|
|
Premios de
Excelencia Académica
O mércores 29 de novembro, contra as 12:00, Iago
Bea Besada e Simón Oya Díaz, ex alumnos do
noso centro e do veciño Terra de Turonio, van recibir os Premios
de Excelencia Académica para o alumnado que iniciou
os seus estudos universitarios no sistema
universitario de Galicia, no curso académico
2006-2007.
O acto de
entrega dos premios será no Centro Calego de Arte
Contemporánea (CGAC), en Compostela, e estará presidido
polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
Parabéns
para Iago e Simón!
|
25
de novembro:
Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres
O próximo
sábado é o Día contra a Violencia cara ás Mulleres
e, para contribuírmos á necesaria reflexión sobre este
tema, hoxe inauguramos no Punto de Lectura do
instituto unha pequena exposición na que se inclúen
recomendacións de lecturas, cine e
música (12 cancións
que se poden escoitar nun CD ao tempo que se len as
letras), poemas, imaxes da presenza da violencia na
publicidade, datos, carteis, refráns, un par de vídeos e
un espazo para que poidades deixar as vosas reflexións e
comentarios. Porque nós tamén queremos dicir NON á
violencia contra as mulleres.
A exposición estará aberta
até o venres, 1 de decembro. Para botarlle unha
ollada ao xa feito podes abrir esta pequena galería
de imaxes.
|
Representación
de Vichelocrego Teatro
Contra
o venres 22 de novembro, ás 22:00, Vichelocrego
Teatro vai representar no instituto a obra A ópera
do emprendedor, sobre un texto de Roberto
Vidal Bolaño e música de Kurt
Weill.
A
ópera do emprendedor conta como o indecente Mackie, o
navallas, transfórmase no respectábel señor Becket.
Vichelocrego
Teatro estreou A ópera do emprendedor o
pasado maio, dentro do I Certame de Teatro afeccionado de
Gondomar.
A
entrada ten un prezo de 1 € para os alumnos e alumnas do
centro e de 2 € para os demais. Ao remate da
representación servirase un refrixerio.
Vichelocrego
Teatro
|
Renovación
na sección de Matemáticas
O
departamento
de Matemáticas renovou a súa sección. Engadíronse
o Plan de traballo para os alumnos e alumnas con materias
pendentes e a posta ao día dos contidos mínimos e
criterios de avaliación de Matemáticas aplicadas ás
Ciencias Sociais de 1º de bacharelato. Un menú de
navegación facilita o desprazamento polos contidos da
sección.
Departamento
de Matemáticas
|
Unha
recomendación
Repasando a Arañeira dimos con este blog
dedicado ás aves do Val Miñor. Do seu autor pouco
sabemos, polo momento ;-) Faise chamar Alcaraván e di
que naceu no Ano da rata, polo tanto, en 1996 ou en 1984,
1972, 1960, 1948, 1936, 1924...
Aves do Val Miñor ten unhas fermosas
imaxes, unha sensacional escolma de ligazóns e ademais
podemos mandarlle as nosas observacións.
Aves
do Val Miñor
|
Nova
sección do departamento de Tecnoloxía
O sitio do
departamento de Tecnoloxía está completamente renovada.
Ademais da información sobre as compoñentes do
departamento, materias, contidos mínimos, criterios de
avaliación ou o tratamento das materias pendentes, na súa
sección podemos atopar unha interesante escolma de ligazóns
relacionadas coa tecnoloxía.
Departamento de Tecnoloxía
|
Claustro
ordinario do primeiro trimestre
Para o xoves 23 de de
novembro está convocado un claustro ordinario.
A xuntanza celebrarase contra as 17:00 coa orde do
día de costume na que os membros da directiva informarán
do seu labor e da marcha do instituto.
|
Certame
de Iniciación á Investigación Científica
A
Facultade de Física da Universidade de Santiago de
Compostela, en colaboración coa Consellaría de Innovación
e Industria, convoca a Primeira Edición do Certame de
Iniciación á Investigación co obxectivo de fomentar
o interese pola Física, premiando aqueles traballos que
se distingan polo seu rigor e orixinalidade.
Hai
tres modalidades de participación:
-
Modalidade A: Traballos de
investigación realizados, individualmente o en
grupos. Está orientada principalmente a alumnos do
Ensino Secundario Obrigatorio.
-
Modalidade B: Traballos de
narrativa científica para menores de 18 anos.
-
Modalidade C: Traballos de
narrativa científica para maiores de 18 anos.
Pode
descargar as bases, un tríptico en formato pdf, desde
este enderezo.
|
E máis novidades
Ademais de corrixir
un erro mantido desde principio de curso (manter como
actual o calendario do curso pasado) nas páxinas da
biblioteca están á disposición de todos tres
cuestionarios sobre Usha.
Por outra parte, se queres facer algunha busca dos libros
de Bioloxía ou Xeoloxía existentes na Biblioteca (ou de
calquera outra materia) podes empregar este
buscador.
|
Actualizacións nos departamentos
O
departamento
de Lingua e Literatura Española
recuperou
tres listaxes de libros dispoñíbeis na biblioteca do
centro. Son:
No departamento
de Bioloxía e Xeoloxía quedou actualizada a
programación didáctica de Bioloxía
e Xeoloxía de 1º de Bacharelato e o plan
de recuperación de pendentes de Ciencias da Naturezas de
1º de ESO. Engadiron, ademais, unha pequena galería
de imaxes da visita á Foz do Miñor.
|
Usha
Desde
a biblioteca do IES Auga da Laxe
propuxemos Usha, de María Reimóndez,
como "Libro do mes" para novembro,
polo que estamos a preparar materiais e
propostas de actividades que nos permitan un
mellor aproveitamento da lectura desta
novela.
Libro
do mes
|
Semana da Ciencia: A Foz do Miñor
Onte
marchamos de excursión á Foz do Miñor, unha actividade
organizada por Fernando Lahuerta, vocal de Medio Ambiente
do Instituto
de Estudos Miñoranos
e polo departamento
de Bioloxía e Xeoloxía.
Dous
especialistas en aves e medio litoral, Susana Morales
Garrido e Tito Salvadores Ramos explicáronnos as características
do esteiro do Miñor e a necesidade de conservar os
humidais. Despois, co seu saber e varios telescopios
terrestres e xogos de binoculares, axudáronnos a
identificar as aves que bulen pola Foz
do Miñor: corvos mariños, pilros, garzas,
biluricos, gaivotas... A actividade complétase cunha
pormenorizada explicación da bioloxía das especies
observadas.
Máis
en:
|
Actualizacións nos departamentos
Hai máis actualizacións nos
contidos dos departamentos. As últimas novidades son:
- os cambios dos proxectos didácticos de
Matemáticas de 1º, 2º e 4º de ESO no departamento
de Matemáticas
- os cambios na sección de Bioloxía
e Xeoloxía correspondentes a:
- Ciencias da Terra e do Medio
Ambiente de 2º de bacharelato
- Alumnos de 4º de ESO coa materia
pendente Ciencias Medioambientais e da Saúde de
3º de ESO
- Alumnos de 3º de ESO coa materia
pendente Ciencias Naturais de 2º de ESO
- Unha escolma de ligazóns de interese
no departamento de Lingua
e Literatura española
|
Semana
da Ciencia
Comezaron en toda Galicia as
actividades da Semana
da Ciencia. Nós participaremos en dúas actividades a
celebrar o mércores oito e o xoves nove de
novembro.
Trátase de dúas saídas. A do mércores
será á Foz
do Miñor, está organizada polo Instituto de Estudos
Miñoranos e participarán os alumnos e alumnas de
ciencias de 4º de ESO e 3º de Diversificación
curricular. Sairemos do instituto ás 09:30 e estaremos de
volta, máis ou menos, contra as 12:30.
A segunda é a asistencia e participación no obradoiro A
maxia da Química, organizada pola Asociación de
Ensinantes de Ciencias de Galiza (ENCIGA) e dirixida aos
alumnos e alumnas de ciencias de 1º de bacharelato.
Sairemos do instituto ás 12:00 e estaremos de volta antes
das 15:00.
|
|
|