IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2008>curso_2008_2009

 

Cambio do noso sitio na Arañeira
[18:25:46-18.12.08]

Á volta das vacacións, xa no vindeiro 2009, comezaremos a migración do noso espazo web ao proxecto de webs dinámicas da Consellaría de Educación. O aspecto do sitio será este. Daquela, moitos dos contidos actuais non estarán a vosa disposición durante algún tempo.

Até 2009.

 

Concerto de Es un árbol (con gravación en directo)
[22:00:18-16.12.08]

Es un árbol, o grupo do que forma parte Sergio Álvarez profesor de Música do instituto, vai ofrecer un concerto no Teatro Ensalle en Vigo. Vai ser unha ocasión especial xa que gravarán un álbum en directo.

A cita será o xoves 18 de decembro contra as 22:00 no Teatro Ensalle, rúa Chile, 15.

Hai máis información de Es un árbol en:

 

 

I Torneo de tenis escolar Concello de Gondomar, Nadal 08
[07:42:21-16.12.08]

Desde finais do curso pasado as instalacións deportivas do instituto acollen unha escola de tenis. Grazas aos esforzos da ANPA As Gaiandas e de Juan Freitas e Ángela Jurado, profesores da Escola de tenis, xurdiu o Club de Tenis Gondomar. Agora, o club, en colaboración coa concellería de deportes do Concello de Gondomar, organiza o I Torneo de tenis escolar Concello de Gondomar Nadal 08.

Os partidos celebraranse os días 20 e 21 de decembro. As mozas e mozos participantes deberán presentarse nas instalacións do noso instituto antes das 10:00 do día 20.

Se precisas máis información sobre o torneo podes chamar aos números 986363724 e 680124239.

 

Biblioteca de portas abertas
[23:42:50-15.12.08]

O mércores 17 de decembro, ás 18:00, a biblioteca acollerá a xuntanza trimestral do Club de lectura. A sesión estará dedicada á poesía. Aproveitando a ocasión o Grupo de biblioteca convida a todas as familias do alumnado de 1º e 2º de ESO para presentarlles a biblioteca, mostrar a sección de materiais educativos para pais e nais e falar do programa de actividades.

 

X  Cross escolar do Val Miñor
[23:40:20-15.12.08]

O Concello de Baiona e outras entidades organizan o X Croos escolar do Val Miñor. Para recibir máis información cómpre ir ao Pavillón municipal de Baiona ou chamar ao 986 356 558.

 

 

Flea Market
[08:15:43-12.12.08]

Hoxe, 12 de decembro, comeza o Flea Market organizado polos alumnos e alumnas de bacharelato e o Departamento de inglés. O obxectivo do mercadiño é recadar fondos para a viaxe a Londres en 2009.

O mercadiño estará aberto o venres e sábado en horario de mañá e tarde e o domingo unicamente pola mañá. As tardes están pensadas para recibir as visitas de todo aquel que queira deixar uns cantos euros e levarse algunhas das cousas (a verdade ben curiosas) que están á venda.

 

Por un consumo responsábel
[19:45:18-11.12.08]

SOGAMA (Sociedade Galega para o Medio Ambiente) e a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) presentaron a campaña Non merques residuos e aforra recursos. A iniciativa pretende divulgar unha serie de recomendacións e consellos para disfrutar das vindeiras datas dunha forma racional e sostible, protexendo o medio ambiente e evitando o gasto inútil.

As recomendacións de SOGAMA poden descargarse desde aquí ou premendo na imaxe de arriba á dereita.

 

 

Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
[08:04:59-10.12.08]

Hoxe, 10 de decembro, celebramos o sexaxésimo aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Como en anos anteriores, os alumnos e alumnas de Relixión Católica traballaron arreo nas últimas semanas para lembrar esta significativa data.

Os seus traballos poden verse no patio central do instituto.
 

 O Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos en:

 

 

 

 

 

Concerto de Es un árbol
[19:18:53-03.12.08]

Es un árbol, o grupo do que forma parte Sergio Álvarez profesor de Música do instituto, vai ofrecer un concerto.

Será o xoves 4 de decembro no Clandestino (A Ramallosa) contra as 22:30.

Podes atopar máis información de Es un árbol en:

 

 

 

Constituído o novo Consello Escolar
[21:35:35-02.12.08]

Despois  das eleccións parciais celebradas en novembro de 2008 e da renovación do equipo directivo (xullo de 2008) a composición actual do Consello Escolar é a seguinte:

  • Presidente e director do centro: Sergio Álvarez Vázqiez

  • Xefe de Estudos: Roberto Vázquez Rozas

  • Secretario: Alberto Cifuentes Torres

Representantes do profesorado:

  • Cristina Abalde Martínez

  • Margarita Cachaza Valeiro

  • Elena Fernández Domínguez

  • Manuel Anxo Fortes Torres

  • Manuel Lado García

  • Eugenia Mariñas Guimeráns

  • Ramón Sestelo Fernández

Representante do Persoal non docente:

  • Fernando Rodríguez Fernández

Representantes do alumnado:

  • Beatriz Albán Cabaco

  • Eva Parada Antón

  • Juan Rodríguez Bas

  • Katya Rodríguez González

Representantes dos pais e nais:

  • Ángeles Blanco Prieto

  • José Manuel Fernández Rodríguez

Representantes da ANPA As Gaiandas:

  • Margarita Pérez Alborés

Representante do Concello de Gondomar:
  • Xosé Antonio Araúxo

 

 

Actualizado o horario de titorías
e atención dos membros da Xunta directiva
[07:48:55-27.11.08]

Xa están actualizados os horarios de atención ás nais e pais do alumnado, tanto dos titores e titoras dos grupos correspondentes como os da xunta directiva do centro.

 

Flea Market
[23:01:05-25.11.08]

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato organizan un mercadiño de segunda man co obxectivo de recadar fondos para a viaxe a Londres en 2009. Os organizadores aceptan donacións.

Ademais, estrean un blog para seguir o mercadiño. Proximamente quedará fixado o calendario e horario no que permanecerá aberto, pero adiantan que será na última semana antes das vacacións de Nadal.

 

 

Eleccións para o Consello Escolar
[08:00:59-21.11.08]

Os vindeiros luns e martes poderemos elixir aos nosos representantes no Consello Escolar do centro. O calendario de votacións é o seguinte:

  • Representantes do alumnado: luns 24 de 17:00 a 18:40
  • Representantes das nais e pais: luns 24 de 17:00 a 20:00
  • Representantes do persoal non docente: luns 24 de 17:00 a 20:00
  • Representantes do profesorado: martes 25 de 12:00 a 12:30
 

E máis blogs
[21:55:41-19.11.08]

Pois este corresponde á materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato. Ten novas sobre ciencia, ligazóns e outro contidos de interese. O seu nome é Blog CCMC e está encadrado no Programa Climántica, Proxecto de Educación Ambiental Cambio Climático.

Ciencias para o Mundo Contemporáneo é unha materia impartida pola profesora Margarita Miramontes do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

 

TICs para educar
[23:18:23-18.11.08]

Os alumnos e alumnas de TIC de 1º de bacharelato queren lembrar con este abraiante blog que o día 25 de novembro é o Día Internacional da Violencia contra a Muller.

O blog recolle novas, estatísticas, unha webquest e outros contidos sobre a violencia de xénero. TIC é unha materia do departamento de Tecnoloxía.

 

 

Consello Escolar
[10:01:12-15.11.08]

O xoves 13 de novembro celebráronse dúas reunións do Consello escolar. Na primeira resolverónse dous expedientes disciplinarios. Na segunda aprobouse a proposta de actividades extraescolares e complementarias. A listaxe de actividades pode consultarse nesta páxina.

Lembramos que o proceso para elixir aos representantes no Consello escolar segue adiante. O luns 17, contra as 12:00, a Xunta electoral proclamará a listaxe definitiva de candidatos.

 

Actualizacións
[12:06:45-09.11.08]

As novas programacións das materias do departamento de Bioloxía e Xeoloxía están a disposición de todos picando aquí.

 

Actividades extraescolares V.2.0
[12:00:01-09.11.08]

A proposta de actividades extraescolares e complementarias vai aumentando. Se non hai máis variacións esta será a proposta que se levará a estudo e aprobación polo consello escolar que se convocará para o vindeiro xoves 13 de novembro.

 

 

Para entender a crise
[23:31:45-06.11.08]

Varias recomendacións para entender a crise económica. A primeira é un artigo d' El País recomendado polo departamento de Economía. O autor é Paul Krugman, Premio Nobel de Economía de 2008. A segunda é o blog de Leopoldo Abadía, en especial, o artigo dedicado á crise Ninja. A terceira é o resumo da Wikipedia e a súa escolma de referencias e ligazóns.

 

 

Exames de pendentes de Lingua e literatura española
[21:35:09-06.11.08]

O departamento de Lingua e literatura española colgou as normas para os exames de pendentes das súas materias. Os documentos son os seguintes:

 

Actividades extraescolares e complementarias e PCPI
[12:04:09-01.11.08]

Xa podemos consultar a proposta inicial de actividades extraescolares e complementarias para este curso 2008-2009. As actividades están ordenadas por departamento organizador, datas e curso ou nivel.

Ademais, xa está actualizada a información correspondente aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten no centro.

 

Calendario escolar
[20:42:46-30.10.08]

Xa está colgado o calendario escolar 2008-2009 no que se detallan os días  lectivos, o calendario e horario das avaliacións, os días non lectivos, as vacacións ;-)