IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2005>marzo

 

Que fale o corpo!

Hai dous cursos o departamento de Educación Física do IES Terra de Turonio e mais o do noso instituto organizaron a versión 1.0 de Que fale o corpo!. Tratábase dunha serie de actividades físicas que non unicamente deportes.

En 2005, os dous departamentos atacaron de novo e puxeron a ambos os dous institutos en movemento. Desde as 10 da mañá e ate as 14:30 horas, os alumnos e alumnas, profesores e profesoras, participaron nas actividades organizadas polos profesores de Educación Física, tales como tai chi, tiro con arco, esgrima, masaxe, risoterapia, baloncesto en cadeira de rodas, xadrez, capoeira, bici en tándem...así ate vintecatro.

 

Que fale o corpo. A crónica

 

 

Bicos con lingua

Bicos na linguaO  xoves 17 de marzo, ás 12,30h., representaron no Auditorio Lois Tobío de Gondomar a montaxe teatral Bicos con lingua de Talía Teatro, á que asistirán 200 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato de catro institutos do Val Miñor  (IES Auga da Laxe, de Gondomar; IES 1º de Marzo, de Baiona; e IES Escolas Proval e IES Val Miñor, de Nigrán). Bicos con lingua é unha montaxe que fai fincapé na situación sociolingüística de Galicia e nos problemas de uso da lingua galega en determinados ámbitos sociais, a través dun guión feito a partir de textos de diversos autores: Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Núñez Singala.

 

Bicos con lingua

 

 

11-M

Atendendo ao chamamento dos gobernos, o venres 11 de marzo de 2005 gardáronse cinco minutos de silencio para honrar a memoria dos falecidos no atentado do mesmo día do ano pasado. Contra as doce horas, todos os membros da comunidade do noso instituto xuntámonos no patio e conmemorar tal triste día.

 

 

 

Agustín Fernández PazVisita de Agustín Fernández Paz

O xoves tres de marzo de 2005 visitou o noso centro o escritor Agustín Fernández Paz

Desde hai días, os alumnos e alumnas de 4º de ESO están traballando sobre diferentes aspectos da obra do escritor nas clases de Lingua Española e Lingua e Literatura Galega. E que mellor para coñecelo que asistir á charla que vai dar o mesmo xoves, a cuarta e quinta hora, no salón de actos.

 

Ficha de Agustín Fernández Paz na Biblioteca Virtual Galega