|

Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.:
986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
|
|
>ies>arquivo>2005>xuño |
|
|
|
Até
setembro :-)
Co último día de xuño despedímonos
até setembro. Está
a túa disposición a Crónica do curso
2004-2005 en dúas versións:
doc de Word
e
pdf de Acrobat.
|
|
Remata o curso
Pois
tal parece e desde o Balbordo do grupo
de normalización lingüística
recomendan descanso e...unha chea de
actividades de todo tipo para as vacacións.
O número cinco de Balbordo
está a túa disposición no centro na súa versión
en papel e neste enderezo nunha copia en pdf.
Pola nosa parte, e para os
afeccionados á pasear pola Arañeira que ademais
sexan coma nós uns consumados miróns, queremos
recomendarlles un sitio desde o que podemos ver todo o
mundo a vista de satélite.
Trátase da utilidade de mapas
de Google que é impresionante. Para empezar bótalle
unha ollada ao noso instituto nunha imaxe de satélite.
|
|
Contidos Educativos
Desde
hai uns poucos días están abertas as páxina de Contidos
Educativos da Consellaría de Educación.
Xestionadas polo SIEGA, recollen materiais de texto,
son, imaxe e vídeo de todas as materias e niveis
educativos. Ademais, conta con seccións dedicada ás
novidades, ligazóns a ferramentas de traballo como
dicionarios en liña e outras. Sen dúbida un bo
apoio para o labor de estudantes e profesores.
Contidos
Educativos
|
|
Chega a selectividade
Os vindeiros mércores, xoves e
venres (15, 16 e 17 de xuño) os compañeiros e compañeiras
de 2º de bacharelato van enfrontarse aos exames de
acceso á universidade.
Todos están convocados as 9 h.
da mañá para o acto de presentación. Logo, unha
hora máis tarde, comezará a primeira proba: Análise
e comprensión dun texto en Lingua castelá. O
derradeiro exame será contra as 12 h. do venres 17:
Química ou Latín.
Podes consultar a
Guía publicada pola CIUGA neste enderezo ou
simplemente baixar o calendario de probas desde esta sección do noso sitio.
Sorte a todos!
|
|
Premio Lingualaxe para Enxeñería e Topografía
Vicente Álvarez
O
Equipo de Normalización Lingüística Balbordo
concedeulle o premio Lingualaxe a Enxeñería e
Topografía Vicente Álvarez, empresa de
Vincios,
como recoñecemento pola súa contribución ao proceso
de normalización lingüística e cultural do Val Miñor
ao empregar o galego en toda a documentación e
informes derivados da súa actividade.
O acto de entrega do galardón terá lugar o xoves,
9, ás 22h., no Café Rañolas de Gondomar. A
continuación actuará o grupo de música dos alumnos
de 1º de Bacharelato dirixidos polo seu profesor
Sergio Álvarez.
Balbordo
|
|
Páxinas
do departamento de Educación Física
O departamento de Educación Física vén de abrir o
sitio de seu.
Polo momento as páxinas do departamento presentan información das súas
actividades e os contidos mínimos e criterios de
avaliación de ESO.
Nesta inauguración recomendan baixarse un vídeo
moi divertido: Mr. OttO nos Xogos Olímpicos de
Bruno Bozzetto (Flash, 1,35 MB).
Departamento de Educación Física
|
|
O ordenador de Agustín
Non
era sen tempo que Agustín Sobrado Menoni recibise o
seu ordenador, por certo que moi ben gañado na edición
deste ano de El
País de los Estudiantes.
Trátase dunha boa máquina, unha
HP Compaq NX9030 semellante á da imaxe.
Parabéns Agus!
|
|
Un foro para a nosa páxina
Neste sitio do noso instituto na
Arañeira queremos poñer en marcha todas as suxestións
e ideas que ides propoñendo.
Unha moi interesante vén (con
moita insistencia) de Álvaro Corral e xa
estamos traballando no asunto. Trátase de engadir un foro
ao noso sitio. Se cadra, estará listo para o
vindeiro curso.
Outra proposta que estamos valorando é abrir unha lista
de correo para enviar avisos (novidades da páxina,
actividades, convocatorias...) ás persoas que queiran
recibilos. A ver.
|