IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2006>xuño

 

 

Até setembro

Chegou o derradeiro día de xuño e con el... as vacacións! Marchamos coa guía de actividades publicada no número 7 de Balbordo e as recomendacións de libros para o verán do número 32 de Líber.

Para escoitar algo bo velaquí quedan estes arquivos MP3 dos compañeiros de Música, gravados na Casa dos Tolos de Mañufe.

Parabéns a todos os compañeiros e compañeiras que aprobaron a selectividade, que foron moitos e moi bos.

MP3  I am the walrus (2º de bacharelato, curso 2005-2006)
MP3  I will (2º de bacharelato, curso 2005-2006)
MP3  Yo tomo (2º de bacharelato, curso 2005-2006)
 

Até a volta!

 

Parabéns a Diego Alborés!

Diego Alborés, de 2º de Bacharelato B, foi o gañador do 1º premio na modalidade de relato do certame literario D. Diego Sarmiento de Acuña que convoca o Concello de Gondomar

Segredos da planta 32 é o título do seu relato, unha historia de acción trepidante protagonizada por un empregado dunha multinacional que descobre a contabilidade paralela da empresa e decide aproveitarse desa información privilexiada, algo que loxicamente non lle agrada aos seus xefes... 

O premio? Un ordenador, a peza Catro lapas laminadas do escultor Alfonso Soliño e a publicación do relato nun volume colectivo que recolle todos os traballos premiados e que está ao voso dispor no Punto de Lectura... Ah! E os nosos parabéns, Diego!

 

Exposición de traballos de caligrafía

No patio interior están expostos os traballos de caligrafía que, ao longo do curso, fixeron os alumnos e alumnas de 3º de Diversificación dentro do Ámbito Sociolingüístico.

Os obxectivos desta actitividade e o material empregado están descritos neste enderezo.

Imaxes do taller de caligrafía

 

Imaxe do SERGAS do nivel de alerta por calorCalor

Segundo MeteoGalicia veñen uns días con temperaturas máximas por riba dos trinta graos. A Consellaría de Sanidade publicou unhas recomendacións para as posíbeis vagas de calor do verán e para evitar os efectos nocivos das altas temperaturas.

Pola súa parte, nestas páxinas do SERGAS podemos atopar máis información útil e interesante sobre as ondas de calor. A imaxe superior, á esquerda, sinala o nivel de alerta, desde a cor verde dunha situación normal, nivel cero, até a situación de máxima alerta indicada pola cor vermella.

Polo momento, temos un cero: normalidade total ;-)

 

Programa de gratuidade de libros

A Consellaría de Educación anunciou a convocatoria do programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares para o curso 2006-2007.

Toda a información (a orde da convocatoria do DOG, respostas ás preguntas máis frecuentes, condicións para a solicitude...) poden atopala neste enderezo da propia consellaría.

 

Premio Lingualaxe para ACHEGO

O Equipo de Normalización Lingüística Balbordo concedeulle o Premio Lingualaxe á Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO). O acto de entrega deste galardón vaise celebrar mañá, venres, 2 de xuño, ás 22,30h no café Rañolas, de Gondomar, e contará coa actuación dun grupo musical formado por alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Auga da Laxe, acompañados polo seu profesor, Sergio Álvarez.

 

Máis información

 

Paul Auster na biblioteca

Paul Auster na bibliotecaNon en persoa, mágoa, pero si a súa obra. Do recen galardoado Premio Príncipe de Asturias temos varios títulos da súa xa extensa obra. Agardamos que vaia crecendo e, asemade, chegando co mesmo ritmo aos andeis da nosa biblioteca ;-)

De Philip Roth, outro dos autores considerados para o premio, tamén podemos ler un dos seus últimos libros.

 

 

Paul Auster

  • Mr. Vertigo                    Ed. Sotelo Blanco         Núm. Ord. 1738

  • La noche del oráculo        Ed. Anagrama              Núm. Ord. 8491

  • La trilogía de Nueva York  Ed. Anagrama              Núm. Ord. 6663

Philip Roth

  • La conjura contra América Ed. Mondadori            Núm. Ord. 9050