IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2008>xuño

 

Vacacións!

Nun anaquiño estaremos (case) todos de vacacións. Tamén nuns días colgaremos aquí o calendario e horario de exames de setembro.

As novidades sobre a ESO e o bacharelato quedan colgadas na sección Documentos.

Co rescate dun poema dos que están no departamento de Lingua e literatura española desexamos un bo verán para todos.

 

DÍAS DE TREINTA GRADOS

Es verano por fin. Por la mañana,

los jardines en flor, recién regados,

cantan su exuberante vida y sana

            en mil aromas vagos.
 

Es verano por fin. A mediodía,

el sol hace empaparse nuestras sienes

de sudor animal, y una alegría

            salvaje nos enciende.
 

Es verano por fin. Al caer la tarde,

un brillo anaranjado el aire tiene.

Arde una rosa, y la mejilla arde

            de un bello adolescente.
 

Es verano por fin. Y por la noche,

una brisa estelar refresca el mundo,

y no hay lugar para ningún reproche.

Es verano por fin. ¡Que dure mucho!

Carmen Jodra Davó, Las moras agraces, 1999

 

Fin de curso

Temos un remate de curso moi completiño e, para os que non len os carteis colgados por todo o instituto, velaquí queda o calendario e horario dos tres últimos días desta semana. Estas actividades rematarán contra as 12:00 do venres 20 de xuño.

Xa no serán do vernes 20 de xuño celebraremos a Festa Fin de curso. Preme aquí para coñecer o programa de actividades e  seu horario.
 

Programa de actividades para os días 18, 19 e 20 de xuño

Día 18 de xuño
(Desde as 12:00)

Concerto de Y frutas disecadas (Grupo da tarde)
Lugar: Patio interior central
Hora: 13:00

Día 19 de xuño

Torneo de Futbito
Lugar: Pista polideportiva exterior
Hora: 9:30-15:00

Práctica de Tai Chi
(Asistencia libre para o alumnado e profesorado)
Lugar: Ximnasio
Hora: 9:30

Representación da obra Alicia no País das Marabillas a cargo do Grupo escolar de Vichelocrego Teatro
(Asistencia libre para todo o alumnado)
Lugar: Salón de actos
HORA: 10:30

Concerto de 3º ESO A
Concerto de 1º bacharelato

Lugar: Patio interior central
Hora: 13:00

Día 20 de xuño

Torneo de Futbito (continuación)
Até as 12:00

Concerto de 3º ESO B
Concerto de 2º bacharelato

Lugar: Patio interior central
Hora: 10:30

Festa Fin de curso. Venres 20 de xuño.                  ^


21:00. Visita guiada ao Centro

21:30. Acto no Patio Central  Interior

  • Presentación

  • Actuación 3º ESOA música

  • Actuación 3º ESOB música

  • Collage (peza de monicreques representada por 1º ESO)

  • Actuación 4º ESO música

  • Actuación de Vichelocrego Teatro (escena de Alicia)

  • Actuación de 1º Bacharelato música

  • Lembranza do profesor Luís Paz

  • Actuación 2º Bacharelato música

  • Vídeo-fotos (reportaxe fotográfica con todo o acontecido no ano)

  • Actuación do grupo de música da tarde Y frutas disecadas

  • Despedida

22:30. Petiscos de confraternidade

 

 

Máis música!

O sábado 14 contra as 22:30 o grupo de  2º de bacharelato ofrecerá un concerto na Cafetería Cooper, na rúa Palos de la Frontera, 7, en Baiona. A entrada é de balde.

Ademais, velaquí queda a ligazón ao sitio en MySpace do grupo de 4º de ESO. As autoras foron Debo e Maite e inclúe dous temas (Fumar mata e Lidia in Furs) gravados na Aula Estudo 1.0 ás ordes de René Muíños.

 

Blue Jeans

Tres das gravacións de Blue Jeans xa están dispoñíbeis tanto desde aquí como desde o seu sitio en MySpace. Os temas presentados e gravados na Aula-Estudo 1.0 son:

Blue Jeans son Santi, Poli e Adrián. René Muíños foi o xefe de gravación.

 

Calorvaga calor

Despois da chuvia veñen uns cantos días de calor do case-verán que aí está. Para o venres 23ºC de máxima, 26ºC para o sábado e 27ºC para o domingo. E xa para a volta ao choio, un luns de 28ºC. Iso é o que prevé MeteoGalicia quen, por certo, activou o servizo de información de vagas de calor de 2008.

 

Día Mundial do Medio Ambiente

Promovido pola ONU cada cinco de xuño celébrase desde 1972 o Día Mundial do Medio Ambiente. A celebración pretende converternos en axentes activos a prol dun desenvolvemento sustentábel e equitativo.

A Consellaría de Medio Ambiente puxo a disposición de todos un novo sitio, Conservación da Natureza, con todo tipo de servizos e información sobre a protección ambiental en Galicia.

 

 

Novas da Consellaría

A Consellaría de Educación vén de publicar no Portal Educativo as seguintes novas de interese:

 


E máis Vorticella

Temos unha nova gravación dun Vorticella en acción.

Margarita Miramontes aplicou máis aumentos ao seu microscopio, preparou a cámara e velaquí o resultado: un Vorticella xirando a coroa de cilios e levando cara a súa boca todo o que cae no microremuíño que forman.

Para saber máis dos Vorticella: Vorticella na Wikipedia

Para ver os vídeos sen ningún problema: VLC Player


.MOV

.AVI

.MP4