IES Auga da Laxe. Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es
Campo da Feira s/n. Gondomar. Tfno.: 986 360 501 Fax.: 986 360 576. ies.augadalaxe.gondomar@edu.xunta.es

>ies>actividades>guerra_civil_e_represión
 

Semana de actividades: GUERRA CIVIL E REPRESIÓN

Do 5 ao 11 de febreiro de 2007

Do 5 ao 11 de febreiro poderá visitarse no IES Auga da Laxe a exposición "Os mártires do mar" promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Esta exposición itinerante, que percorreu durante o verán do ano 2006 dezaoito portos do litoral galego a bordo do vapor Hidria II, ofrece información histórica e documentación novidosa sobre a represión fascista exercida contra persoas e colectivos vencellados ao asociacionismo mariñeiro que pretendían mellorar as condicións de vida das xentes do mar.

Aproveitando a presenza desta exposición no noso centro, desde o IES Auga da Laxe preparamos unha semana de actividades dirixidas principalmente ao noso alumnado pero abertas tamén ás súas familias e, en xeral, a todas as persoas interesadas: charlas-coloquio, exposición “A volta dos nove”, selección de literatura e cine, club de lectura, proxección dos documentais Aillados de Antón Caeiro e Foi no 36 de Antía Paz, etc. Pretendemos con esta iniciativa afondar desde unha perspectiva educativa nos feitos que marcaron unha etapa fundamental na nosa historia.

Charlas-coloquio:

  • Mércores, 7 de febreiro, de 9:30 a 11:00

Xosé Lois Vilar, historiador: A represión franquista no Val Miñor.

Dirixida a alumnado de 2º Bacharelato

  • Xoves, 8 de febreiro, de 10:30 a 12:00

Xosé Lois Vilar, historiador: A represión franquista no Val Miñor.

Dirixida a alumnado de 1º Bacharelato.

  • Venres, 9 de febreiro, de 10:30 a 12:00

Antía Paz, bisneta dun sindicalista mariñeiro represaliado e autora da curtametraxe Foi no 36. Dirixida a alumnado de 2º Bacharelato.

  • Venres, 9 de febreiro, de 13:30 a 15:00

Antía Paz. Dirixida a alumnado de 4º ESO.

  • Venres, 9 de febreiro, ás 20:00h

Mesa redonda: A represión franquista do 36. Aberta ao público.

Xosé Lois Vilar, historiador.

Antía Paz, bisneta dun sindicalista mariñeiro represaliado.

Antonio Monroy, fillo dun represaliado no 36.

Proxección da curtametraxe Foi no 36.

Recital poético a cargo dun grupo de alumnos e alumnas de Bacharelato.

CLUB DE LECTURA

Estas actividades complementaranse coa convocatoria o 7 de marzo de 2007 dunha nova sesión aberta do Club de Lectura Auga da Laxe, promovido pola biblioteca do instituto, para a que propoñeremos a lectura dunha selección de novelas que tratan o tema da Guerra Civil.

Horario das exposicións:

  • De luns a venres: de 9:30 a 15:00 e de 17:00 a 20:00

  • Sábado: de 17:00 a 20:00

  • Domingo: de 12:00 a 14:00

Organiza:

IES Auga da Laxe

Gondomar

Curso 2006/07