|
Punto de lectura
Xa está ao noso dispor un novo espazo de
lectura. No punto de lectura aberto o pasado vinteún de
febreiro podemos atopar a prensa do día, unha selección de
cómic, exposición temporais, poemas no Recanto da poesía
e toda a información da biblioteca.
As túas suxestións para mellorar esta iniciativa, crear
outras, novas compras de libros para a biblioteca, etc.,
podes deixalas na Caixa de propostas.
Biblioteca
|
|
Agradecementos
de Proxecto Laranxa
Os participantes no Proxecto
Laranxa está a facer balance do arranque desta
interesante iniciativa. O punto máis positivo é,
claro está, o aumento no consumo de zumes. O
segundo a participación de toda a comunidade do
noso centro.
Neste primeiro resumo, os
organizadores de Proxecto Laranxa queren a traveso,
da páxina do centro, darlle as grazas ás
empresas que colaboraron desinteresadamente na súa
posta en marcha, que son:
e tamén a Faro
de Vigo e La
Voz de Galicia por axudarlles na explicación
dos seus obxectivos.
|
|
Máis MP3 de segundo
de bacharelato
O departamento de Música vén de
publicar dúas novas gravacións dos alumnos de segundo de
bacharelato. Estas fixéronas os alumnos e alumnas do curso
2004-2005 na Casa dos Tolos de Mañufe. Trátase de Vuelos
de la Bersuit Vergarabat e a popular Túa nai é meiga.
Ademais, o pasado 7 de febreiro, dirixidos polo profesor
Sergio Álvarez, os alumnos de segundo de bacharelato deron
un concerto no Paraninfo Leónides de Castro do IES
Santa Irene de Vigo.
O programa
incluíu temas de Neil Young, Radiohead, la Bersuit
Vergarabat, George & Ira Gershwin e Sergio Álvarez.
Vuelos
Túa nai é meiga
|
|
Claustro
para o xoves 16 de febreiro
Ás 17:00 horas do xoves 16 de febreiro está convocado o
claustro.
Entre os puntos da orde do días destacan o informe da
Secretaría sobre cuestións económicas e a nova
fotocopiadora, o informe da Vicedirección sobre a
organización do Entroido e mais a Xornada de
multiculturalidade (7 de abril), as modificacións no Regulamento
de Réxime Interno e o informe da Dirección.
|
|
Darwin
Co gallo do aniversario de Charles
Darwin (o vindeiro domingo 12 de febreiro) poñemos a
disposición de todos, uns enderezos para ler ou baixar dúas
das súas obras fundamentais. Trátase d’A
orixe das especies e Diario
da viaxe dun naturalista, ambas as dúas en español.
A primeira está gardada na Biblioteca
Virtual Miguel de Cervantes. Tamén podes baixar
unha edición electrónica en inglés premendo
aquí.
O relato da viaxe no Beagle está
no sitio na Rede d’El
Aleph. Unha versión en inglés está
publicada aquí (é un arquivo comprimido zip). Se non
tes moitos problemas co inglés, a maioría das súa obras
están dispoñíbeis nesta sección
da biblioteca da Universidade de Pennsyilvania.
Na nosa biblioteca
hai dous edicións diferentes d'El origen de las especies,
cos números de rexistro 84 e 5318, ademais
doutras obras dedicadas á Darwin e a Evolución.
Queremos lembrar que a Universidade de
Santiago de Compostela publicou en galego A orixe da
especies, dentro da súa colección Clásicos
do Pensamento Universal.
Finalmente, nestoutro
enderezo hai unha versión en portugués d’A origem
das espécies.
|
|
Conexión co espazo
Os
membros da actual misión na Estación
Espacial Internacional puxeron en órbita un satélite
moi especial. Trátase dun traxe de cosmonauta, ruso, que
emite ondas de radio nos 145.990 MHz de FM.
Se es radioafeccionado ou tes un
walkie-talkie que poida sintonizar ese sinal podes escoitar
as mensaxes emitidas polo traxe en varias linguas.
Para saber cando pasará o traxe (chámanlle
SuitSat) por riba da túa cabeza podes entrar nesta
páxina. Vanche pedir as túas coordenadas xeográficas,
latitude e lonxitude, en forma decimal (como exemplo, as do instituto son
latitude 42.113545 e lonxitude –8.764279,
aproximadamente).
Para calcular as da túa casa podes
premer nesta
ligazón. É á páxina de Google
Maps onde está o instituto. Logo, tes que ir movendo
a imaxe ata que apareza o punto que ti prefiras. Para saber cales son as
coordenadas xeográficas que buscas, fíxate nos números
que saen na barra de estado do navegador ou preme na opción
Link to this page.
O último paso da Estación Espacial
Internacional e mailo traxe, máis ou menos por riba do
instituto, foi o martes 7 de febreiro ás 05:01 da mañá,
cun percorrido suroeste- nordeste.
|
|
Sitio da ANPA As Gaiandas
A
Asociación de Nais e Pais de Alumnos do noso instituto,
ANPA As Gaiandas, xa ten o seu espazo na Arañeira.
Polo momento teñen abertas varias seccións: composición
da directiva, lexislación educativa e referente ás
asociacións, dereitos das persoas, responsabilidade penal
dos menores e outras cuestións, un formulario-enquisa...
Desde o seu sitio
animan ás nais e pais dos alumnos a formar parte da
asociación.
ANPA As
Gaiandas
|
|
Calendario
de reserva de praza
e presentación de solicitudes
Para estudar no instituto o vindeiro
curso 2006-2007 cómpre atender as indicacións
deste calendario que, de todas formas, iremos
lembrándovos:
-
Do 1 de marzo ata o 10
de marzo: Reserva de praza para ESO dos
alumnos xa matriculados no centro
-
Dezaseis de marzo:
Data límite para a publicación do número de
postos escolares dispoñíbeis para o curso
seguinte
-
Do 16 de marzo ata o 16
de abril: Presentación de solicitudes para
ESO de alumnos de fóra do centro
-
Dez de maio: Data límite
para publicar a listaxe de alumnos admitidos
-
Do 15 de maio ata o 30
de maio: Reserva de praza para bacharelato
dos alumnos xa matriculados no centro
-
Do 17 de xuño ata o 2
de xullo: Presentación de solicitudes para
bacharelato de alumnos de fóra do centro
-
Do 25 de xuño ata o 10
de xullo: Formalización da matrícula para
ESO
-
Do 15 de xullo ata o 30
de xullo: Formalización da matrícula para
bacharelato
-
Dezasete de xullo:
Data límite para publicar a listaxe de alumnos
admitidos
- Do 1 ao 10 de setembro: Prazo
extraordinario de matrícula para alumnos con
convocatorias de exame en setembro.
|
|
|