IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2007>xaneiro

 

Novidades na bibliotecaBiblioteca

Na sección da biblioteca podedes atopar unha relación das novidades que recibimos nestas últimas semanas. Están agora mesmo nun expositor á entrada da biblioteca para que lles poidades botar unha ollada con máis facilidade, pero nos próximos días pasarán a ocupar o seu lugar nos andeis e estarán xa ao voso dispor para préstamo.

 


 

Dúas linguas estranxeiras para o vindeiro curso

Os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de ESO estudarán e practicarán dúas linguas estranxeiras a partir do curso 2007-2008. Actualmente, o noventa e cinco por cento dos alumnos galegos elixen francés como segunda lingua estranxeira. O cinco por cento restante escollen inglés ou, se é posíbel, portugués ou alemán.

Por outra parte, a Consellaría de Educación vén de publicar o número catro do Boletín informativo

Ademais, aquí temos gardada unha copia do DOGA coa convocatoria dos Fondos Sociais de 2006.

 

Os novos ordenadoresOs novos ordenadore na aula de informática.

Hai un par de semanas que chegaron trece novos ordenadores de sobremesa, enviados pola Consellaría de Educación. Desde a súa chegada o profesor José Antonio López púxose mans á obra para substituír os vellos equipos da aula de informática. E non estivo só pois contou coa axuda de Jónathan Pérez Estévez e, ademais, de Santiago Alonso Costa, Iván Alonso Costas, Hadrían Bolado Mínguez, Oscar De Saa Leyenda, Joao Paulo Matos Gouvela Bacalhau e Brais Regueiro do Espíritusanto de 2º de ESO e  David González Martínez, Jesús Laso Villar, Santiago López Rodriguez, Manuel Martínez Argeitos, José Martinho Pereira Salgado, Leticia Rodríguez Carballal, Juan Sanromán Quintas, Alberto Suárez Ferreira e Nestor Veiga Amorín de 4º de ESO. Todo un equipo de informáticos.

 

O tempo para a fin de semana

O tempo para a fin de semanaA vaga de frío parece retirarse e a semana próxima comezará cun ambiente un pouco máis quente. Antes teremos que pasar uns cantos días máis de frío. 
O Instituto Nacional de Meteoroloxía ten un servizo de predición por localidades. Na relación está Gondomar e a imaxe da esquerda correspóndese co prognóstico para os vindeiros días (preme encol da imaxe para poder ler o texto). En MeteoGalicia podemos consultar a predición para Vigo, como localidade con prognóstico máis próxima a Gondomar.

 

Consello EscolarA PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA NA MELLORA DA CALIDADE DO ENSINO.

Para hoxe, xoves 25 de xaneiro, está convocado o Consello Escolar do instituto. A xuntanza será a partir das 20:00 e trataranse entre outros os seguinte asuntos: informe económico de 2006, informe económico da biblioteca, aprobación de novas actividades extraescolares  e información sobre as PAAU.

Por outra parte, no sitio da Consellaría de Educación está colgado un documento- enquisa sobre a participación nos consellos escolares dos centros. Esté é o enderezo para baixalo. Para envialo xúnteo nunha mensaxe electrónica a este enderezo: conselloescolar@edu.xunta.es

 

Olimpíada Matemática

Na imaxe, desde a esquerda, Carlos, Juan José, Tomás e Ánxela.O departamento de Matemáticas volveu participar na Olimpíada Matemática Galega

A XLIII edición de Olimpíada celebrouse os días 19 e 20 deste xaneiro en Santiago de Compostela. Pola nosa parte, contou coa participación de Carlos Peón, Tomás Palamidessi e Juan José Pena, alumnos de 1º de bacharelato e a alumna de 2º de bacharelato, Ángela Piñeiro.

Parabéns a Carlos, Juan José e Ángela que foron seleccionados na primeira proba, entre 150 alumnos e alumnas de toda Galicia.

 

Formulación QuímicaMolécula de benceno.

Carlos Alonso, profesor de Química no IES Ricardo Mella de Vigo, vén de colgar na Rede esta páxina sobre Formulación química na que presenta os distintos tipos de substancias e como se formulan segundo a normativa da IUPAC

Formulación química conta con exercicios test autoavaliativos onde poñer a proba o que vas aprendendo, ademais de modelos tridimensionais de compostos orgánicos, unha táboa periódica actualizada, etc.

 

Actualizacións das seccións

Os departamentos didácticos seguen engadindo ou renovando os contidos das súas seccións. 

O departamento de Lingua e Literatura española vén de engadir o texto legal que fai referencia á perda do dereito á avaliación continua. O departamento de Música renovou o deseño do seu sitio e engadiu as liñas xerais das actividades do presente curso. O departamento de Bioloxía e Xeoloxía conta como vai ser a organización da súa participación no programa Ambientum da Deputación de Pontevedra.


 

Linguas internacionais

Xilgaro.Pode que non falemos o noruegués con fluidez pero para entender o que esta páxina ten que dicir non fai falta máis. Trátase do sitio da Asociación Ornitolóxica Noruega que publica unha relación de 338 aves de Europa e os seus cantos, gardados en arquivos MP3. Por exemplo, preme aquí para oír o canto dun paporrubio (Erithacus rubecula) ou aquí para oír o dun xílgaro (Carduelis carduelis).

 

 


 

O Ano do Planeta Terra

O Ano do Planeta TerraO presente 2007 é o Ano Internacional Polar, un plan de investigación e observación internacional das rexións polares. Ademais, é o Ano Internacional da Heliofísica e o Ano Xeofísico Electrónico. Trátase dun esforzo científico internacional para mellorar o noso coñecemento sobre o  planeta e o sistema solar e unha preparación para o Ano do Planeta Terra de 2008, cuxas actividades desenvolveranse durante o trienio 2007-2009.

Podes atopar máis información premendo nas ligazóns sinaladas no texto e neste artigo de Galicia Hoxe.

 

O noso amigo GordonO Gordon achegándose ás costas galegas en setembro de 2006.

Comezamos o curso coa chegada do furacán Gordon e a suspensión do primeiro día de clase. Se queremos saber algo máis daquel furacán, o Instituto Nacional de Meteoroloxía vén de publicar un documento coas características deste fenómeno meteorolóxico que, de cando en vez, visita o país.

 

Polo Monte

Polo MonteCatro consellarías, a de Educación entre elas, convocan o proxecto de innovación educativa Polo Monte. O proxecto “propón a realización de traballos de investigaciónpara caracterizar e coñecer o territorio dende distintas perspectivas”. A inscrición estará aberta desde o 20 de xaneiro até o 20 de febreiro.

Ademais, está convocada unha Campaña de seguridade para o fomento nos centros de ensino de medidas de autoprotección fronte aos incendios, unhas xornadas sobre O monte e o desenvolvemento sostíbel e a Semana forestal, sete días de marzo dedicados aos bosques e ao seu valor.

 

O que contan as películas da Disney

Vieiros da Escola vén de publicar un novo número, o correspondente a este mes de xaneiro. É unha análise das películas da Disney que deixa ao descuberto toda clase de estereotipos discriminatorios.

O traballo é de Patricia Digón Regueiro, profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A edición de Nova Escola Galega.

 

Novidades do departamento de TecnoloxíaNovidades do departamento de Tecnoloxía

O departamento de Tecnoloxía engadiu novos contidos na súa sección: unha galería de imaxes dos proxectos do primeiro trimestre de 3º de ESO, un curto vídeo dun dos proxectos e un documento pdf describindo os proxectos e actividades. 

Pasen e vexan aos inventores, inventorase os seus trebellos.


 

Boletín informativo da Consellería de EducaciónBoletín informativo

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou o primeiro número do Boletín informativo. Trátase dunha edición electrónica que está a disposición de calquera que teña unha conta de correo da Consellería de Educación.

No primeiro número fálase dos premios de innovación educativa, dos de innovación lingüística en lingua galega e transversalidade, ademais do anuncio da publicación no BOE do decreto de mínimos para a educación secundaria e outros asuntos.

O boletín terá unha periodicidade semanal. As vindeiras entregas En sucesivas entregas atoparémolas no portal educativo, na sección de profesorado, no apartado de publicacións. Nese enderezo tamén podemos ler este primeiro boletín.


 

Paseo por un parque virtualDar unha volta por Castrelos

O Parque de Castrelos de Vigo é un lugar ben fermoso para dar unha volta en calquera época do ano. Se cadra desprazarmos até o parque é complicado en tempo de clases. Tranquilidade! ante todo,moita calma: hai unha alternativa. Un grupo de profesores doutros institutos fixo un impresionante traballo, Paseo por un parque virtual, un “percorrido ecolóxico e literario pola natureza urbana”. Os autores son a profesora Manon Funes Hurlé e os profesores José A. Garabatos Cuadrado e Jorge Pedrosa Rúa.

Paseo por un parque virtual está considerado no top 100 dos Awards elearning of Europe 2006 e gañou o primeiro premios CNICE do Ministerio de Educación español.


 

Auga da Laxe no código de Matrix. Onde estás Neo (ou onde estás Trinity)?A triloxía de Matrix

Gústache a triloxía de Matrix? E a Filosofía? Ben, pois aquí tes unha páxina que une unha cousa e a outra, tratando o "problema do real" e mais o "da liberdade" aproveitando as tres películas de Matrix.

 A páxina é froito dun proxecto do Centro de Filosofía para Niños do Principado de Asturias e tamén do libro gañador do Premio Aula de 2006 ao mellor libro de educación e divulgación educativa, financiado pola Obra Social de Caja Madrid.


 

Antigos alumnosÁ esquerda Rafael Comesaña. Á dereita Jose Luis Fernández, director do departamento de Metroloxía óptica da Universidade de Vigo.

Rafael Comesaña, alumno que foido noso centro, obtivo en 2006 o Premio do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia ao mellor proxecto de fin de carreira. Agora traballa no grupo de Metroloxía Óptica, pertencente ao Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo. 

No DUVI, o xornal electrónico da Universidade de Vigo, Rafael xunto a José Luis Fernández, director do departamento, presentan un novo sistema para estudar os defectos nas pontes. Trátase dun sistema óptico de medida baseado na telemetría por varrido dun feixe láser.

 

Para comezar ben, dúas boas novas

Comezamos 2007 con dúas moi boas noticias. Dous equipos de profesores do instituto obtiveron dous dos premios á innovación educativa sobre temas transversais da Consellería de Educación

 

O equipo coordinado por Susana Paz Díaz obtivo o premio no apartado Educación para a igualdade en ambos sexos polo seu traballo Habelas hainas. Mulleres na Ciencia. O equipo coordinado por Manuel Ulloa Díaz obtivo o premio no apartado Educación para o consumo polo traballo Proxecto Laranxa, que contou coa especial participación de toda a comunidade escolar.

DOGA