|
Acordos do
Consello Escolar do 27.09.06
O
Consello Escolar do instituto concedeu a autorización
necesaria para poder dar de baixa o material
inventariábel xa en desuso. Tamén aprobou que os
dous días non lectivos propios do centro sexan o
30 de abril de 2007 e o 18 de maio de 2007.
Ademais, aprobou a actividade
extraescolar programada para o xoves 28 de setembro,
a desenvolver nas augas da Baía de Baiona. Como debido
ao mal tempo previsto a actividade suspendeuse, o
Consello Escolar deu a súa aprobación para celebrala
cando sexa posíbel.
A directora informou do número
de grupos e o número de alumnos e alumnas por
grupo para o presente curso. Tamén informou das datas
previstas para as avaliacións, que serán as
seguintes:
-
1ª avaliación: semana
do 27 ao 30 de novembro
-
2ª avaliación: 6 de marzo de
2007 para 2º de bacharelato; semana do 22 ao 27 de
marzo de 2007 para os demais cursos.
-
3ª avaliación: pendente das
instrucións da CIUGA para 2º de bacharelato;
semana do 21 ao 25 de xuño de 2007 para os demais
cursos.
Así mesmo, a directora informou
dos resultados académicos do curso anterior.
A directora, de acordo co disposto
na resolución
publicada no DOG do 19 de setembro de 2006, avisa
das próximas eleccións para a renovación parcial
dos membros do Consello Escolar. O calendario
previsto é o seguinte:
-
Sorteo para formar a Xunta
Electoral: entre o 30 de outubro e o un de novembro.
-
Constitución da Xunta
Electoral: entre o 2 e o 7 de novembro
-
Eleccións: entre o 24 e o 30
de novembro
No último punto da orde do día, un dos representantes
das nais e pais interesouse pola situación do
transporte para os alumnos e alumnas de ensino non
obrigatorio. A directora obtivo o respaldo do
consello para reclamar a ampliación do centro. A
coordinadora da biblioteca informou da continuación
da biblioteca do noso centro no Plan de
Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de
Educación cunha nova dotación económica.
|
Tradutor ‘en liña’
O
director do Instituto
Cervantes, César Antonio Molina acaba presentou,
xunto á secretaria xeral de Política Lingüística,
Marisol López, un novo servizo que permite a tradución
gratuíta de textos e webs do español ao galego e
viceversa no enderezo. Juan Pedro Basterrechea, tamén
na presentación do tradutor sinalou que os erros
detectados vanse corrixir en vintecatro horas.
A empresa de desenvolveu a
tecnoloxía apropiada para o tradutor é Automatictrans.
O tradutor automático do
Cervantes traduce do español ao galego, catalán, francés,
inglés e portugués e ten previsto para o próximo
ampliar os seus servizos ao español-eúscaro e eúscaro-español.
Posteriormente, os responsábeis da empresa
Automatictrans van continuar co italiano, alemán, ruso,
árabe e chinés.
Prema
aquí para acceder ao tradutor do Instituto
Cervantes
|
Consello Escolar
Para as 20:00 do mércores 27 está
convocada unha reunión do Consello Escolar do
instituto. Entre os puntos da orde do día destacan os
seguintes:
-
Autorización para dar de baixa
material inventariábel
-
Autorización para as
actividades extraescolares
-
Organización xeral do curso
- Renovación parcial de membros do Consello Escolar
Consello
Escolar
|
Trivial.gz
A Asociación
Socio Pedagóxica Galega vén de presentar o seu trivial
en galego e de Galicia para “aprender xogando"
como "a
mellor forma de achegármonos á nosa literatura, á
nosa historia, á nosa xeografía, a nós mesm@s”.
Arestora
xa ten 2709 preguntas e máis de 999 usuarios
e usuarias rexistrados. Rexistrarse é obrigatorio para
poder xogar, propor novas preguntas, botarlle unha
ollada á clasificación...
Preme
aquí para chegar ao sitio do Trivial.gz.
|
Actualizacións
nos departamentos
Co novo curso os departamentos didácticos
van actualizando as súas seccións. Polo momento,
actualizaron a relación de profesores e profesoras os
de Bioloxía
e Xeoloxía, Física
e Química, Lingua
e Literatura galega e Matemáticas.
Ademais, no de Bioloxía e Xeoloxía engadiron o
programa da nova materia Xeoloxía
de 2º de bacharelato e unha completa listaxe
de libros de lectura de Bioloxía (15 MB).
Tamén queremos lembrarvos que a biblioteca
permanecerá pechada, electrónica e fisicamente, até
mediados de outubro.
|
Axudas para
comprar computadoras
A
conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón,
presentou un plan
de axudas para a compra de computadoras dirixido a
alumnos e alumnas de primaria e ESO. Poderán optar
4.445 alumnos e alumnas de toda Galicia. Para conceder
as axudas, a consellaría vai ter en conta o nivel de
ingresos da unidade familiar. Ademais, a orde de
prioridade establécese do seguinte xeito: alumnos de 5º
e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO; estudantes de 3º
e 4º de ESO; e, por último, os alumnos do resto de
cursos de primaria. A cantidade máxima é de 300 €
por fogar.
Para solicitar as axudas ten que entrar
nesta páxina e completar a solicitude e anexos,
Despois cómpre descargalo para a súa impresión e
entregalos por calquera dos medios previstos no artigo
4º da orde para a presentación de solicitudes e
documentación.
|
O xoves 21 estará pechado o
instituto
A
Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria,
ante a previsión da chegada á Galicia dos restos da
tormenta tropical Gordon, e como medida preventiva, decidiu
pechar durante a xornada de mañá todos os centros de
ensino non universitarios.
Segundo prediccións de MeteoGalicia
e do Instituto Nacional de
Meteoroloxía (INM) emitido ás 12:30 horas, este
fenómeno afectará a Galicia de xeito que se poderán
alcanzar rachas furacanadas de ata 130 quilómetros por
hora.
Ademais dos enderezos de MeteoGalicia
e do INM poden ser de
utilidade ou interese os seguintes:
|
Calendario
para o mércores 20
O
mércores 20 é o día D. Para o primeiro día está
previsto un horario especial, feito para ter a
oportunidade de coñecermos mellor e retomar o contacto
despois das vacacións.
A xornada comeza as 10:30
e rematará contra as 13:30. Os titores e titoras
presentarán o curso 2006-2007 aos seus respectivos
grupos, os horarios, profesores, etc. Logo virá o
reparto de libros para 2º e 4º de ESO (se dan
chegados) e finalmente, o mellor, unha sesión de
contacontos, unha contada, a cargo do actor vigués
Avelino González. Para saber máis del podemos visitar o
seu sitio na Rede.
|
Ola,
de novo
Coas
vacacións de verán rematadas —verán de lume e
fume—, os exames de setembro feitos e as cualificacións
entregadas, comezamos un curso noviño, de estrea, aínda
sen rotos nin descosidos.
Para o luns 18, ás 10:30,
está convocado o claustro de profesores, a última
reunión antes do mércores 20, día de comezo das
clases e que, como todo o mundo sabe, é o duocentésimo
sexaxésimo terceiro día de 2006. Din desde windguru.cz
que imos ter bo tempo, sen moita calor e sen chuvia,
pero con nubes no ceo.
|
|
|