IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2006>marzo

 

Renovada a sección de DiversificaciónRenovada a sección de Diversificación

O apartado dedicado aos cursos de diversificación curricular estivo en obras.

Logo da renovación, a sección recolle parte dos traballos desenvolvidos nos últimos catro cursos e os que agora están en marcha, como o taller de caligrafía ou o blog.

Diversificación curricular
 

Medalla de Bronce para Iago Bea

Iago en plena concentración diante dun dos exercicios.O noso compañeiro Iago Bea Besada obtivo a Medalla de Bronce no última fase da XLII Olimpiada Matemática Española, celebrada en Sevilla do 23 ao 26 de marzo de 2006. Iago formaba parte do Equipo Galego.

Nesta última rolda  participaron os gañadores das diferentes fases de distrito, en total, cento vinte novos matemáticos e matemáticas.

Neste enderezo podes ver as fotografías do Equipo Galego en plena acción e outra da aliñación ao completo.

Departamento de Matemáticas

 

Viaxe a París

O departamento de Francés xa ten todo preparado para a súa viaxe a París. En total marchan dezaseis alumnos de 4º de ESO acompañados polas profesoras Santas Montero Lobo e Inmaculada Rodríguez Andrade. A saída será o sábado un de abril e a volta o xoves seis.

Na sección do departamento están gardados todos os documentos relacionados coa viaxe:

Ademais, na mesma sección está colgado un documento con receitas (tortas e doces) e outro coa información sobre o DELF, o Diploma de Estudos de Lingua Francesa, outorgado polo Ministerio francés de educación.

Departamento de Francés
 

Nace o Club de lectura Auga da Laxe

Noite de voraces sombras. Na biblioteca: números 7947, 7948 e 7699. O grupo de animación á lectura Líber, da biblioteca do IES Auga da Laxe, bota a andar un club de lectura co obxectivo de favorecer a conversa e a reflexión compartida sobre os libros que lemos. 

Unha vez ao mes faremos un convite aberto para ler un libro e fixaremos unha data na que teremos un encontro para falar sobre o libro e a nosa lectura. Imos comezar por unha novela dun autor que estivo o pasado mes de decembro na nosa biblioteca, Agustín Fernández Paz

O libro escollido é Noite de voraces sombras e a data para o encontro é o 29 de marzo. Convidamos a todas as persoas interesadas a ler esta novela e a achegarse logo á nosa biblioteca para compartirmos as nosas impresións sobre a lectura. 

Noite de voraces sombras está na biblioteca cós números de rexistro 7947, 7948 e 7699.

Club de lectura Auga da Laxe

 

 

Semana da neve en Andorra, 2006

Xa temos parte das fotografías que fixestes na Semana Branca en Andorra. Con elas montamos unha presentación en PowerPoint. Son moitas imaxes e o arquivo final pesa case 40 MB. Así que, se queres baixalo  ten un pouco de paciencia.

 

Andorra, 2006

 

Máis novas do Proxecto Laranxa

Durante toda a semana está exposto un mural sobre a laranxa e as súas calidades, empregos, propiedades... 

Un grupo de alumnos do instituto, dirixidos polos seus profesores, son os autores. 

O pasado xoves nove de marzo, o mesmo grupo de traballo desenvolveu unha actividade plantou dúas laranxeiras nos terreos do instituto.

Por elas Proxecto Laranxa quere agradecerlle toda a súa atención a Viveiros Sabarís.

 

 

... e máis novidades na biblioteca

Trátase dun espazo dedicado a Sergio Pitol, Premio Cervantes de 2005 e mais a renovación da listaxe de libros de literatura xuvenil en castelán relacionados coa historia.

Por último, tamén está colgado o número 31 de Líber.

Biblioteca

 

 

Novidades na biblioteca

A biblioteca presenta unha manchea de novidades. A máis singular é a creación dun novo espazo sobre historia das mulleres. Responde á necesidade de dar a coñecer no instituto as investigacións que se están a facer nas últimas décadas para recuperar os logros culturais das mulleres no pasado.

Ademais, hai importantes entradas en todas as seccións. Destacamos as correspondentes a Literatura xuvenil en galego, Literatura xuvenil en castelán e unha relación de obras que relacionan a literatura e as matemáticas.

 

 

Máis novas de ciencia no blog de 3º de Diversificación

Os alumnos e alumnas de 3º de Diversificación curricular están actualizando o seu blog de noticias. De momento colgaron cinco novas sobre os encoros galegos, o monstro do lago Ness, o exceso de ruído nos bares de Vigo, a protección da natureza e un estudo arqueolóxico en Pompeia.

Para os vindeiros días están preparando outras sobre a conservación dos cordóns umbilicais, a perda do xeo antártico, a aparición dun perigoso virus, a contaminación dos coches vellos, os novos estudos sobre o ADN, a extensión da gripe aviar aos gatos e unha enfermidade que fai que os membros dunha familia anden coas mans e os pes.

Blog de 3º de Diversificación

 

Acordos do Consello Escolar

No Consello Escolar celebrado o mércores oito de marzo aprobouse o orzamento para 2006 e as viaxes de 4º de ESO e 1º 2º de bacharelato a París, León- As Medulas e Allariz- Ourense, respectivamente.

Ademais, aprobáronse outras actividades e tratáronse máis asuntos de interese detallados na sección do Consello Escolar.

Consello Escolar

 

Día da muller traballadora

Manifestación en Rochester, Nova York, esixindo melloras laborais, 1913. Orixinal en http://www.courses.rochester.edu/santora/women_labor_movement/pages/rochester_images.htmO vindeiro oito de marzo, mércores, conmemoramos o Día internacional da muller traballadora.

A elección desta data ten unha longa e controvertida historia. Dis que a súa orixe comeza en 1856, nun oito de marzo no que houbo unha manifestación de mulleres, traballadoras das empresas téxtiles, que percorreu os barrios ricos da cidade de Nova York para protestar polas miserábeis condicións de traballo.

Se queres saber algo máis preme aquí.

 

 

 

 

III Concurso de Teatro Inmediato

Vichelocrego Teatro e mais o noso instituto organizan o III Concurso de Teatro Inmediato. As representacións serán o venres 24 de marzo, no noso centro, a partir das 21:30

Os textos recolleranse o mércores 22 de marzo a partir das 18:00 no I.E.S. Auga da Laxe de Gondomar. Poderán recibirse por correo electrónico á mesma hora.

O prazo para inscribirse remata o mesmo mércores 22 de marzo ás 14:00.

A asistencia á representación custa tres euros.

  Bases do III Concurso de Teatro Inmediato

 

Convocado o Consello Escolar para o xoves oito

Está convocada unha xuntanza do Consello Escolar do instituto para o mércores oito ás 20:00. 

Nos puntos da orde do día destacan o proxecto de orzamento para 2006, a información da dirección sobre a entrevista co Delegado provincial da Consellaría de Educación, o Plan de Orientación Académica e Profesional e diferentes actividades académicas e extraescolares.

 

Consello Escolar

 

Actividades do Proxecto Laranxa

Durante esta semana vanse facer unha serie de actividades encamiñadas á plantación de dúas laranxeiras nos terreos do instituto. Os encargados son un grupo de alumnos de 1º e 3º de ESO e dirixidas por profesores do centro. O luns seis comezaron os traballos. O primeiro, facer os buratos.

Ademais, estase a traballar nos carteis relacionados coa laranxeira e mailo seu froito. Os carteis estarán expostos a partir do xoves nove de marzo. Para o mesmo xoves, contra as 13:20 plantaranse as dúas laranxeiras.

Proxecto Laranxa queren a traveso, da páxina do centro,  darlle as grazas ás empresas que colaboran desinteresadamente con eles, que son:

Iago Bea tamén en Química e Física.

Iago Bea tamén en Química e Física

Hai uns días deixabamos constancia de que o noso compañeiro Iago Bea, de 2º de Bacharelato, acadara o primeiro premio na fase final da Olimpíada Galega de Matemáticas.

O caso é que Iago non quedou satisfeito co asunto e quixo máis, obtendo o primeiro premio na Olimpíada de Química e o segundo na de Física.

Agora, agárdanlle as fases finais estatais. A de Física será en Teruel, a de Matemáticas en Sevilla e a de Química en Vigo.

3 · Parabéns Iago!

 

As fotos do Antroido

Non están todas as que foron pero, prometémolo, as que están son todas do Antroido 2006 ao seu paso polo no noso centro. 

Están agrupadas nunha presentación Power Point de Microsoft (ou de OpenOffice) e ollo porque pesa máis de vinte megas (aversetenteras).

Antroido 2006