IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2006>outubro
 

Firefox 2.0

Xa está a disposición de todo o mundo a versión 2.0 do navegador Firefox. Podes descargalo en español desde este enderezo ou premendo encol do logo de Firefox

Supoñemos que a versión en galego non tardará en aparecer.


 

Natureza de TVG

O mércores visitounos un equipo de Pórtico Producións para facer unha reportaxe sobre a Operación Carballo que na que está a traballar o grupo de 4º de ESO DC. 

Os compañeiros mostraron as súas habelencias na escolla das mellores sementes (landras e noces de colleita propia, castañas do Carballiño traídas por Susana Paz e sementes de camelia proporcionadas por Fernando Rodríguez) e na preparación do viveiro. Nos vindeiros días seguirán cunha morea de sementes de bidueiro doadas por Margarita Miramontes.

A reportaxe vaina emitir a TVG dentro do programa Natureza.

Actualizacións, 2006-2007

Máis actualizacións

Os departamentos seguen actualizando os contidos das súas seccións. As últimas novidades son:


 

Operación Carballo

Operación CarballoOs alumnos e alumnas de 4º Diversificación curricular comezaron cos labores do que será un pequeno viveiro de árbores. Polo momento, xa plantaron as sementes precisas para obter unha colección de carballos, castiñeiros, nogueiras, loureiros e outras especies. Como macetas empregaron envases tetrabrick procedentes dos seus fogares e reciclados para prestaren este servizo. Desde o comezo deste curso veñen recollendo landras, noces e castañas, seleccionando as máis axeitadas e preparando os envases para formar o viveiro. O traballo de sementeira seguirá durante o mes de outubro.

 


 

Eleccións para o Consello Escolar

Está en marcha o proceso para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar. Este é o calendario previsto:

  • Sorteo para formar a Xunta Electoral: entre o 30 de outubro e o un de novembro.

  • Constitución da Xunta Electoral: entre o 2 e o 7 de novembro

  • Eleccións: entre o 24 e o 30 de novembro

Daquela elixiremos  a 3 representantes das profesoras e profesores, 2 das alumnas e alumnos e 2 das nais e pais.

Cómpre botarlle unha ollada ás normas relacionadas con estas eleccións:


Actualizacións, 2006-2007

 

Actualizacións

Xa está actualizado o cadro do horario de titorías para o presente curso: grupos, becarios, Garantía Social e xunta directiva, ademais da sección da Secretaría

Tamén están postas ao día as correspondentes aos departamentos de Educación Física e Filosofía (membros, materias e proxectos didácticos).


 

BibliotecamiñaBibliotecamiña. Aberta o venres 13 de outubro.

Despois dunha colorida campaña publicitaria ao longo desta semana, hoxe, venres 13, abrimos a biblioteca, cos servizos habituais de préstamo e consulta, e o remodelado punto de lectura informal da planta baixa, onde poderedes atopar a prensa do día, revistas, banda deseñada, etc. A partir da próxima semana botaremos a andar as primeiras actividades da biblioteca neste curso: visitas informativas para os grupos de 1ºESO, 1º BACH e Garantía Social e xogos de busca para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. 

Iniciamos así o desenvolvemento dunha serie de actividades de dinamización das que vos iremos informando aquí, no noso sitio web, e mais no blog da biblioteca.


 

Actualización no departamento de 
Lingua e Literatura española

A sección departamento de Lingua e Literatura española renovou gran parte do seu contido. Así, xa está actualizado o cadro de profesoras e profesores para o curso 2006-2007, os contidos mínimos e criterios de avaliación para ESO e bacharelato e as normas para os alumnos e alumnas con materias pendentes.

Departamento de Lingua e Literatura española

 

Actualizado o departamento de MúsicaActualizado o departamento de Música

Xa está actualizada a información do departamento de Música coa incorporación do profesor Julio Lens e o reparto de cursos entre os membros do departamento.

Por outra parte, na páxina de Música podedes atopar todos os mp3 gravados na Casa dos Tolos desde o curso 2003-2004 até o pasado 2005-2006.

Departamento de Música

 

Iago Bea Besada traballando nos exercicios da Olimpíada Iberoamericana de Física de 2006.Iago Bea 

Logo de rematar o seu bacharelato, Iago Bea Besada segue dándonos satisfaccións a todos os que compartimos o seu paso polo noso instituto. Nesta ocasión é polo quinto posto obtido por Iago na Olimpíada Iberoamericana de Física (OIbF), celebrada en Coimbra, Portugal, do 23 ao 30 de setembro. 

Iago, ao igual cos outros 58 participantes,  tivo que resolver unha serie de problemas e cuestións, prácticas e teóricas, referentes ao programa oficial da OIbF.

Unha vez máis, parabéns Iago!