IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

 >ies>arquivo>2005>xaneiro
 

IES Auga da Laxe (Gondomar)Consello Escolar para o martes vintecinco

O martes vintecinco de xaneiro celebrarase unha xuntanza do Consello Escolar. Ademais dos puntos correntes, na orde do día figura o informe económico de 2004, outro sobre cuestións disciplinarias e sobre as materias pendentes e a organización desta segunda avaliación.

Completan a convocatoria un informe sobre unha xornadas de nutrición e prevención de consumos irracionais e a constitución da comisión para o Plan de autoprotección.

Dos acordos e asuntos tratados daremos conta na sección do
Consello Escolar.

 

 

Libros rulantes

Adolescencia, Milton Avery. Orixinais en http://www.epdlp.com/pintor.php?id=2796A imaxe e semellanza da coñecida iniciativa BookCrossing  (a tal aspiramos) no noso instituto serán liberados ducias de libros. Fartos de estar presos nos estantes, os volumes reclamaron a súa liberdade e a partir do venres vinteún de xaneiro comezaron a rular polo noso centro.

Calquera pode coller os libros ceibos (ou non) lelos (ou non) e despois deixalos onde estaban ou noutro lugar. A única esixencia que fixeron é a de non volver a ningún estante e circular, sen ataduras, polo noso instituto.

 

 

Claustro para o xoves vinte

O xoves vinte de xaneiro celebrarase unha xuntanza do claustro de profesores. 

O asunto a tratar ten que ver cos asuntos económicos e será o secretario quen teña a palabra.

 

 

E...comezaron as clases

Pois sen novidade. O luns contra as 21:20 os autobuses empezaron a chegar ao aparcadoiro do polideportivo. As 9:30 todos os alumnos e alumnas (case todos) e profesoras e profesores (case todos) xa estaban nas aulas.

Lembramos que este ano 2005 é o ano do catrocentos aniversario do Quixote e o Día das Letras está dedicado a Xesús Lorenzo Varela Vázquez.

Ademais, 2005 tamén é o Ano Mundial da Física e o primeiro centenario do nacemento de Severo Ochoa.

Bo ano para todos!