O
día 22 de Nadal déronse as vacacións e para celebralo despedímonos
ata o ano 2006 cunha chea de actividades. Así, xogouse o
tradicional partido profes-alumnos de futbito con
victoria por goleada destes últimos (6-1). Celebrouse tamén a
segunda edición do Maratón das Bólas na que oito
equipos estiveron ao longo de hora e media tentando apañar bólas
que estaban agochadas nos recunchos máis insospeitados do
instituto. Finalmente, catro alumnos de bacharelato levaron o
primeiro premio. No Torneo de Tenis de Mesa a victoria
foi para Héctor Costas que se impuso na final a Alexandra Domínguez.
Como fin de festa, tivemos a oportunidade de poder presenciar un
dos directos máis enerxéticos e estimulantes do panorama
musical do Val Miñor: Punk de Millo en concerto.
Este grupo que comezou a súa andaina hai menos dun ano estase
facendo un oco e non perdamos a súa pista pois están chamados
a maiores empresas. Ademais, para aqueles que preferiron unha
actividade máis tranquila houbo cine no Salón de actos.
En fin, máis nada. Feliz ano!