IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2007>outubro

 

Unha estrea e unha renovación

A estrea é a da sección do departamento de Relixión, con información das actividades do departamento, as que xa están en marcha e nas que se está traballando.

A renovación corresponde ao departamento de Lingua e Literatura galega.


 

Renovada a sección dos Programas de Garantía Social

Xa está posta ao día a sección dos Programas de Garantía Social que se imparten no centro. Neste enderezo podes atopar unha completa información do que son, os requisitos para entrar neles, as modalidades que ten o noso centro, as empresas colaboradoras, o profesorado, etc.


 

Día Internacional das Bibliotecas EscolaresDía Internacional das bibliotecas escolares.

Con motivo da celebración do Día Internacional da Biblioteca Escolar, o Equipo de Biblioteca do IES Auga da Laxe quere convidar a todo o profesorado e alumnado do centro a visitar as instalacións da biblioteca, recentemente renovadas.

Con este motivo, na semana do 22 ao 26 de outubro, van ir todos os grupos de alumnos a facer unha visita guiada á biblioteca para coñecer as instalacións e recibir información sobre a organización dos fondos e as actividades e o funcionamento dos distintos servizos que se ofrecen. A proposta do calendario de visitas preséntase na sección de biblioteca.


 

Textos para as titoríasTextos para as titorías de ESO.

O departamento de Orientación abriu unha nova sección con todo o material necesario para as titorías de ESO. Trátase de arquivos PDF organizados en catro apartados:

  • arquivos de interese común para todas as titorías
  • dinámicas de grupo
  • técnicas de estudo
  • materiais propios para cada curso.

A causa dunha incidencia no conversor dos arquivos orixinais ao formato PDF, a paxinación dos documenntos está invertida, de tal maneira que a primeira páxina que se presenta ao abrir o arquivo é a última do orixinal.

Lembra que para ler os arquivos PDF é preciso ter instalado na túa computadora un lector axeitado. Podes baixar o lector Adobe Reader desde esta ligazón, elixindo o máis axeitado para o sistema operativo do teu ordenador.


 

Actualizacións

Despois dos axustes de principio de curso, os departamentos seguen renovando e actualizando os seus contidos. Nesta ocasión referímonos aos de  Lingua e Literatura española e Matemáticas que puxeron ao día as actividades para os alumnos con materias pendentes deses departamentos, ademais doutros contidos de interese.


 

Seguindo aos osos polares

De cumprirse os prognósticos actuais sobre a desaparición do xeo polar ártico mal pintan as cousas para os osos polares. De feito, son uns dos grandes mamíferos máis ameazados de extinción do planeta e o obxecto de múltiples investigacións científicas.

Desde este enderezo podemos seguir un destes proxecto de pescuda. Trátase do seguimento por satélite de varios osos polares en dúas zonas árticas. Na páxina podemos atopar unha ampla información sobre este gran mamífero.

 


 

E máis actualizacións

Nesta ocasión do departamento de Tecnoloxía, coas materias das que se fai cargo, os compoñentes do departamento e unha ligazón á páxina persoal de Xoán Carlos Pombo sobre o ensinanza da Tecnoloxía.


 

Actualizacións nos departamentos

A modo imos actualizando a información dos departamentos didácticos do instituto. O de Bioloxía e Xeoloxía xa colgou as novas programacións para este curso das materias que imparte, ademais de materiais de interese para as materias de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO, Bioloxía de 2º de bacharelato e Ciencias da Terra de 2º de bacharelato.

Están ao día as novas composicións dos departamentos de Debuxo e Educación Plástica, Lingua e Literatura Española, Orientación e Xeografía e Historia.


Ferramentas para o mantemento das nosas computadorasFerramentas para o mantemento das nosas computadoras.

Velaquí queda unha listaxe de ferramentas que podemos instalar nas nosas computadoras para mantelas en boa forma. Todos os programas son de balde e teñen versións de pago con máis opcións. Moitos deles teñen versión en galego.

  • AdAware: analiza a nosa computadora á busca de arquivos espía (spyware). Cómpre actualizalo cada certo tempo. As actualizacións tamén son gratuítas.
     
  • CCleaner: elimina arquivos temporais, arquivos lixo das instalacións, listaxes de ficheiros da papeleira, as pegadas do noso paso pola rede que quedan no ordenador. Tamén inclúe un limpador de entradas non válidas do Rexistro de Windows.
     
  • AVG: un moi antivirus, de balde e que funciona igual que calquera outro de pago. Pode pararse a análise no momento que queiramos (algo que non é posíbel noutros antivirus) e, tamén, escoller as carpetas para a análise.
     
  • JkDefrag: é un desfragmentador, un programa que serve para poñer orde no disco duro. O programa busca o mellor lugar para colocar calquera anaquiño de datos perdido polo disco duro da computadora.

 

Acordos do Consello Escolar

O pasado martes 2 de outubro celebrouse a primeira xuntanza do curso do Consello Escolar. Entre outros asuntos aprobáronse

  • as actividades extraescolares cunha duración menor a unha xornada
  • os días non lectivos propios do centro: 7 de decembro de 2007 e 6 de febreiro de 2008
  • a suba de prezo dalgúns artigos da cafetería

Así mesmo, os representantes dos pais e nais presentaron unha subvención dun cincuenta por cento no custe dos zumes de laranxa dos alumnos e alumnas do centro.

Pola súa parte, a directora e mais o xefe de estudos presentaron os resultados finais do curso 2006-2007 e a organización e características do actual.

Tamén aprobouse o convenio co Concello de Gondomar para o emprego do ximnasio do centro polas Escolas Deportivas Municipais, o acordo co grupo Esencia Latina e cun grupo de Tai- Chi para utilizar a mesma instalación.

Finalmente, D. José Antonio Martínez, representante dos pais e nais, despediuse do Consello Escolar. A directora agradeceulle toda a súa colaboración, en especial, polo asesoramento no deseño do Plan de Autoprotección do centro.


A biblioteca en rede

A biblioteca do instituto xa forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia (RBG). Desde calquera ordenador é posíbel consultar todo tipo de información sobre a nosa biblioteca, así como doutra calquera biblioteca pertencente á RBG.

Este é o enderezo para entrar na biblioteca do instituto.