IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2007>setembro

 

Día Internacional da TraduciónDía Internacional da Tradución

O 29 de setembro celebrouse o Día Internacional da Tradución e, para celebralo, a biblioteca vai propoñer até o 11 de outubro unha serie de textos e actividades (poemas, exposición de libros, concurso de tradución, etc.) co obxectivo de convidarvos a reflexionar sobre as dificultades desta actividade fundamental para a comunicación e a transmisión do coñecemento.

Nos andeis da biblioteca podedes achegarvos a moitas obras en galego ou castelán grazas ao traballo dos tradutores e tradutoras. Fixádevos na importancia do seu traballo e aprendede a valoralo. Traducir é un reto interesante... Se queredes comprobalo, podedes participar no concurso de tradución que vos propoñemos.

Toda a información na sección da Biblioteca e en Bibliolaxe


Boletín informativo

O Boletín informativo que publica a Consellaría de Educación e que podemos atopar nas nosas caixas de correo, premendo neste enlace ou baixándoo directamente desde aquí, vén cunha sección de moito interese para todos pero, en especial, para os profesores e profesoras. Ten unha escolma de ligazóns á lexislación educativa, métodos didácticos, metodoloxía, competencias, proxecto lector, proxecto lingüístico...


XogosXogos en rede.

O Portal educativo da Consellaría de Educación ten colgados catros xogos para utilizalos en liña. Trátase de O aforcado de San Xoán no que é preciso adiviñar unha palabra agochada antes para evitar a queima dun meco; quebracabezas, listos para facer anacos os nosos ben conservados cerebros; un xogo de desactivar bombas baseado no vello (vellísimo) pimpón de dúas barras e un cadrado; e finalmente o coñecido Preguntoiro con máis preguntas, moi bo para poñermos a proba.

u Xogos


 

Ideas na Arañeira

En Valminor.info, o portal do Val Miñor —que por certo, está de estrea—, atopamos este invento para montar unha sinxela rede na casa. Ademais, podemos ler un informe sobre o proxecto de parque eólico na Serra da Groba e a toda a actualidade dos tres concellos do Val.

 

u Valminor.info


Recomendacións e avisosSecretaría Xeral de Política Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai unha serie de recomendacións respecto ao material que precisamos para o comezo do curso. Ademais, elaborou unha axenda- calendario por meses, un calendario cos días festivos e vacacións sinalados e un modelo para apuntar o  horario.

O Diario da escola recolle dous traballos feitos polos compañeiros e compañeiras de Ciencias Naturais dirixidos polo profesor Manuel Ulloa. Trátase de O balor ...no pan e Como se desenvolve o balor nos alimentos. Podes acceder aos dous traballos premendo encol dos seus títulos ou entrando na sección do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Esta edición do Diario da escola recolle máis de cento sesenta traballos feitos por alumnos e profesores de centro de ensino de toda Galicia.

A Consellaría de Educación avisa a todos os profesores e profesoras que revisen e, se é o caso, modifiquen os seus datos persoais. Ás fichas cos datos accédese desde esta páxina.


Preparados?Spiderman colgando clase o primeiro día.

E logo?  

O mércores 19 comezamos co choio coa presentación para 1º de ESO, 4º de ESO e bacharelato. Este curso a presentación inclúe unha “visita guiada” polo centro xa que será o primeiro curso no que funcionaremos co “sistema aula-materia”.  O xoves 20 é a quenda de 2º de ESO e 3º de ESO. E o venres? Pois todo o mundo ás 9:30 na súa aula ;-)

Se buscándoa vas perder o rumbo polos corredores do instituto é mellor que consultes estes planos:

u Primeiro andar
u Segundo andar


 

Música no verán

Y frutas disecadas é o nome do grupo de ex compañeiros e compañeiras de bacharelato que aproveitaron o verán para ensaiar e dar un concerto no pazo de Mañufe.  Foi o pasado dezasete de agosto. Despois do concerto foron recompensados cunha cea no mesmo pazo.

u Departamento de Música.


 

Novos documentos

Nos últimos días gardamos  os seguintes documentos de interese para o curso que comeza:

 


Calendario de setembro

É o primeiro día laborábel de setembro e xa estamos de volta no choio. Queda colgado o calendario de exames de setembro, así como o das datas de avaliación, reclamacións...

Boa volta ao traballo ;-)

u Calendario de setembro