IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2008>marzo

 

Auditorio do Concello de CangasVenres 28: música e teatro

O grupo de música de 1º de bacharelato abrirá a sesión do 5º concurso de teatro inmediato do venres 28 de marzo.

O grupo completo está formado por vinte e un compañeiros e compañeiras e vén de ofrecer un concerto no Auditorio do Concello de Cangas organizado polo IES María Soliño (12.03.08).

 

Grupo de 1º de bacharelato

Andrea

Voz, clarinete Bb

María

Xilófono I

Andrea

Voz, saxo alto

 Cristina

Xilófono II

Rocío

Frauta traveseira

 Leticia

Xilófono III

Graciela

Frauta de pico I– carillón

 Manuel

Carillón

Yaiza

Frauta de pico II– carillón - pandeireta

 Nerea

Guitarra eléctrica

Jesús

Saxo alto

 Leticia

Guitarra eléctrica

Xurxo

Gaita– saxo alto – pandeireta

 Yolanda

Teclado I

Noelia

Metalófono cromático

 Santiago

Teclado II

Gonzalo

Metalófono I

 Yéssica

Baixo

Cristina

Metalófono II

 Alba

Batería– xilófono

Jose

Metalófono III

 

5º Concurso de teatro inmediato

Con  motivo da celebración do Día Mundial do Teatro o grupo Vichelocrego Teatro convoca o 5º Concurso de teatro inmediato.

O concurso conta coa colaboración do instituto e a empresa de gráfica publicitaria Obatalá. Os textos están sendo enviados desde as 18:00 do mércores 26 de marzo por correo electrónico. Tamén poden ser recollidos no instituto.

As representacións terán lugar o venres, 28 de marzo, no instituto, a partir das 21:30. Os concursantes deberán presentarse á organización ás 20:00.

Bases para o 5º Concurso de teatro inmediato

 

TecnoWeb

Tal é o nome da páxina de Xoán Carlos Pombo, profesor de Tecnoloxía do noso instituto, e onde podemos ver os vídeos dos vehículos seguidores de liña negra que fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO. Ademais, están colgadas asfotografías doutros vehículos (máis seguidores de liñas negras e os pegatortas).

Os aparellos están expostos nos estantes con vidro situados á dereita da porta do ascensor.

En TecnoWeb, os interesados e interesadas poden consultar as fichas de Electrónica dixital, Mecanismos ou as datas dos exames.

 

Club de lectura

A biblioteca do instituto convoca a súa próxima sesión de Club de lectura para o mércores 16 de abril de 2008, ás 18:00h. O libro proposto é La Tierra herida, de Miguel Delibes e Miguel Delibes de Castro.

Con esta proposta a biblioteca do IES Auga da Laxe continúa cos actos do Ano Internacional da Terra, apoiando as exposicións e as actividades que están celebrándose no instituto.

La Tierra herida. ¿Qué mundo heredarán nuestros hijos? é un diálogo entre os dous Delibes, un cento de  preguntas, dúbidas e intercambio de coñecementos sobre o cambio climático, a perda de biodiversidade, a escaseza de auga, a superpoboación ou a desertificación. 
 

 

Temporal de vento polo norte

A resaca das eleccións do domingo quitáronlle protagonismo a un fenómeno meteorolóxico adverso, anunciado e previsto. Non obstante, a magnitude das ondas que asolagaron e estragaron o paseo marítimo da Coruña foron excepcionais.

En Youtube podemos ver este curto vídeo (dez segundos) dunha desas ondas xigantes, a que mancou a tres persoas e estragou máis de setenta metros do paseo.

En Cabo Vilán rexistraron ondas cunha altura superior aos 12 metros.