IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2007>abril
 

A volta do Proxecto Laranxa

O pasado venres 20 volveu con forza o Proxecto Laranxa ao instituto. É que os membros da ANPA As Gaiandas repartiron, de balde e durante o recreo, máis de cincocentos zumes de laranxa. Foi unha inmellorábel ocasión para poñer a proba a máquina espremedora comprada cos cartos do premio á innovación educativa da Consellaría de Educación

E pasado o día segue a romaría xa que a máquina de zumes continuará o seu traballo espremedor (e por moitos anos).


 

Premio Cervantes 2006Antonio Gamoneda

O 23 de abril, Día Internacional do Libro, Antonio Gamoneda (Oviedo, 1931) recibirá o premio Cervantes 2006 en recoñecemento á totalidade da súa obra. Este poeta asturiano considera que  la poesía no es exactamente literatura de ficción, sino que es una emanación de naturaleza existencial y expresa el sufrimiento y el gozo”.

Se queredes coñecer máis sobre este escritor, aí van algunhas ligazóns e unha mostra da súa poesía:

 
 

Hablan los manantiales en la noche,

hablan en los imanes del silencio.

Siento la suavidad de las palabras olvidadas.

***

Amé todas las pérdidas.

Aún retumba el ruiseñor en el jardín invisible.

                                

Libro del frío, 1992

 


 

Programa Maritimum

Programa MaritimumOnte, luns 16, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Diversificación curricular participaron na segunda fase do programa Maritimum, organizado pola Deputación de Pontevedra e a empresa Hidria.

Ao chegar á praia da Fontaíña, os compañeiros repartíronse en tres grupos: Bioloxía, Xeoloxía e Física e Química. Durante catro horas fixeron experimentos, identificaron animais e plantas ou construíron o perfil da praia, entre outras actividades.

Nas próximas semanas tócalles aos compañeiros de 1º de ESO participar na segunda fase do Programa Campestris, no Monte Aloia.

 

Concerto no IES Rosais II

Os compañeiros e compañeiras de 2ºBacharelato- Música ofrecen hoxe, venres 13, contra as 12:30, un concerto no IES Os Rosais II. No programa inclúen: 

  • One more cup of coffee

  • Negra sombra

  • Burning down the house

  • Knocking on heaven’s door

  • La Balada del ganso durable 

  • Pyramid song

  • Radio video

  • Heilig 

  • Wake up

Lembra que na sección do departamento de música están colgados arquivos MP3 das gravacións feitas na Casa de tolos en cursos anteriores.


 

O Instituto de Estudos Miñoranos

Trátase dunha moi activa asociación propia do Val Miñor que nos seus obxectivos persigue “Divulgar a cultura e, en xeral, todo o referente ó patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc., dos tres concellos do Val Miñor”.

O Instituto de Estudos MiñoranosO Instituto de Estudos Miñoranos  (IEM) organiza encontros con persoeiros da vida cultural, política, social e de calquera outro ámbito de Galicia. Ademais, de exposicións, xornadas informativas e actividades científicas como a escavación do xacemento de Chan do Cereixo. 

O IEM edita Revista de Estudos Miñoranos (que, polo lido no sitio na Rede da asociación, quedou parada no número de 2003), os Cadernos do IEM (que podemos ler na biblioteca do noso instituto) e outras publicacións.