Actualización
O departamento de Lingua e Literatura española actualizou
a súa sección con novas listaxes de libros. Trátase das
lecturas recomendadas para os alumnos e alumnas de ESO e unha listaxe de
Ciencia ficción.
|
Esencia Latina
Todos coñecemos a esta
asociación de baile
latino que naceu hai cuatro anos e que desenvolve
parte da súa actividade no instituto. Moitos dos seus
compoñentes son, ou foron, alumnos e alumnas do centro.
O caso é que Esencia Latina conta desde hai
tempo cun blog, onde recollen imaxes, noticias e vídeos
das súas actuacións, e un foro. Ademais desde hai un par
de semanas, Esencia Latina vén de estrear o seu
sitio propio na Arañeira, que agarda as nosas visitas:
esencialatina.org
|
Es un árbol Tal é nome do grupo ao que pertencen Sergio Álvarez, o profesor de Música do instituto, e como músico convidado
Fernando Abreu, que tamén foi profesor de Música no noso centro. Sergio é bateria e Fernando clarinetista.
Es un árbol é grupo residente no
Teatro Ensalle, en Vigo, onde dará un concerto o próximo sábado 1 de decembro, contra as 22:00.
|
Actividades
 Xa está actualizado o calendario de actividades extraescolares e complementarias. A listaxe recolle o tipo de actividade, o departamento organizador e mais as datas nas que se van celebrar. Son, en total, unha setenta actividades diferentes nas que participar, organizadas para toda a comunidade escolar e repartidas ao longo de todo o curso 2007-2008.
|
Saúdos para o sitio do IES de Beade O IES de Beade vén de estrear a súa páxina web. Nela podemos botarlle unha ollada ao que pasa nese centro, a súa organización, actividades, etc. Benvidos á Arañeira!
|
Xornadas ambientais en Gondomar Para o vindeiro mes de febreiro esperamos unha visita de
CEMMA (a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) ao noso centro. CEMMA comeza hoxe na Casa da Cultura do concello (23.11.07 ás 16:00) unhas xornadas sobre espazos e especies ameazadas. Toda a información sobre estas xornadas témola
neste tríptico.
|
Regueifas O pasado venres 16 de novembro estivemos regueifando con Pinto d´Herbón e Luís Caruncho. Quedan estas dúas imaxes e algunha outra máis no
blog Balbordo, onde se anuncia unha crónica do acto e unha entrevista con Pinto d´Herbón e Luís Caruncho. Preme en cada imaxe se queres ver o orixinal.
|
|
 |
Anxo Fariña visita a nosa biblioteca O luns 19, de 17:00 a 18:30, o autor e ilustrador
Anxo Fariña visitará a nosa biblioteca para ter un encontro co alumnado de 1ºESO, que está a ler o seu libro Os Megatoxos e o aprendiz de druída. | | |
|
Vichelocrego Teatro en Vigo Hoxe venres 16,
Vichelocrego Teatro representa
Spot no Auditorio do Concello de Vigo.A representación está encadrada no Certame de Teatro TESPIS. A cita é contra as 20:15. Spot é a representación en galego da divertidísima comedia de Carles Alberola e Roberto García adaptada do catalá por Vichelocrego Teatro.
|
Convocado o Consello Escolar O venres 15 de novembro está convocado o Consello Escolar para tratar da autorización das actividades do Club de Lectura e a constitución do Observatorio da convivencia escolar no centro.
|
Imaxe do Primeiro Piling
 Foron e volveron. O sábado 10 de novembro celebrouse o
Primeiro Piling. En total participaron unhas corenta persoas que percorreron o camiño entre Aula de Natureza do Monte Aloia (antiga Casa Forestal) até o Galiñeiro. Mágoa que so atopasen dous cogomelos. No
blog de Balbordo están colgadas as demais imaxes.
|
Cambios no Top Baixadas A entrada na lista das últimas gravacións cambiou a clasificación dos temas máis baixados. Así a todo non hai quen poida co Íntegro Rañolas que arestora sumaba 116 descargas. E por certo, en YouTube hai un
arquivo de catro minutos e medio de vídeo (e son) dun dos concertos no Café Rañolas.
|
Os vixilantes do Zamáns Que mellor que a
Semana da Ciencia para comezar cun traballo de “vixilancia científica” do río Zamáns. As alumnas e alumnos de 3º DC empezaron un seguimento da auga do Zamáns, xusto ao seu paso por diante do instituto, na “nova” Ponte de Rosa. Van deixar rexistro dalgúns parámetros físicos, químicos e biolóxicos do río como a temperatura, concentración de osíxeno, de nitratos, pH... O obxectivo final é a redacción dun informe sobre a auga do Zamáns nese punto.
|
| |