IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

 >ies>arquivo>2004>novembro


Non te pases home...

 ... nin o fagas no meu nome. Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero (xoves 25 de novembro) os profesores e alumnos, homes, do noso instituto súmanse ás accións que se estan a desenvolver en toda Galicia coa lectura do manifesto Non te pases home

O acto celebrarase o vindeiro xoves contra as doce da mañá asemade coa lectura nas emisoras de radio e polas institucións educativas e administrativas de todo o país.

 
Podes baixar o texto do manifesto en pdf desde esta mesma páxina. 

 

Manifesto Non te pases home

 


Convocadas no DOGA as eleccións para membros do Consello Escolar

IES Auga da Laxe (Gondomar)O DOGA do 23 de setembro (número 186) establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de ensino escolar sostidos confondos públicos.

Segundo o calendario, a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar terá lugar entre os días 22 e 30 de novembro de 2004, ambos os dous incluídos.

 

Consello Escolar

 

 

Comezou a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Alumnos e alumnas de 4ºA de ESO visitan a exposición.Organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos, co patrocinio da Xunta de Galicia e o Programa Sócrates/Comenius da Unión Europea e mais a colaboración da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas da Universidade de Vigo e o noso instituto, xa comezou a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía 2004.

No patio central está aberta a exposición sobre o xacemento de Chan do Cereixo de Gondomar, que serve de base para dar unha visión divulgativa da Arqueoloxía en Prehistoria.

As xornadas están dirixidas maioritariamente aos estudiantes dos centros de ensino secundario e bacharelato en horario matinal pero o público en xeral pode visitala, en horario vespertino, con visitas guiadas de cincuenta minutos de duración. 

As xornadas celebraranse desde o 22 ao 26 de novembro de 2004. 

Máis información

 


Semana da Ciencia e da Tecnoloxía no instituto

Semana da Ciencia e da Tecnoloxía no institutoO Instituto de Estudos Miñoranos, co patrocinio da Xunta de Galicia e o Programa Sócrates/Comenius da Unión Europea e mais a colaboración da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas da Universidade de Vigo e o noso instituto, organiza un obradoiro de investigación arqueolóxica co gallo da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía 2004.

O Obradoiro pretende dar unha visión divulgativa da Arqueoloxía en Prehistoria centrándose no xacemento de Chan do Cereixo-Gondomar. As xornadas estarán dirixidas maioritariamente aos estudiantes dos centros de ensino secundario e bacharelato en horario matinal e ao público en xeral en horario vespertino, con visitas guiadas de cincuenta minutos de duración.

 As xornadas celebraranse na semana do 22 ao 26 de novembro de 2004. 

 

Máis información

 


Calendario e horario da primeira avaliación

As xuntas de profesores para a primeira avaliación vanse celebrar martes 30 de novembro e o mércores un e xoves dous de decembro. 
As reunións de seguimento dos cursos de ESO serán o martes 26 e mércores 27 de outubro.

Calendario e horario da primeira avaliación

 


Ánxela Atanes O outono en imaxes 

 

No patio interior están expostas as fotografías que participaron no concurso O outono en imaxes

Á esquerda están as dúas fotografías que, segundo o xurado, mereceron os dous primeiros premios. 

Yolanda Álvarez MouriñoAs autoras foron Yolanda Álvarez de 3º de ESO e Ánxela Atanes de 1º de bacharelato. 

Parabéns ás dúas gañadoras e a todos os demais participantes.


As dúas fotografías gañadoras


Magosto 2004

Magosto 2004Chega o Magosto ao instituto. Será o venres cinco de novembro contra as 12h. Ademais do asado das castañas haberá máis actividades, entre elas un partido de fútbol entre a imbatible selección de alumnos e o equipo de profesores (3-1 no último partido e o equipo de alumnos cun xogador de menos).

Tamén chega a data límite (mércores tres) para a entrega das fotografías do concurso O outono en imaxes.

 


Clic sobre O Magosto feito no CEIP Pilar Maestu da Pobra e o CEP Cespón de Boiro

 

 

Proposta interdisciplinar na praia de Samil

Praia de SamilA vicedirección e mais os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física, Lingua e Literatura Española e Lingua e Literatura Galega están a preparar unha actividade  interdisciplinar na praia de Samil.  
O día previsto é o catro de novembro, saíndo do instituto ás 9:30 e volvendo ao centro contra as 15:00. 

 

Máis información