este acto, que se celebra na semana en que se conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, supón o colofón dunha serie de actividades que ao longo destas últimas semanas se estiveron realizando co alumnado do instituto arredor da obra do autor: lecturas nas aulas, xogos de pistas, club de lectura, álbum de cromos coas portadas dos libros do escritor, campaña de fomento da lectura, etc., iniciativas coas que se pretendía fortalecer o coñecemento do alumnado sobre a obra de Agustín Fernández Paz, un dos autores máis lidos entre os rapaces e rapazas do instituto.

 

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é autor dunha amplísima obra no ámbito da literatura infantil e xuvenil, na que destacan títulos como As flores radiactivas, Contos por palabras, Trece anos de Branca, Noite de voraces sombras, Cartas de inverno, Aire negro ou O único que queda é o amor. Os seus libros recibiron importantes premios literarios como o Merlín, o Lazarillo, o Edebé Juvenil, o Rañolas, o Raíña Lupa ou, no ano 2008, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

 

 

Jose, até logo
[19:51:18-24.03.09]

Pois chegou o día e o mércores 25 é o derradeiro día de traballo de Jose Miguélez no noso centro. O xoves incorporase ao seu novo posto de auxiliar administrativo.

Durante todos os últimos anos, Jose botóunos unha, e as dúas mans, en todo o que precisamos. O mércores será un bo día para reiterarlle o noso agradecemento por tantos anos de dedicación á boa marcha do centro e de apoio a calquera actividade que se desenvolvese no instituto.

Grazas, amigo. Grazas, Jose!

 

Misionaprendizaje.com
[19:00:18-11.03.09]

Van rematando as actividades desenvolvidas polas alumnas de 4º de Diversificación curricular arredor do labor humanitario do Exército de terra. Os traballos están expostos no patio interior do centro até o venres 13.

Hoxe, mércores 11, visitaron os estudos de Onda Cero onde falaron do seu traballo, refletido no blog Misionaprendizaje.com. Tamén tiveron tempo para lembrar o Patacablog.com, onde están recollidos os traballos de 2008 sobre a pataca e que mereceu un premio da Consellaría de Educación.

Cando teñamos un arquivo dixitalizado do programa de Onda Cero colgarémolo nesta páxina.

 

 

Actividades previstas para a semana
[00:24:18-09.03.09]

Para esta semana están previstas as seguintes actividades:

  • Luns 10 de marzo: Concerto do grupo de música de 1º de bacharelato no IES Terra de Turonio.

  •  Mércores 11 de marzo: Visita das alumnas de PDC a Onda Cero.

  • Venres 13 de marzo. Ás 21h Vichelocrego Teatro representa Spot para recadar fondos para a viaxe a Londres dos alumnado de bacharelato. Prezo da entrada: 5€.

 

 

Concerto en Covaterreña
[23:40:18-05.03.09]

Mañá, venres 6 de marzo, o Grupo de Música de 2º de bacharelato ofrecerá un concerto no Colexio de Covaterreña, en Baiona.

A vindeira semana o Grupo de 1º de bacharelato visitará aos nosos veciños do Norte, cruzando a raia e adentrándose na sempre hospitalaria Terra de Turonio. O día será o luns 9 de marzo e a hora, as 12:00.

 

 

Novas do Club de Tenis
[23:50:18-04.03.09]

Os e as tenistas que adestran na pista do instituto (entre eles alumnos e alumnas do centro) veñen de xogar un torneo en Valga. Sofía quedou finalista na final da categoría infantil feminina. Sara, alumna do centro, foi a campioa da categoría júnior feminina e Alexandre e Federico (tamén compañeiro do instituto) xogaron a final infantil masculina.

Ángela e Juan, os adestradores- profesores do club, van dirixir ás tenistas na Liga Galega Interclubes, este sábado, ás 16:00 e contra o Club Náutico de Vigo. O domingo pola mañá tócalle aos rapaces, ás 10:00 contra o Club de Tenis de Negreira. Para a seguinte fin de semana as rapazas xogan como locais contra o Monterreal e os rapaces visitan ao Ponteareas.

Colaboran co Club de Tenis Deportes Carlos Miguel, a asesoría www.as4.es  e Excavaciones González e Hijos.

 

Actividades
[13:40:18-01.03.09]

Para esta semana (02-06 de marzo) están previstas as seguintes actividades:

- Martes 3 de marzo. O grupo escolar de Vichelocrego representará  para o alumnado de infantil do CRA: "Alicia no país das marabillas" ás 11:45 no IES Auga da Laxe.

-Venres 6 de marzo. O grupo de Música de 1º de bacharelato actuará fóra do centro. Horario 09:30-14:10.

Vichelocrego Teatro

 

Concerto de Es un árbol
[08:00:18-21.02.09]

Es un árbol, o grupo do que forma parte Sergio Álvarez profesor de Música do instituto, vai ofrecer un concerto no Café Clandestino, na Ramallosa.

A cita será o xoves 26 de febreiro contra as 20:30.

Hai máis información de Es un árbol en:

 

 

Entroido, 2009
[19:20:24-19.02.09]

 Este é o horario para o Venres de Entroido:                       

  • 09:30 -10:30: O alumnado de 1º e 2º da ESO disfrazarase nas aulas para poder participar logo nas comparsas por Gondomar.

  • 11:00:  Saída do alumnado de 1º e 2º da ESO cos seus titores e todos os alumnos e profesores que queiran acompañalos.

  • 12:00: Posto de venda a cargo dos alumnos e alumnas que irán a Londres.

  • 12:15-13:15:  Concurso de disfraces coas seguintes modalidades e premios:

    • Modalidade Grupo  

      • 1º premio de 100 euros cambiables por libros na Libraría Libraida.

      • 2º premio de 50 euros cambiables por libros na Libraría Libraida.

    • Modalidade Individual  

      • 1º premio de 75 euros cambiables por libros na Libraría Libraida.

      • 2º premio de 50 euros cambiables por libros na Libraría Libraida.

      • 3º premio de 25 euros cambiables por libros na Libraría Libraida.

    • Concurso de Caretas

      • 1º premio de 75 euros cambiables por libros na Libraría Libraida.

      • 2º premio de 50 euros cambiables por libros na Libraría Libraida.

    • Premio especial do Xurado á participación.

     

  • 13:30: Actuación do profesorado.

  • 14:20: Saída dos autobuses.

 

 

Axudas para participar en estadías e intercambios con centros educativos doutros países
[22:39:24-18.02.09]

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar axuda para participar en estadías e intercambios con centros educativod doutros países para favorecer a aprendizaxe activa de linguas.

Os interesados e interesadas poden atopar toda a información na orde publicada polo DOG número 32 do 16 de febreiro de 2009.

 

E por fin as gravacións de bacharelato
[07:02:00-15.02.09]

Tardar tardaron pero xa están aquí. Malia ser gravados a finais de decembro de 2008 os novos temashos en mp3 dos grupos de bacharelato ficaron perdidos polo ciberespazo. Rescatados das poutas de Matrix por unha tropa de elite preséntanse agora en rigorosa exclusiva mundial.

 

1º de bacharelato

2º de bacharelato

Anónimo Hey Joe Bitter sweet symphony Palabras para Julia
 
XLV Olimpíada Galega de Matemáticas
[21:07:00-12.02.09]

Mariña Vila, de 2º de Bacharelato, foi seleccionada entre máis de 150 participantes de toda Galicia para a fase final da Olimpíada Galega de Matemáticas celebrada en Santiago de Compostela o pasado sábado 7 de febreiro. 

Desde o noso sitio na Arañeira queremos darlle os parabéns a Mariña.

 

Con Iago Bea e Tomás Palamidessi agardando os resultados

 

Mariña, na porta da facultade con Tomás e Ángel Alonso, dous participantes do ano anterior.

 

Douscentos anos con Darwin

O 12 de febreiro de 2009, conmemoramos o douscentos aniversario do nacemento de Charles R. Darwin.

Achégate á súa vida con este vídeo de Youtube.

 


Preme encol da imaxe para ver o vídeo en YouTube

 

Aviso para o luns 9 de febreiro
[22:07:00-08.02.09]

Por mor das condicións meteorolóxicas "a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro.".

 

Concerto do grupo de 2º de bacharelato
[08:01:34-05.02.09]

O xoves 5 de xaneiro, o grupo de Música de 2º de bacharelato ofrecerá un concerto. Será contra as 12:00, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. A entrada é de balde.

 

Francisco Anguita no noso institutoFrancisco Anguita. Imaxe tomada do xornal 'El Mundo'. Prema na imaxe para ler a entrevista publicada no xornal en 2007.
[19:00:09-22.01.09]

O venres 23 de xaneiro, contra as 12:30, contaremos entre nós cunha presenza de excepción. Trátase do xeólogo Francisco Anguita, un dos maiores expertos en Xeoloxía planetaria, Vulcanoloxía e Historia planetaria, quen vai ofrecer unha charla aos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato e aos de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de bacharelato co título La Tierra y Marte, extraños hermanos.

Durante moitos anos Francisco Anguita foi profesor da Universidade Complutense de Madrid , así como profesor invitado na  de Zaragoza e outras universidades de México e Arxentina. Desde sempre Francisco Anguita está moi interesado na docencia das ciencias planetarias en todos os niveis do ensino. Así, é o fundador da AEPECT (Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) que conta con máis de mil socios en España, Portugal e Latinoamérica.

Ten numerosos libros publicados. Seica o máis coñecido entre nós e a súa magnifica Biografía de la Tierra (Biblioteca, número 9739). Outros, coma o anterior, tamén de carácter divulgativo, son Historia de Marte: mito, exploración y futuro e Crónicas del Sistema Solar.  Ademais, publicou artigos de investigación, libros técnicos e científicos e participou en expedicións naturalistas.

 

Premios
[23:00:00-15.01.09]

Con atraso pero aquí queda constancia dos dous premios á innovación educativa gañados por profesoras do noso instituto. Trátase de O blog de diver de Marta Moro e María Jesús Buitrago e Aprender a aprender na biblioteca escolar de Concha Costas e Cristina Abalde.

Parabéns!