IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2007>febreiro
 

O rescate da avelaionaO rescate da avelaiona.

A fin de semana pasada Cristian Alonso e Daniel Riveiro de 4º de ESO dedicáronse a buscar acomodo para unha avelaiona (Strix aluco) nova e perdida. O animaliño apareceu preto do campo de fútbol das Gaiandas. Despois de agardar se marchaba por si só e comprobar que non tiña esa intención levárono para a casa.

Mentres facían xestións diante das sociedades protectoras de animais puideron observar á avelaiona: durmida durante o día e máis activa no solpor. Un pouco fartos de que ninguén lles dixese que podían facer coa ave decidiron chamar ao SEPRONA que axiña fíxose cargo do animal. Os gardas quedaron de avisalos para ver como ceiban á avelaiona.

Vídeo do avelaiona


 

Entrega de premios

Hoxe, luns 25 de febreiro, a conselleira de Educación entregará os dous premios á innovación educativa sobre temas transversais obtidos por senllos equipos de profesores do instituto.

Os equipos estarán representados pola profesora Susana Paz Díaz (premio no apartado Educación para a igualdade en ambos sexos polo traballo Habelas hainas. Mulleres na Ciencia) e pola profesora Margarita Miramontes Castro (premio no apartado Educación para o consumo polo traballo Proxecto Laranxa). Cómpre sinalar que o Proxecto Laranxa contou coa especial participación de toda a comunidade escolar.

 

Peitieiros.org

Peitieiros conta cun sitio de seu na Arañeira. Trátase de Peitieiros.org que está xestionado pola Comunidade de Montes en Man Común. A comunidade naceu contra 1983 e hoxe conta con 145 comuneiros e comuneiras.

Ademais da obrigada sección de presentación, en Peitieiros.org podemos coñecer todas as súas actividades e coñecer polo miúdo as características propias da parroquia, incluíndo a súa flora e fauna.

 

Punto de escoita

Frank Zappa e The Mothers of Invention: Freak out! (1966)No Punto de escoita hai novos discos a disposición de todos. Na sección de novidades:

 e na sección de monográficos o primeiro disco de Frank Zappa, Freak out! (1966). As letras das cancións e a súa tradución tamén están dispoñibeis.

 Cómpre lembrar que os cascos hai que pedilos na conserxería.


 

Chega o Antroido!

O Antroido de 2007 xa está aquí e ímolo celebrar coma sempre con festa rachada.

O programa é o seguinte:

  • 09:30-10:45 Os grupos de ESO preparan os seus disfraces

  • 10:45-12:00 Desfile polo pobo

  • 12:00-12:30 Recreo (que cómpre descansar)

  • 12:30-15:00 Gran Baile e Concurso de Disfraces

Haberá premios para os dous mellores disfraces de grupos (mínimo de cinco persoas disfrazadas), para o grupo máis participativo e para as dúas mellores caretas feitas polos alumnos.

 

IES Escolas Pro Val

Seguimos visitando as casas virtuais dos nosos veciños. Hoxe, mércores 14 de febreiro, desprazámonos a traveso dos electrónicos fíos da Arañeira ao IES Escolas Pro Val. Atentos e atentas sobre todo a información que dan sobre os seus ciclos formativos. Moi interesante son tamén a sección sobre a historia do centro e a da estación meteorolóxica instalada no instituto.


 

Terra de Turonio na Arañeira

Malia levar tempo na Internet, e por un descoido noso, aínda non vós recomendáramos dar unha volta virtual ;-) pola casa dos nosos veciños. 

O IES Terra de Turonio ten un estupendo sitio na Rede no que podemos coñecer todas as súas actividades (algunhas compartidas polos dous centros), o seu funcionamento, como é o ciclo formativo que imparten, galerías de imaxes...


 

Cambio de data

O concerto do grupo de segundo de bacharelato no IES Pro Val cambia a súa data. No canto do oito de marzo será unha semana máis tarde, o día quince do mesmo mes.

En canto as actividades do departamento de Música, o profesor Sergio Álvarez comezará a impartir no instituto un curso para profesores de Música.


 

Recomendaciónhttp://concurso.cnice.mec.es/cnice2006/material121/index.htm

Trátase de La Tierra a vista de satélite, unha web sobre teledetección que pode ser aplicábel nas clases de Matemáticas, Literatura, Xeografía, Bioloxía ou Xeoloxía. Desde a web ensinan a interpretar as imaxes obtidas polos satélites (por exemplo, as publicadas en Google Maps ou en Google Earth), fai un percorrido polas cidades visitadas por Phileas Fogg... Ademais conta con unhas boas actividades interactivas e de autoavaliación. Está publicado en español.


 

Concerto para marzo

O grupo de segundo de bacharelato ofrecerá un concerto no IES Pro Val. Será contra o oito de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, e coñeceremos o programa nos próximos días.

 


 

Gondomar na GalipediaGondomar na Galipedia.

Gondomar ten o seu anaquiño na Galipedia. Polo momento é un pequeno artigo no que se apuntan os datos básicos do concello. A Galipedia é un proxecto aberto á colaboración de todos os interesados e xa conta con máis de 21.600 artigos. Se queres colaborar e mellorar o artigo sobre Gondomar ou calquera outro rexístrate e a traballar ;-)

 

Semana de actividades: GUERRA CIVIL E REPRESIÓN

Semana de actividades: GUERRA CIVIL E REPRESIÓNDo 5 ao 11 de febreiro poderá visitarse no IES Auga da Laxe a exposición "Os mártires do mar" promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Esta exposición itinerante, que percorreu durante o verán do ano 2006 dezaoito portos do litoral galego a bordo do vapor Hidria II, ofrece información histórica e documentación novidosa sobre a represión fascista exercida contra persoas e colectivos vencellados ao asociacionismo mariñeiro que pretendían mellorar as condicións de vida das xentes do mar.

Aproveitando a presenza desta exposición no noso centro, desde o IES Auga da Laxe preparamos unha semana de actividades dirixidas principalmente ao noso alumnado pero abertas tamén ás súas familias e, en xeral, a todas as persoas interesadas: charlas-coloquio, exposición “A volta dos nove”, selección de literatura e cine, club de lectura, proxección dos documentais Aillados de Antón Caeiro e Foi no 36 de Antía Paz, etc. Pretendemos con esta iniciativa afondar desde unha perspectiva educativa nos feitos que marcaron unha etapa fundamental na nosa historia.