IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>arquivo>2005>maio


As imaxes da Alfombra

Xa xuntamos as imaxes da confección da alfombra do instituto para as festas do Corpus de Gondomar. Con elas fixemos unha presentación co PowerPoint de Microsoft.

 


Os concertos do departamento de Música

Mentres que o concerto dos de segundo de bacharelato previsto no IES Primeiro de Marzo de Baiona está cancelado, damos conta do celebrado no Colexio de Peitieiros polo alumnos de 4ºB de ESO e de primeiro de bacharelato o pasado día 13 de maio.

Tamén avisamos da nova data para o concerto de primeiro de bacharelato no Café Rañolas (xoves, nove de xuño contra as 22:30) e doutro dos de segundo de bacharelato IES A Sangriña d’A Garda (luns, vinte de xuño).

Departamento de Música

 

 

Avisos da secretaría

Desde a secretaría dan noticia  de dúas novidades: a listaxe definitiva das axudas do Fondo social e a publicación do calendario para o curso 2005-2006

Secretaría

 

 

 

Un río de palabras polas rúas e prazas de Gondomar

Un río de palabras polas rúas e prazas de GondomarO venres 20 de maio, os alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Auga da Laxe puxeron en marcha polas rúas e prazas de Gondomar unha campaña de animación á lectura baixo o lema “Un río de palabras”. 

A campaña utilizará como soportes uns carteis que imitan os anuncios de rúa que ofrecen algún produto ou servizo e dan a posibilidade de recortar unha tiriña de papel co teléfono de contacto. 

Os carteis da campaña ofrecen como reclamo fragmentos de libros escollidos polos propios alumnos e alumnas e inclúen nas tiras de papel o título e o autor do libro para que a xente poida cortar e levar a cita dos libros que lles resulten atractivos. Con esta iniciativa queren, na Semana das Letras Galegas, convidar a cidadanía a ler e compartir con eles os libros que lles gustan.

Máis de Un río de palabras

 

 

Día das Letras, 2005

Lorenzo VarelaEste ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Lorenzo Varela, un autor que padeceu coa súa familia o drama da emigración e, anos máis tarde, sufriu en carne propia a traxedia da guerra civil e do exilio. A súa obra en galego é cuantitativamente reducida e case descoñecida para o público: Catro poemas para catro gravados (1944), Lonxe (1954) e un feixe de poemas soltos.

 Estes días todos os alumnos e alumnas do IES Auga da Laxe ides achegarvos á figura de Lorenzo Varela a través dun xogo de preguntas feito a partir dunha exposición de carteis que está instalada no patio central do instituto. Con todo, se queredes saber algo máis sobre Lorenzo Varela, sobre as orixes da celebración do Día das Letras Galegas ou sobre as obras dos autores homenaxeados que temos na nosa biblioteca, este é o voso sitio.

 


Novidades no departamento de Bioloxía e Xeoloxía

No espazo do departamento de Bioloxía e Xeoloxía hai varias novidades. Trátase dos contidos mínimos e criterios de avaliación de 1º e 2º de ESO, unha presentación de PowerPoint coas fotografías da visita ao Zoo da Madroa

Ademais están colgados dous traballos dos alumnos e alumnas de 1º de ESO sobre o desenvolvemento de balor no pan e en diferentes alimentos.

 

 

Dous pases de diapositivas

Temos colgadas dúas novas presentacións de fotografías.
Unha é dos traballos e profesores dos alumnos do Programa de Garantía Social de Operario de madeira maciza de Operario de madeira maciza. 

A outra dos murais de alumnos de ESO sobre a Ruta de Don Quijote, un certame celebrado no instituto co gallo do IV Centenario.

 

 

Programa de Garantía Social de Operario de madeira maciza 
Quixote, 2005

 

 

Actividade de Vichelocrego Teatro

Vichelocrego Teatro comeza un mes de maio con moito movemento. 

Así, o domingo 1 de maio, ás 12:00 da mañá, actuará no Centro Cultural de Chaín, Gondomar, coa obra Romance de Micomicón e Adhelala de Eduardo Blanco Amor.  

 

Vichelocrego Teatro


Premios Cervantes na biblioteca

Rafael Sánchez Ferlosio, Premio Cervantes, 2004.Na sección da biblioteca hai unha nova relación coas obras dos premiados co Miguel de Cervantes

Máis de setenta obras a disposición de todos, desde Jorge Guillén, primeiro Cervantes en 1976, até Rafael Sánchez Ferlosio, o premiado de 2004.