IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2006>xaneiro

 

Aprobadas as contas de 2005

Aghora si, xa cheghou a mantaO pasado martes 24, o consello escolar aprobou por unanimidade as contas correspondentes ao ano 2005. Previo estudo por parte da comisión económica, a secretaria presentou as contas, explicou con detalle cada partida e aclarou as dúbidas dos membros do consello.

A secretaria fixo constar a súa preocupación —da que participaron varios membros do consello—, polo elevado prezo do gasóleo de calefacción que pode chegar a limitar o tempo de acendido da caldeira. Ademais, falouse da adopción de máis medidas para o aforro enerxético.

Consello Escolar

 

 

Iago Bea, primeiro premio na Olimpíada Galega de Matemáticas

Iago Bea, primeiro premio na Olimpíada Galega de Matemáticas.Iago Bea, de 2º de Bacharelato, acadou o primeiro premio na fase final da Olimpíada Galega de Matemáticas celebrada en Santiago de Compostela o pasado sábado 21 de xaneiro. 

Na primeira proba tamén foron seleccionadas, entre máis de 150 alumnos e alumnas de toda Galiza, Andrea Iglesias e Ángela Piñeiro, de 1º de Bacharelato.

Desde o noso sitio na Arañeira queremos dárlle-los parabéns e desexar a Iago moita sorte para a fase nacional da XLII Olimpíada Matemática Española que terá lugar en Sevilla, do 23 ó 26 de marzo de 2006.

Máis imaxes

 

 

Laranxa

Non falamos de Ucraína, da película de Kubrick ou da selección holandesa de Cruyff e Neeskens. Tampouco do esquecido, por fortuna ;-) Naranjito.

A cousa vai do reparto de zume, un convite do Proxecto Laranxa.  A festa foi no recreo do venres vinte de xaneiro e repartírnose moitas ducias de vasiños cheos de rico zume de laranxa. 

Temos unha galería de imaxes do momento.

O Proxecto Laranxa ten un enderezo electrónico de seu que é proxecto_laranxa@hotmail.com

 

 

Segundo de bacharelato en MP3

Desde o sitio do departamento de Música hai unha novidade importante. Trátase de dous arquivos de son en formato MP3, as gravacións que fixeron os de 2º de bacharelato do curso 2003-2004 na Casa dos Tolos de Mañufe, alá polo vinteseis de maio de 2004.

O primeiro arquivo é I talk to the wind de King Crimson (4,19 MB) e o segundo La soledad de la Bersuit Vergarabat (4,70 MB).

MP3 I talk to the wind
MP3 La soledad

 

 

Proxecto Laranxa O venres 20, zume de laranxa gratis

 Os compoñentes do Proxecto Laranxa non paran. O venres 20 de xaneiro van ofrecer zume de laranxa gratis a todos os alumnos do centro. A idea xorde como a continuidade das actividades levadas a cabo no centro, o curso pasado, co gallo do Día Mundial da Saúde.

Daquela, o departamento de Nutrición do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes fixera un estudo da calidade nutricional das dietas de cincuenta e tres alumnos. Logo mandáronlles informes persoalizados ás familias de cada un dos alumnos participantes.

 

 

Calendario da segunda avaliación para os cursos de Diversificación

Calendario da segunda avaliación para os cursos de DiversificaciónXa están colgados os dous calendarios correspondentes aos cursos de diversificación. Neles están incluídos o reparto de traballo durante a semana, a hora obrigatoria de lectura, as puntuacións, a listaxe de libros para escoller...

Unha das actividades desta avaliación é o recoñecemento e medida do centro. Sabemos que, en ocasións, a presenza dos equipos de medida é molesta polo que pregámosvos desculpas.

Diversificación curricular

 

Novidades no departamento de matemáticas

Novidades no departamento de matemáticas

O departamento de matemáticas vén de renovar o seu sitio, actualizando os contidos mínimos e criterios de avaliación en cada unha das súas materias, actividades para o curso 2005-2006, lecturas recomendadas...

Departamento de matemáticas

 

 

Verne no instituto

O ano 2005 foi, tamén, o centenario de Jules Verne: o 24 de marzo de 2005 cumpríronse cen anos do seu pasamento.

Cun pouco de atraso chegou ao noso instituto unha exposición itinerante de figuras dalgunhas das súas novelas. Por certo que todas están á nosa disposición na biblioteca, así como outras sobre o autor francés.

 

 

O ataque do Proxecto LaranxaO ataque do Proxecto Laranxa

O Proxecto Laranxa é unha iniciativa que pretende mellorar os nosos hábitos alimentarios, substituíndo as bebidas carbónicas por zume de laranxa. Para comezar o ano, as súas responsábeis decoraron o centro cunha morea de laranxas xigantescas. Sinalan o camiño ao zume, destino: a cantina do centro.

Asemade coa aparición das laranxas xigantes, o Proxecto Laranxa repartiu ducias de puntos de lectura, de cor laranxa, coas principais cualidades alimentarias do cítrico, o logotipo do proxecto e o enderezo electrónico de seu, que é proxecto_laranxa@hotmail.com.

 

 

Volta ao traballoVolta ao traballo

Xa estamos todos no choio. O ano pasado ( o 2005 ;-) rematou cunha serie de actividades das que colgaremos algunha imaxe nos vindeiros días: xogo das bólas, concertos e partido de fútbol alumnos-profesores cunha derrota histórica destes últimos (6-1).

Feliz volta para todos!