Capturadores de pantalla
Velaí van dous programas que serven para capturar
pantallas, total ou parcialmente. Os dous programas son
moi pequenos, funcionan moi ben e son gratuítos.
|
Premio
para Marta Moro
Marta Moro, a orientadora do noso centro, gañou o
primeiro premio na modalidade de investigacións dos
convocados polo
Instituto Galego de Consumo, dependente da
Consellaría de Innovación e Industria.
O traballo premiado titúlase Imos á publicidade.
Elaboración dun material educativo audiovisual para a
identificación de contravalores na publicidade de
televisión. Trátase dunha análise do que, ademais do
evidente, aparece nos anuncios da televisión.
Parabéns, Marta!
|
Novas en Orientación
O
departamento de Orientación vén de engadir novos
contidos á súa sección dedicada ás familias. Trátase
dunha presentación en Power Point e dous vídeos
de Emilio Calatayud, xuíz de menores en Granada e dúas
ligazóns para a instalación de programas de control
parental.
|
Garantía social
Os
alumnos e alumnas do Programa de Garantía Social
amosáronse moi interesados en participar nas actividades
organizadas no instituto. Aquí os vemos, sorprendidos
pola reporteira gráfica, en plena faena investigadora
arredor das consecuencias que para Galiza tivo o
afundimento do malfadado petroleiro Prestige no
ano 2002 e tamén botándolle una ollada á exposición de
restos de cetáceos organizada por CEMMA.
Elas
e eles, as e os alumnos do PGS, compatibilizan a
formación de base no instituto nos distintos ámbitos de
ensino coa aprendizaxe en diversas empresas da comarca.
|
Maís gravacións

Están colgados dous novos arquivo mp3. Trátase de
Keep on rockin'in the world free e Si
empujas a Pablito, gravadas o 29 de xaneiro polo grupo de
2º de
bacharelato.
No Top Baixadas (versión of all times) todo segue igual
e o Íntegro Rañolas continúa á cabeza da
listaxe con 174 descargas. Pero que ande
con ollo: o recen chegado
Yemen Song
é o arquivo máis descargado en 2008
situándose no sexto posto do total.
|
Exposición sobre o Prestige
Coa exposición
A
muller, innovadora na ciencia e mais a dos
cetáceos de CEMMA,
está aberta outra chamada Prestige, crónica
negra dun modelo enerxético insostible.
A
exposición está formada por trece paneis explicativos da
catástrofe ambiental que comezou o 19 de novembro de
2002. Este material é propiedade do
Centro de
Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de
Galicia (CEIDA).
Ademais, están expostos tres paneis adicionais feitos
polos alumnos e alumnas de PIN de 1º de ESO.
Neles resumen un trimestre de traballo e reflexión sobre
o que para eles é o desastre do Prestige.
|
Comeza o xogo!
O mércores 13 de febreiro comeza o xogo de
A muller, innovadora na ciencia. Para chegar ás
preguntas cómpre premer no botón vermello que está na
columna da esquerda.
Lembra que podeparticipar todo o alumnado do centro e
repartiranse dous premios, un para a ESO e outro para
bacharelato. Aquí están publicadas
as bases do
concurso.
|
Exposición de CEMMA
A
Coordinadora para o
Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) abriu unha
exposición sobre cetáceos.
Paula Pérez e José
Martínez Cedeira instalaron tres mesas con restos de
cetáceos obtidos dos varamentos destes animais nas
costas galegas. Ademais, están expostos uns paneis
explicativos sobre a bioloxía dos cetáceos, os problemas
ambientais aos que se teñen que enfrontar e a actividade
de CEMMA.
Nun ordenador está dispoñíbel unha presentación cos
sons que emiten diferentes especies de cetáceos.
A exposición estará aberta até o martes 19 de
febreiro.
|
L´institut
parla català
Són més de
vint entre professors, alumnes i
una mare. Tots els dijous és
reuneixen a l´institut per
parlar una mica en català. És el
primer pas. Ara estan preparant
les maletes per anar-se´n a
Barcelona a primers del mes
d´abril. Mentrestant, estan
fent un intercanvi via correu
amb alumnat de dos instituts
catalans: l´IES Sant Just
Desvern i l´IES Vil.la Romana de
La Garriga (poble amb què vam
fer un intercanvi ja fa deu
anys, com passa el temps!). No
sabem fins a on arribarà aquesta
aventura però, de moment, el
vaixell navega per l´oceà. Tal
volta sigui aquesta l´única
vegada...Qui ho sap?
|
|
|