IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

 >ies>arquivo>2005>setembro

 

Poderemos observar a eclipse?

Pois se cadra si. O sempre certeiro Windguru dá unha xornada con poucas nubes para o luns tres de outubro. 

As previsións de Meteogalicia aínda non chegan até o luns e haberá que agardar ao xoves para ter unha idea máis precisa de como estará o ceo.

 

A páxina que visitas é realmente a que querías visitar?

Unha das prácticas correntes entre o persoal que anda a esmendrellar a Rede e a súas posibilidades é a substitución de páxinas. Normalmente, é un procedemento para roubar cartos ou datos. No mellor dos casos unicamente é unha molestia.

Para saber se a páxina que visitas é a páxina que di ser escribe esta instrución na barra de direccións do navegador (ou emprega o máis doado 'copiar' e 'pegar' ;-)


javascript:alert("Dirección real:" + location.protocol + "//"+ location.hostname+ "/")

 

 

Busca de libros na biblioteca

Para facilitar as buscas na biblioteca desde hoxe e desde calquera ordenador podemos consultar unha copia da súa base de datos.

O formulario de consulta está dispoñíbel na sección da biblioteca ou, directamente, premendo aquí. O formulario pregunta polo autor ou o título do libro, enteiro ou só algunha palabra, e devolve todas as coincidencias coa consulta feita, incluíndo o autor, título, editorial, idioma e número de rexistro.

Os fallos detectados ou calquera outra incidencia poden comunicarse a este enderezo.

 

Godzilla fai o derradeiro intento de prolongar as vacacións.Comeza o curso 2005-2006

Malia a ameaza de Godzilla xa comezou o novo curso. 

Cómpre darlle remate aos flocos do 2004-2005: os exames de setembro (un, dous e cinco de setembro), as avaliacións (seis de setembro) e a entrega de notas, revisión de exames (sete de setembro) e, se cadra, as reclamacións das cualificacións (desde o sete até o nove).

Xa dentro das actividades do curso vindeiro, o luns doce e o xoves quince hai convocados senllos claustros. O comezo das actividades lectivas será o luns día dezanove.

Na sección de documentos temos gardado o calendario oficial do curso 2005-2006.

Calendario do curso 2005-2006