IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2007>xuño

 

Velaí vai a despedida

Pois si. Despedímonos até setembro lembrando un par de cousiñas. En primeiro lugar, os parabéns de todos aos aprobados e aprobadas en todos os cursos e, especialmente, á boa representación do instituto nas selectividade. En segundo lugar, máis parabéns para o Grupo de Biblioteca e o seu premio da Consellería de Cultura polo programa de actividades que desenvolveu nos meses de abril e maio.

Tamén queremos deixar constancia de que a gañadora do xogo de busca Etapa a etapa foi Marta Antón de 4º de ESO.

Polo demais, deixamos unha “copia de peto” do vídeo resumo das actividades de 2006-2007, presentado na noitiña do 22 de xuño (Ollo, malia que é pequeno ocupa 17MB. Ábrese con Windows Media).

Por último non esquezades que o hoxe venres 29 de xuño, contra as 21:00, a sección de alumnos e alumnas de Vichelocrego Teatro representará A pousadeira no salón de actos do instituto.

Até setembro!


 

Concertos de fin de cursoConcertos de fin de curso

Unha incidencia non deixou actualizar o noso sitio desde a semana pasada. O corte tamén afectou ao acceso a estas páxinas tanto o luns como o martes. Malia todos estes atrancos, as descargas do concerto íntegro do Café Rañolas xa case alcanza as catro ducias :-)

Volvemos agora que podemos para anunciar os concertos de fin de curso:

  • Mércores 20: 3ºB e 4º de ESO
  • Xoves 21: Grupo de ex alumnos do centro
  • Venres 22: Grupo de 1º de bacharelato.

Todos os concertos ás 12:30, no patio interior do centro

 

Seguimos de viaxe

Continúa no patio central a exposición de libros da biblioteca sobre viaxes, pero o venres 15 de xuño, remata o xogo de busca Etapa a etapa, catro itinerarios para dar coas respostas correctas a catro preguntas que constitúen as distintas etapas. 

Toda a información sobre o concurso está en Bibliolaxe. Lembra, tes de tempo até ás 12:30 do venres 15.

Entre os participantes que opten por realizar unha das catro viaxes sortearase un cheque de 20 euros para gastar nalgunha librería de Gondomar. Ademais, haberá un premio especial: entre todos os que decidan realizar as catro viaxes respondendo correctamente as 16 preguntas do xogo sortearemos un cheque de 50 euros para gastar tamén nalgunha librería da vila.


Gravación do concerto no Rañolas

Na sección de descargas do Departamento de Música está colgada a gravación íntegra do concerto no Café Rañolas do pasado oito de xuño. Os intérpretes son o grupo de 2º de bacharelato.   

Se cadra tes que ter un pouco de paciencia porque o MP3 no que está gravado pesa algo menos de 43MB.


Nova materia para o curso 2007-2008

Taller de iniciativas emprendedorasA nova lei de educación vén cunhas cantas novidades. Unha delas é unha materia chamada Taller de iniciativas emprendedoras. 

O departamento encargado de impartila é o de Economía. Para dar a coñecer o que vai ser esta nova materia colgaron un interesante tríptico en formato PDF.

 

 

Concertos do venresConcerto do pasado venres no Café Rañolas.

Por “problemas informáticos” foi imposíbel dar aviso do concerto do pasado venres no Café Rañolas.  

Os intérpretes foron alumnos e ex alumnos do instituto. Si chegamos a tempo de avisar que volverán a tocar o xoves 21 de xuño, contra as 12:30, esta vez no instituto.

Tamén o pasado venres oito, o grupo de 2º de bacharelato deu o seu único concerto do ano no instituto. Ao día seguinte, o sábado nove, o mesmo grupo deu un concerto dentro da entrega de premios Conde de Gondomar, no auditorio Luís Tobío.

Unha boa ferramenta para as clases ou para pasar o tempo

Worl Wind da NASAÉ World Wind, un programa que mostra a Terra desde o espazo exterior. Partindo dun punto da atmosfera cunha ferramenta zoom podemos achegarnos a calquera localidade coma se viaxásemos nunha nave espacial.

O programa é de balde, da NASA e ten varias opcións (ver sobre o terreo os mapas políticos, nomes de países, fronteiras, bandeiras, localizador...). Por se fose pouco, tamén mostra os accidentes xeográficos da Lúa, Xúpiter, Marte e Venus.

O enderezo para descargalo é este, é unha aplicación de balde, a instalación final precisa 16 MB do disco duro e está en inglés.

 

Día do Medio ambiente

O cinco de xuño e o Día do Medio ambiente. Para celebralo, que tal se plantas unha árbore?

No laboratorio de Xeoloxía están a túa disposición carballos, castiñeiras e camelias do viveiro no que traballaron os compañeiros de 4º de Diversificación curricular. Achégate por alí e lévate unha arboriña.